Lingua alemá

lingua indoeuropea
(Redirección desde «Alto alemán»)

O alemán[6] (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.

Alemán
Deutsch
Pronuncia:[dɔʏ̯tʃ]
Outros nomes:en alemán denomínase tamén Hochdeutsch, Schriftdeutsch e Standarddeutsch
Falado en: Austria, Alemaña, Bélxica, Liechtenstein, Luxemburgo, Voivodato de Opole (Polonia), Sopron (Hungría), Suíza, Trentino-Tirol do Sur (Italia)...
Rexións: Europa central e occidental
Total de falantes: 90 millóns (2010)[1] ou 95 millóns (2014)[2]
Segunda lingua: 10–15 millóns (2014)[2][3]
Posición: 11
Familia: Indoeuropea
 Xermánico
  Xermano occidental
   Alemán
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de:
Regulado por: Non ten regulación oficial
(ortografía do alemán regulada polo Consello para a Ortografía Alemá)[4]
Códigos de lingua
ISO 639-1: de
ISO 639-2: ger (B)deu (T)
ISO 639-3: deu
SIL: GER
Mapa

     (Co-)oficial e lingua maioritaria

     Co-oficial, pero non lingua maioritaria      Lingua de minoría cultural estatutaria      Lingua de minoría non estatutaria

Status

O alemán está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[5]

Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea.[2][7] O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América[8] (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua),[9] a segunda lingua máis común no eido científico[10] así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés).[11] Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.[12]

A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo.[2] Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua",[2] algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch[13]) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".[14]

Clasificación

editar

O alemán estándar moderno é unha lingua xermánica occidental que descende da póla xermánica de linguas indoeuropeas. As linguas xermánicas están tradicionalmente subdivididas en tres pólas: nórdica, oriental e occidental. A primeira destas pólas sobrevive nas modernas linguas dinamarquesa, sueca, norueguesa, feroesa e islandesa, todas elas descedentes do nórdico antigo. As linguas xermánicas orientais non existen no presente, e o único membro desta póla con textos escritos sobreviventes é o gótico. Porén, as linguas xermánicas occidentais, téñense dividido dialectalmente no que hoxe son os modernos inglés, alemán, neerlandés, yiddish, afrikaans e outros.[15]

 
As linguas xermánicas en Europa.

Dentro do continuo dialectal das linguas xermánicas occidentais, as liñas de Benrath e Uerdingen (que discorren a través de Düsseldorf-Benrath e Krefeld-Uerdingen, respectivamente) serven para diferenciar os dialectos xermánicos que foron afectados pola segunda mutación consonántica (sur de Benrath) daquelas que non o foron (norte de Uerdingen). Os diferentes dialectos falados ó sur desas liñas son agrupados como dialectos altoxermánicos (nos. 29-34 on the map), mentres que as que se atopan no norte comprenden o baixo alemán/baixo saxón (nos. 19-24) e baixo fráncico (no. 25). Como membros da familia xermánica occidental, o alto alemán, o baixo alemán e o baixo fráncico poden ser distinguidos historicamente como hermiones, ingvaeónicos e istvaeones, respectivamente. Esta clasificación sinala a súa ascendencia histórica como dialectos falados polos hermiones (tamén coñecido como grupo do Elba), ingvaeones (ou grupo do mar do Norte), e istvaeones (ou grupo Weser-Rin).[15]

O alemán estándar baséase nos dialectos turinxio-alto saxón (no. 30 no mapa), que son os dialectos do alemán central (nos. 29-31), pertencentes ó grupo dialectal dos hermiones. Por iso, o alemán está máis estreitamente relacionado coas outras linguas baseados nos dialectos do alto alemán, como o luxemburgués (baseado nos dialectos fráncicos centrais – no. 29), e o yiddish. Tamén están estreitamente relacionados co alemán estándar os dialectos alto alemáns no sur dos países xermanófonos, como o alemán de Suíza (dialectos alemánicos – no. 34), e os diversos dialectos falados na rexión francesa de Gran Leste, como o alsaciano (principalmente alemánico, pero tamén central- e alto fráncico (no. 32)) e o fráncico lorenés (fráncico central – no. 29).

Ademais destes dialectos alto alemáns, o alemán estándar está relacionado (menos estreitamente) con linguas baseadas nos dialectos baixo fráncicos (como o neerlandés e o afrikaans) ou baixo alemáns/baixo saxóns (falados no norte de Alemaña e o sur de Dinamarca), ningún dos cales foi sometido ó cambio consonántico alto alemán. Como xa foi sinalado, o primeiro destes tipos dialectais é istvaeónico e o segundo ingvaeónico, e os dialectos alto alemáns son todos hermiones; as diferenzas entre estas linguas e o alemán estándar son neste caso considerables. Tamén están relacionadas co alemán as linguas frisoas, como o frisón setentrional (falado en Schleswig-Holstein no. 28), o frisón de Saterland (falado en Baixa Saxoniano. 27) e o frisón occidental (falada nos Países Baixosno. 26)— así como o inglés e o escocés. Estas linguas anglofrisoas son todos membros da familia ingvaeónica de linguas xermánicas occidentais que non forman parte do cambio consonántico alto alemán.

Situación actual

editar

O alemán pertence á póla occidental das linguas xermánicas, dentro da familia lingüística indoeuropea.

Linguas veciñas

editar

O alemán forma xunto co neerlandés, o seu parente máis próximo, unha zona lingüística cohesionada e ben definida que se separa dos seus veciños por fronteiras lingüísticas. Estes veciños son: no norte o frisón e o dinamarqués; polo leste o polaco, o sorabio, o checo e o húngaro; polo sur o esloveno, o italiano, o friulano, o ladino e o romanche; e polo oeste o francés. Agás o frisón, ningunha destas linguas é xermánica occidental, por iso son claramente distintas do alemán e o neerlandés. Mentres que o frisón é unha lingua xermánica, do mesmo xeito co alemán e o neerlandés, non se considera que sexa mutuamente intelixible con eles.

A situación é máis complexa con respecto á distinción entre alemán e neerlandés. Ata hai pouco existiu un continuum dialectal ao longo de toda a área xermanofalante, sen fronteiras lingüísticas. Nese continuum, os dialectos sempre son mutuamente intelixibles cos seus veciños, pero os dialectos que están afastados non adoitan selo. O continuum alemán-neerlandés préstase a unha clasificación dos dialectos no alto alemán e baixo alemán baseándose na presenza da segunda mutación consonántica. O neerlandés é parte do grupo baixo alemán. Con todo, debido á separación política entre Alemaña e os Países Baixos, os dialectos do baixo alemán de Alemaña e dos Países Baixos diverxeron ao longo do século XX. Ademais, en ambos os dous países moitos dialectos están ao bordo da extinción ao seren substituídos pola lingua estándar. Por isto, a fronteira lingüística entre o neerlandés e o alemán estase comezando a formar.

Mentres que o alemán é gramaticalmente moi similar ao neerlandés, é moi diferente no diálogo. Un falante dun dos idiomas necesita algo de práctica para poder entender a un falante do outro idioma. Compárese, por exemplo:

De kleinste kameleon is volwassen 2 cm groot, de grootste kan wel 80 cm worden. (neerlandés)
Das kleinste Chamäleon ist ausgewachsen 2 cm groß, das größte kann gut 80 cm werden. (alemán)
(en galego: "O camaleón adulto máis pequeno mide 2 cm, o máis longo ben pode acadar os 80 cm.")

Os falantes de neerlandés xeralmente poden ler alemán, e os falantes de alemán que poden falar baixo alemán xeralmente entenden o neerlandés lido, pero teñen problemas para entender o neerlandés falado.

Oficialidade

editar

O alemán é o único idioma oficial en Alemaña, Austria e Liechtenstein. Comparte o seu estado de oficialidade en Bélxica (co francés e o neerlandés), Luxemburgo (co francés e ou luxemburgués), Suíza (co francés, ou italiano e ou rético), en certas rexións de Italia como o Alto Adigio (co italiano).

Lingua estándar

editar

Aínda que se empregue o termo "alemán" para referírmonos ao idioma escrito, no terreo falado existe unha ampla variedade de dialectos ao longo e largo do territorio xermanofalante. O alemán estándar, coñecido como Hochdeutsch, non se orixinou a partir dun dialecto concreto, senón que se creou a partir dos diversos dialectos (sobre todo os centrais e meridionais) como lingua escrita. Xa dende o século XV, esta permitía a comunicación entre os mesmos, pero á hora de falar non existía un patrón unificado. A creación dunha pronunciación estándar fíxose necesaria polo aumento en importancia do teatro no século XIX que levou aos responsables das compañías a atopar unha forma de recitar única que fose entendida en todo o territorio. Así creouse o "Bühnendeutsch" ou "alemán de escenario", que ao final converteuse na pronunciación ideal do idioma alemán, aínda que algún dos seus preceptos como que "-ig" = /ç/; non obedecen a razóns lingüísticas senón acústicas.

Hoxe día, na maior parte das rexións do Norte de Alemaña, a xente abandonou os seus dialectos e falan coloquialmente alemán estándar, sendo os casos máis extremos o val do Ruhr (lugar onde acudiron inmigrantes de toda Alemaña ao longo do século XIX) e o Sur do estado de Brandeburgo, na chamada Saxonia prusiana, onde o dialecto practicamente desapareceu. Isto non ocorre no Sur de Alemaña, Austria e sobre todo Suíza, onde o alemán estándar apenas se fala, só en ocasións contadas, como á hora de falar con alguén que non entende o dialecto suízo. En certas rexións alemás, sobre todo nalgunhas grandes cidades, unha gran parte da poboación só fala a lingua estándar.

A lingua estándar ten diferenzas rexionais, especialmente en vocabulario, aínda que tamén en pronunciación e gramática. Estas diferenzas son moito menores que as que existen entre os dialectos locais. Con todo, o alemán considérase unha lingua pluricéntrica, pois as variedades dos tres maiores países xermanofalantes son consideradas estándar de igual xeito.

Dialectos

editar
 
Liñas de Benrath e Speyer.

Xunto á lingua estándar coexisten innumerables variedades dialectais, formando un continuum que se espalla por toda a "Teutonia" (termo co que se fai referencia a aqueles territorios que teñen como lingua oficial o neerlandés, o alto alemán e o luxemburgués). As variacións entre os distintos dialectos son considerables pois os dialectos altoalemáns e os baixoalemáns non son mutuamente intelixibles, e así mesmo os dialectos alemáns non adoitan ser entendidos por alguén que só coñece o alemán estándar.

Podemos dividir os dialectos entre os dialectos do baixo alemán e os do alto alemán.

A separación entre ambas as dúas zonas vén dada pola chamada liña de Benrath. Esta liña separa as zonas que sufriron a segunda mutación consonántica xermánica das que non a sufriron. Esta mutación produciuse ao redor do ano 500 d.C. nas vilas ao sur desta liña; os dialectos destes pobos deron lugar ao alto alemán actual. Os dialectos dos pobos ao norte desta liña deron lugar ao inglés, neerlandés, frisón e os dialectos do baixo alemán.

 
Límites da división humorística Weißwurstäquator ("Ecuador da salchicha branca"), case coincidentes coa liña de Speyer.

Outra segunda liña destacable sería a liña de Speyer, marcada case polo río Main, ao sur da cal a segunda mutación dáse totalmente (alemán alto ou Oberdeutsch), e ao norte só parcialmente (alemán medio ou Mitteldeutsch, dos cales derívase o alemán estándar). Un exemplo das variacións fonéticas vese a continuación:

Palabra do baixo alemán Palabra do alto alemán Significado
ik ich eu
maken machen facer
Dorp Dorf vila
tussen zwischen entre
op auf enriba de
Korf Korb cesto
dat das iso
Appel Apfel mazá

O grupo Alto/Medio Alemán subdivídese nos seguintes dialectos:

  • O Bávaro (Bairisch) ou Austrobávaro (Bairisch-Österreichisch), que se espalla polo territorio da Baviera Antiga, a maior parte de Austria coa excepción do Vorarlberg, así como a rexión italiana do Tirol Meridional (en alemán Südtirol e en italiano Alto Adigio). Caracterízase, entre outros trazos, pola asimilación do grupo ei (/ai/), dando como resultado o son /a:/ (Stein > Staan), así como pola presenza do pronome persoal enk (2ª persoa do plural), que foi adoptado con posterioridade polo yiddish. Pero entre os subdialectos bávaros tamén se poden atopar grandes diferenzas, por exemplo co ourizo (alemán: Igel): existen case todas as pronunciacións entre Ü:gü e Igl.
  • O Fráncico renano (Rheinisches Fränkisch), considerado como dialecto de transición entre o Alto e o Baixo Alemán, caracterízase pola súa gran dispersión de isoglosas.
  • O Fráncico do Mosela (Moselfränkisch), falado no Sur de Renania (Tréveris) e en Luxemburgo. Base da lingua estándar luxemburguesa.
  • O Francón (Fränkisch), falado en Franconia (zona setentrional de Baviera). O seu dominio lingüístico comprende as cidades de Würzburg, Núremberg e Bayreuth. É a lingua que empregou Hans Sachs na súa obra e no século XVI era moi próxima lingüisticamente aos dialectos da Alta Saxonia.
  • O Alto Saxón (Sächsisch), que se fala fundamentalmente no estado de Saxonia, así como no Sur de Brandeburgo. Aínda que hoxe está considerado como un dialecto cómico, no século XVIII era considerado como o paradigma do alemán estándar. A lingua da chancelería de Leipzig foi utilizada por Lutero na súa tradución da Biblia e é base do alemán normativo.
  • O Alemán de Pensilvania é unha variante do alemán, falado por aproximadamente 225.000 persoas en Norteamérica (máis especificamente, na provincia canadense de Ontario e nos estados de Indiana, Ohio e Pensilvania).
  • O Alemánico (Allemanisch), falado en case todo Baden-Würtemberg (con excepción da súa franxa setentrional), Alsacia, Suíza, a Suabia Bávara (con capital en Augsburgo), Liechtenstein e o Vorarlberg (o Estado federado máis occidental de Austria). Trátase da lingua empregada por Wolfram von Eschenbach, Walther von der Vogelweide e outros trobadores medievais, así como por autores posteriores como Sebastian Brant (autor da Nave dos Tolos). Durante séculos persistiu neste dominio lingüístico unha variedade estándar propia, que foi gradualmente substituída polo alemán moderno nos séculos XVII e XVIII.

Pola súa banda, o grupo Baixo Alemán artéllase nas seguintes modalidades lingüísticas:

  • O Baixo Saxón (Niedersächsisch) ou Baixo alemán (Plattdeutsch), fálase en toda a zona setentrional de Alemaña, así como no Nordeste de Holanda.
  • O Baixo Fráncico (Niederfränkisch), cuxo dominio lingüístico espállase por case todos os Países Baixos, Flandres, así como aquelas comarcas renanas (Kleve, Emmerich) que lindan con devanditos países. O dialecto de Holanda e Zelandia, o holandés, converteuse en lingua estándar destes territorios no século XVII.

Falantes de alemán no mundo

editar

Alemaña (idioma oficial) 82 300 000

Austria (idioma oficial) 8 100 000

Suíza (idioma cooficial) 4 900 000

Brasil 1 000 000

Estados Unidos 1 382 613[16]

Francia 1 200 000 (Alsacia e Lorena)

Rusia 896.000

Romanía 500.000

Italia 500.000

Casaquistán 359.000

Arxentina 300.000

México 200.000 (Deutsch) e 75.200 (Plattdüütsch)[17]

Chile 200.000 (Hillebrad 2004, S 11),[18] 75.000 Suízo-alemáns.

Polonia 173.000

Australia 150.000

Paraguai 100.000 alemáns, 50.000 Menonitas, 250.000 alemáns do Brasil.

Bélxica 112.000 (Weltalmanach 2003)

Kirguizistán 101.057

Hungría 100.000

República Checa 100.000

Suráfrica 100.000

Perú 25.000

Uzbekistán 40.000

Liechtenstein (idioma oficial) 30.000

Namibia (idioma cooficial) 30.000

Uruguai 28.000

Dinamarca 23.000

Eslovenia 20.000

Eslovaquia 10.000

Luxemburgo (idioma cooficial) 9.200

Moldova 7.000

Porto Rico 1.453

Emiratos Árabes Unidos 1.300

  1. Mikael Parkvall, "Världens 100 största språk 2010" (The World's 100 Largest Languages in 2010), in Nationalencyklopedin
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ammon, Ulrich (novembro de 2014). "Die Stellung der deutschen Sprache in der Welt" (en alemán) (1st ed.). Berlín: de Gruyter. ISBN 978-3-11-019298-8. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  3. "Special Eurobarometer 386: Europeans and their languages" (PDF) (report). European Commission. xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de xullo de 2015. 
  4. "Rat für deutsche Rechtschreibung – Über den Rat". Rechtschreibrat.ids-mannheim.de. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  5. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alemán.
  7. The Daily Telegraph, ed. (18 de xuño de 2013). "German 'should be a working language of EU', says Merkel's party". 
  8. Modern Language Association, febreiro de 2015, Enrollments in Languages Other Than English in United States Institutions of Higher Education, Fall 2013 Arquivado 04 de abril de 2015 en Wayback Machine.. Consultado o 7 de xullo de 2015.
  9. Editorial (24 de setembro de 2015). "More than 80% of primary school pupils in the EU were studying a foreign language in 2013" (PDF). Eurostat. Consultado o 3 de maio de 2016. 
  10. "Why Learn German?". Goethe Institute. Consultado o 28 de setembro de 2014. 
  11. "Usage Statistics of Content Languages for Websites, March 2017". 
  12. "Why Learn German?". SDSU – German Studies Department of European Studies. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2014. 
  13. Jan Goossens: Niederdeutsche Sprache: Versuch einer Definition. In: Jan Goossens (Hrsg.): Niederdeutsch: Sprache und Literatur. Karl Wachholtz, 2. Auflage, Neumünster 1983, S. 27; Willy Sanders: Sachsensprache, Hansesprache, Plattdeutsch: sprachgeschichtliche Grundzüge des Niederdeutschen. Vandenhoeck & Ruprecht, Göttingen 1982, ISBN 3-525-01213-6, S. 32 f.; Dieter Stellmacher: Niederdeutsche Sprache. 2. Auflage, Weidler, Berlin 2000, ISBN 3-89693-326-4, S. 92.
  14. Sum of Standard German, Swiss German, and all German dialects not listed under "Standard German" at Ethnologue (18th ed., 2015)
  15. 15,0 15,1 Robinson, Orrin W. (1992). Old English and its closest relatives : a survey of the earliest Germanic languages. Stanford, Calif.: Stanford University Press. p. 16. ISBN 978-0-8047-2221-6. OCLC 22811452. 
  16. United States Census 2000
  17. Fonte: CELE UNAM
  18. "Länderanalyse Chile 2005" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de maio de 2006. Consultado o 04 de maio de 2006. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Fausto Cercignani, The Consonants of German: Synchrony and Diachrony, Milán, Cisalpino, 1979.
  • Michael Clyne, The German Language in a Changing Europe (1995) ISBN 0-521-49970-4
  • George O. Curme, A Grammar of the German Language (1904, 1922) – a obra máis completa e autorizada en inglés
  • Durrell, M (2006). "Germanic Languages". En Brown, Keith. Encyclopedia of language & linguistics. Elsevier. pp. 53–55. ISBN 978-0-08-044299-0. doi:10.1016/B0-08-044854-2/02189-1. Consultado o 6 de febreiro de 2015. Resumo divulgativo (6 de febreiro de 2015). 
  • Anthony Fox, The Structure of German (2005) ISBN 0-19-927399-5
  • Harbert, Wayne (2007). The Germanic Languages. Cambridge Language Surveys. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-01511-0. doi:10.1017/CBO9780511755071. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 26 de febreiro de 2015. Resumo divulgativoLanguage (journal of the Linguistic Society of America) (26 de febreiro de 2015). 
  • König, Ekkehard; van der Auwera, Johan, eds. (1994). The Germanic Languages. Routledge Language Family Descriptions. Routledge. ISBN 978-0-415-28079-2. Consultado o 26 de febreiro de 2015. Resumo divulgativo (26 de febreiro de 2015).  O estudo das linguas da rama xermánica inclúe capítulos de Winfred P. Lehmann, Ans van Kemenade, John Ole Askedal, Erik Andersson, Neil Jacobs, Silke Van Ness e Suzanne Romaine.
  • W.B. Lockwood, German Today: The Advanced Learner's Guide (1987) ISBN 0-19-815850-5
  • Ruth H. Sanders. German: Biography of a Language (Oxford University Press; 2010) 240 páxinas. Combina perspectivas lingüísticas, antropolóxicas e históricas nunha "biografía" do alemán en termos de seis "eventos claves" ao longo de milenios, incluída a Batalla de Kalkriese, que bloqueou a propagación da lingua de base latina ao norte.