Binter Canarias
Binter Canarias é unha aeroliña española de carácter rexional con base nas Illas Canarias. Pertenceu a Iberia LAE ata 2002, data na que a vendeu a Hesperia Inversiones Aéreas, empresa creada co único propósito de comprar Binter Canarias. En 2003 Binter Canarias S.A.U. foi absorbida por Hesperia Inversiones Aéreas, S.A., que pasou a adoptar o nome de Binter Canarias, S.A.
Binter Canarias | ||
---|---|---|
IATA NT | OACI IBB | Indicativo BINTER |
Fundación | 1989 | |
Plan de voo frecuente | Bintermás | |
Frota | 21 | |
Destinos | 13 |
Opera unha frota de 9 ATR 72 da serie 500 (8 deles en propiedade e un alugado a Cimber Air). Ten a súa sede social no Aeroporto de Gran Canaria, no municipio de Telde, illa de Gran Canaria. Voa a todos aos oito aeroportos canarios, xa sexa en explotación directa ou ben con operacións indirectas con outras compañías aéreas. Antigamente Naysa só realizaba os de baixa densidade, como a La Gomera e El Hierro) con 2 Beechcraft 1900D. Pero, a data de hoxe, Binter foi cedendo cada vez máis liñas a Naysa, que realiza estes voos. Tamén voa á illa de Madeira, á capital Funchal. Con Europa cancelou os seus regulares coas cidades de Bérgamo e París, xa que resultaron proxectos infrutuosos. Con África voa a Marrakech en Marrocos, O Aaiún en Sáhara Occidental e a Nuakchot en Mauritania.
Frota
editarEn maio de 2018 a frota de Binter Canarias estaba composta polos seguintes avións:[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
ATR 72-500 | 7 | — | 68 | |
ATR 72-600 | 11 | 1[2] | 72 | |
Bombardier CRJ1000 | 3 | — | 100 | 2 alugados a Air Nostrum e 1 a Medavia |
Embraer E195-E2 | — | 3 | 132 | Van ser entregados a finais de 2019 |
Notas
editar- ↑ "Binter Canarias Fleet Details and History". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-12-01.
- ↑ "Binter announces repeat order for additional six 72-600s". ATR. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-01.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Binter Canarias |
- Páxina de Binter Arquivado 08 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)