Linus Torvalds

informático finés que comezou o desenvolvemento de Linux

Linus Benedict Torvalds, nado en Helsinqui o 28 de decembro de 1969, é un informático finés que comezou o desenvolvemento de Linux, un kernel, e hoxe fai de coordinador do proxecto. Inspirándose no sistema operativo Minix, desenvolto por Andrew S. Tanenbaum para aprenderlle ós seus alumnos como funcionaba un sistema operativo, sentiu a necesidade dun sistema operativo de tipo UNIX capaz de executarse no seu PC. Torvalds fixo o desenvolvemento orixinal do kernel Linux no seu propio equipo durante o seu tempo libre.

Modelo:BiografíaLinus Torvalds

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Linus Benedict Torvalds Editar o valor en Wikidata
28 de decembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSanta Clara (1997–2004)
Helsinqui (1969–1997) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinki - ciencias da computación (1988–1996)
Svenska normallyceum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñeiro de software Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprogramador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLinux Foundation (pt) Traducir (2007–)
Open Source Development Labs (pt) Traducir (2003–2007)
Transmeta (pt) Traducir (1997–2003)
Universidade de Helsinki (1992–1996) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeTove Torvalds Editar o valor en Wikidata
FillosPatricia Miranda Torvalds, Daniela Yolanda Torvalds, Celeste Amanda Torvalds Editar o valor en Wikidata
PaisNils Torvalds Editar o valor en Wikidata  e Anna Torvalds Editar o valor en Wikidata
IrmánsLeo Torvalds
Christopher Torvalds
Alexander Torvalds
Sara Torvalds Editar o valor en Wikidata
ParentesOle Torvalds, avó Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
16 de setembro de 2018Sabbatical (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webtorvalds-family.blogspot.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1127735 Allmovie: p306141
LinkedIn: linustorvalds Youtube: UCTRlMXh1ucCFQ9fZWCFfXWA TED: linus_torvalds Musicbrainz: 7783a6a1-fb37-4ece-ba14-e57e4febe124 GitHub: torvalds WikiTree: Torvalds-1 Editar o valor en Wikidata
Linus Torvalds (2002)

Traxectoria

editar

Os seus pais tomaron o seu nome de Linus Pauling. O seu avó, un matemático e estatístico da Universidade mercou un dos primeiros microordenadores Commodore en 1980 e pediulle axuda para o usar.

En 1988 Linus foi admitido na Universidade de Helsinqui. Ese mesmo ano Andy Tannenbaum sacou á luz o sistema operativo Minix. Dous anos despois, en 1990, Torvalds comezou a aprender a linguaxe de programación C na súa universidade. A finais dos anos 80 tomou contacto cos computadores IBM PC e en 1991 adquiriu un ordenador con procesador modelo 80386 de Intel.

Á idade de 21 anos, con 5 anos de experiencia programando (un en C), xa coñecía o bastante do sistema operativo Minix como para lle tomar algunhas ideas prestadas e encetar un proxecto persoal. Baseándose en Design of the Unix Operating System, publicado por Maurice J. Bach en 1986, e modificando gradualmente o Kernel de Minix, creou unha adaptación que executaba programas informáticos creados polo proxecto GNU, pero sobre unha arquitectura de ordenadores compatibles, IBM/PC.

Este proxecto persoal desembocou o 5 de outubro de 1991 co anuncio [1] da primeira versión de Linux capaz de executar BASH (Bourne Again Shell) e o compilador coñecido como GCC (GNU Compiler Collection).

En xaneiro de 1992 adoptouse a Licenza Pública Xeral (GPL) para Linux. Esta engade liberdades de uso a Linux totalmente opostas ás do software privativo, permitindo a súa modificación, redistribución, copia e uso ilimitado. Este modelo de licenciamento facilita o que é coñecido como o modelo de desenvolvemento de bazar, que deu estabilidade e funcionalidade sen precedentes a este.

 
Linus Torvalds na Linuxworld 2000 en Nova York.

En 1997 Linus Torvalds recibe os premios 1997 Nokia Foundation Award de Nokia e Lifetime Achievement Award at Uniforum Pictures. Ese mesmo ano finaliza os estudos superiores (1988 - 1997) tras unha década como estudante e investigador na Universidade de Helsinqui, coordinando o desenvolvemento do núcleo do S.Ou. dende 1992.

Agora Torvalds traballa en Silicon Valley, California, (EUA). Só o 2% de Linux foi creado por el inicialmente nos anos 90, pero na súa persoa segue descansando a supervisión do desenvolvemento deste núcleo do sistema operativo.

Torvalds posúe a marca rexistrada "Linux" e supervisa [2] o uso (ou abuso) da marca a través da organización sen fins de lucro Linux International.

  1. Free minix-like kernel sources for 386-AT, de Linus Benedict Torvalds (5 de outubro, 1991)
  2. Linus Explains Linux Trademark Issues de CmdrTaco, Slashdot (en inglés)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar