Jaroslav Seifert
Jaroslav Seifert, nado en Praga o 23 de setembro de 1901 e finado o 10 de xaneiro de 1986, foi un poeta e xornalista checo. Recibiu o Premio Nobel de Literatura no 1984 por unha produción poética que, dotada de gran frescura, sensualidade e variada imaxinación, subministra unha imaxe liberada do espírito indomable e a versatilidade do home.
Nome orixinal | (cs) Jaroslav Seifert |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de setembro de 1901 Žižkov, República Checa (pt) |
Morte | 10 de xaneiro de 1986 (84 anos) Praga, República Checa |
Lugar de sepultura | Q107046636 |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía en lingua checa |
Lugar de traballo | Brno |
Ocupación | tradutor, escritor, xornalista de opinión, ensaísta, poeta, xornalista, editor colaborador |
Partido político | Česká strana sociálně demokratická (1930–1948) Komunistická strana Československa (1921–1929) |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesia lírica (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Marie Seifertová (1928–) |
Fillos | Jana Seifertová, Jaroslav Seifert |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сейферт Ярослав) Obálky knih, Medvik >>>:Seifert, Jaroslav, 1901-1986, |
Traxectoria
editarNaceu nun barrio residencial de Praga, no seo dunha familia de clase obreira. Non chegou a rematar os seus estudos e comezou a dedicarse á poesía e ó xornalismo. No 1921 publica a súa primeira colección de poemas, Mesto v slzach[1].
Foi membro fundador do grupo vangardista Devestil e do Partido Comunista Checoslovaco con que rompe relacións no 1929. Entre 1968 e 1970 asumiu a dirección da Unión de Escritores Checos. No 1985 publicou as súas memorias (Všecky krásy světa: příběhy a vzpomínky).[2]
Obra
editarEntre as súas obras máis importantes destacan[2]:
Notas
editar- ↑ "Jaroslav Seifert - Bibliography". Nobelprize.org. Consultado o 21 marzo 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Seifert, Jaroslav (1901-1986)". SUDOC. Consultado o 21 marzo 2018.