Lleida

concello e cidade da provincia de Lleida

Lleida[1] (en catalán: Lleida, [ˈʎɛjðə], pronunciación local: [ˈʎejðɛ]) é un municipio e cidade do oeste de Cataluña, capital da provincia de Lleida e da comarca do Segrià. Está situada no curso do río Segre, arredor dun outeiro coroado pola antiga catedral, a Seu Vella. Con 139.809 habitantes en 2013 é a segunda capital catalá e a sexta cidade máis poboada da comunidade.

Modelo:Xeografía políticaLleida
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°37′00″N 0°38′00″L / 41.6167, 0.6333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Lleida
Ámbito funcional territorialPonent
ComarcaSegrià Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalLleida City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Raimat (en) Traducir
Sucs (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación143.094 (2023) Editar o valor en Wikidata (674,02 hab./km²)
Número de fogares1.180 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie212,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Segre, Noguerola (en) Traducir, canle de Urgell, canle de Seròs, canle auxiliar de Urgell, canle de Balaguer e Canle de Aragón e Cataluña Editar o valor en Wikidata
Altitude155 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
942Siege of Lérida (en) Traducir
xuño de 1413 (Gregoriano)Siege of Lleida (en) Traducir
30 de xullo de 1644Siege of Lleida (en) Traducir
12 de maio de 1646Siege of Lérida (en) Traducir
12 de maio de 1647Siege of Lérida (en) Traducir
1707Siege of Lérida (en) Traducir
14 de maio de 1810Cerco de Lérida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónAnastasi de Lleida (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFèlix Larrosa i Piqué (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal25001–25008 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico973 Editar o valor en Wikidata
Código INE25120 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT251207 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpaeria.cat Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100064772943923 Twitter: paerialleida Instagram: ajuntamentdelleida LinkedIn: ajuntament-de-lleida Youtube: UCHCCSRJn6n7fMDfYoltCHVg TikTok: ajuntamentdelleida Flickr: ajuntamentdelleida BNE: XX450569 Editar o valor en Wikidata

Existen probas de asentamentos na área da cidade de Lleida polo menos dende a Idade de Bronce. Dende o século VI a.C. e ata a conquista romana converteuse na principal cidade dos ilerxetes, un pobo ibero que a denominou Iltirta. A cidade, que os romanos denominaron Ilerda, no século VIII foi invadida polos musulmáns e reconquistada en 1149 polas tropas de Ramon Berenguer IV e Ermengol VI. En 1297 Xaime II fundou o Estudo Xeral, que sería a primeira universidade de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a segunda de España tras a Universidade de Salamanca (cuxo antecedente sitúase na Universidade de Palencia).

Historia

editar
 
Monumento a Indíbil (esquerda) e Mandonio (dereita).
Artigo principal: Historia de Lleida.

Iltrida (a Lleida en tempos dos iberos) era a capital dos ilerxetes. Os seus caudillos máis famosos foron Indíbil e Mandonio que estaban aliados cos cartaxineses contra os romanos. O ano 215 AC. foi decisivo. Tivo lugar a Batalla do Ebro, onde Asdrúbal, irmán de Haníbal e comandante do exército cartaxinés cae derrotado fronte aos romanos. Os seus aliados Indíbil e Mandonio serían finalmente dominados o ano 206 AC.

O ano 195 aC. trouxo consigo unha nova e importante insurrección das tribos ilerxetes, lacetanas e ausetanas que foi sufocada polo cónsul Marco Porcio Catón e que supuxo a morte dos caudillos ilerxetes Indíbil e Mandonio.

O final da segunda guerra púnica traería consigo a romanización e asimilación por parte das estruturas indíxenas da cultura romana. Iltirta converteríase en Ilerda. O ano 49 AC. Xulio César librou unha batalla da Guerra Civil Romana contra Pompeio Magno diante das súas murallas. Unha época escura, polos poucos datos que se teñen, foi a da dominación visigoda aproximadamente desde o ano 375 ao 716.

Os musulmáns apoderáronse de Lleida coa mesma facilidade que o fixeron co resto da península, no ano 714. A ocupación produciuse entre o 716 e 719, en que o emir Al-Aahm e despois Al-Hur fixeron capitular á cidade, en tratos que se respectaron. Posteriormente, o magnate aragonés Fortún converteuse ao islam para manter o poder o que axudaría á submisión do pobo.

O rei franco Ludovico Pío saqueou a cidade no 801, aos poucos días Amrus Al-Leridi recuperouna así como o resto dos territorios entre o 802 e o 809. Estas escaramuzas provocarían o endurecemento do trato cara aos mozárabes, que finalmente tiveron que emigrar.

No século IX os tugibíes constituíron un reino de taifa, aínda que finxindo certa fidelidade ao emir de Córdoba. O último rei de Lleida foi Sulaymán, destronado polos almorábides en 1102. Estes usaron Lleida como base de incursión nos condados cataláns.

En 1149 a cidade rendeuse ás tropas cristiás de Ramón Berenguer IV o Santo e de Ermengol VI de Urgell. Outorgouse a Carta de Poboación á cidade en 1150.

En 1264 o Rei Xaime I "o Conquistador" outorgou á cidade o Privilexio de Concesión da Paeria, que en diante sería a forma do goberno municipal. En 1232 o mesmo monarca, Xaime I, concede á cidade o Privilexio de Concesión da Feira de San Miguel.

O 1297, Xaime II fundou o famoso Estudi General (Studium Generale), grazas a unha bula pontificia de Bonifacio VIII. O Estudi General é, xa que logo, a universidade máis antiga do antigo Reino de Aragón, e permaneceu activa ata 1717, cando Filipe V ordenou o seu peche e a destrución do burgo universitario.

Os séculos seguintes estiveron marcados pola recesión, agravados por guerras e epidemias que culminaron coa (1640-1652). A cidade quedou deteriorada e Filipe V atopou unha Lleida en ruínas. Finalmente, co decreto de Nova Planta (1714) Lleida perdeu os seus foros e a Universidade. A Seu Vella, pechada ao culto desde 1797, converteuse en cuartel militar.

 
Universidade de Lleida

Durante o século XVIII, a cidade recuperou a súa imaxe e dimensión. Baixo o reinado de Carlos III construír a Catedral Nova. As súas novas formulacións ilustradas achegaron figuras, como Blondel e o Barón de Maials, que deron á cidade unha fisionomía urbanística acorde co seu papel de capital da provincia, e a aplicación aos cultivos dos novos estudos de agronomía. A comezo do século XIX, Lleida sufriu unha nova invasión, a napoleónica, no transcurso da Guerra de Independencia. O ferrocarril chegou á cidade en 1860.

Xeografía

editar

A cidade atópase arredor dun outeiro situado xunto ao río Segre. O monte é coñecido como Turó de la Seu, xa que nel atópase a Seu Vella, a 154 metros sobre o nivel do mar. O termo municipal esténdese aos dous lados do Segre, única vía fluvial do concello xunto co Noguerola, sendo o de maior extensión da comarca do Segrià.

Limita ao noroeste cos concellos de Almacelles, Alpicat, Gimenells i el Pla de la Font e Tamarit de Llitera (este último na provincia de Huesca), ao norte con Torrefarrera e Torre-serona, ao nordés con Alcoletge i Corbins, ao leste con Els Alamús e Bell-lloc d'Urgell, ao sueste con Artesa de Lleida e Torregrossa, ao sur con Albatàrrec e Aspa, ao suroeste con Alfés, Montoliu de Lleida i Sudanell, e ao oeste con Alcarràs.

Entidades de poboación

editar

O termo está formado pola cidade de Lleida, 56 partidas e as entidades municipais descentralizadas de Raimat e Sucs. As partidas do concello son:

  • Alpicat
  • Astó
  • Aubarés
  • Balàfia
  • Boixadors
  • Bovà
  • Butsènit
  • Camp-Rodó
  • Canet
  • Caparrella
  • Cunillars
  • El Bou
  • El Fons
  • El Regal de la Casa
  • Empresseguera
  • Fontanet
  • Fontanet lo Curt
  • Grealó
  • Grenyana
  • Guindàvols
  • Jesuset
  • L'Oliverar
  • La Clamor
  • La Cogullada
  • La Copa d'Or
  • La Cort
  • La Femosa
  • La Plana de Lleida
  • La Plana de Sucs
  • Les Canals
  • Les Torres de Sanui
  • Llívia
  • Malgovern
  • Marimunt
  • Mariola
  • Montcada
  • Moredilla
  • Pardinyes altes
  • Pardinyes baixes
  • Pedrós
  • Peixa-Sommès
  • Plana de Gensana
  • Pla de la Cerdera
  • Pla de Lleida
  • Pla de Montsó
  • Pla de Raïmat
  • Pla de Sucs
  • Quatre Pilans
  • Rufea
  • Sant Just
  • Serrallonga
  • Sot de Fontanet
  • Suquets
  • Suquets Baix
  • Terme de Grealó
  • Vallcalent
  • Vinatesa
 
Climograma de Lleida

Lleida ten un clima mediterráneo árido con tendencia continental, que é o propio do Val do Ebro. Os invernos son húmidos e moi fríos e os veráns cálidos, con choivas escasas e seca estival. Non é estraño que ao longo do ano poidan rexistrarse temperaturas dalgúns graos centígrados baixo cero no inverno e de ata 40 °C no verán. É característica a néboa que no inverno adoita ocupar o val do Segre durante días. É por esta última cuestión polo que Lleida foi tida como cidade de castigo en certas épocas históricas. Do mesmo xeito o pendón da bandeira é de cor morada (símbolo de castigo).

Zonas de interese turístico

editar
 
Claustro da Seu Vella de Lleida
 
Igrexa de Sant Joan
 
Castelo de La Suda
  • A Seu Vella ou Catedral Vella: templo do século XIII (1203-1278). O claustro é do século XIV e o campanario do XV.
  • Igrexa de Sant Joan, de estilo neogótico, corresponde ao final do século XIX. Deseño a cargo de Julio de Saracíbar y Celestí Capmany.
  • A Seu Nova ou Catedral Nova (S.XVIII), de estilo barroco.
  • Igrexa de Sant Llorenç, de estilo románico e gótico.
  • Igrexa románica de Sant Martí (S.XII).
  • O castelo templario de Gardeny (S.XII)
  • Parc de la Mitjana: Un parque natural nos arredores de Lleida, o máis grande da cidade.
  • Els Camps Elisis: é un parque ao estilo francés e ten estatuas con fontes, unha fonte ten ras, outra unha sirena, unha foca e unha muller. Ademais hai fontes sen estatuas que só tiran chorros de auga.
  • Museos:
    • Centre d'Art la Panera: Centro de arte contemporánea situado na antiga lonxa de contratación da cidade, edificio con columnata medieval do século XII e peche perimetral do século XVII.
    • Museo Diocesano e Comarcal
    • Museo de Arte Jaume Morera
    • Sala Sant Joan
  • Sala Cristófol.
  • Salga Mercado do Pla.
  • A Canalización: Comprende a zona lindeira ao Río Segre e os xardíns remodelados dos Campos Elisios. Desde aquí pódese contemplar unha vista marabillosa da Seu Vella.
  • Auditorio Municipal Enric Selectos.
  • Hospital de Santa María, fronte á catedral, un belo exemplo de gótico civil aloxa diversos equipamentos culturais, entre eles o museo arqueolóxico e sede do "Instituto de Estudos Ilerdenses" ("Institut d'Estudis Ilerdencs").
  • La Suda, antigo castelo mudéjar, emprazado detrás da Seu Vella, na mesma outeiro. No seu recinto tivo lugar en 1150 o enlace entre Ramón Berenguer IV e Petronila de Aragón, enlace que supuxo a unión de Cataluña coa Coroa de Aragón. Foi arruinado en parte por dúas explosións, en 1812 e 1936.
  • Varios inmobles modernistas
  • Estatua de Indíbil e Mandonio
  • Palacio da Paeria, sede do concello, edificio románico civil.
  • Zona nova de Pardinyes e Balafia
  • Parque Municipal As Balsas
  • Museo da Ciencia dedicado ao Planeta Terra (estará construído en 2011)
  • Oratorio da Virxe das Dores.

Festas locais

editar
  • Festa Maior de primavera: Coincidindo coa festividade de San Anastasio (patrón da cidade) celébrase a Festa Maior de primavera de Lleida a principios de maio; durante os días que duran as festas hai diversos actos entre os que destacan a Batalla de Mouros e Cristiáns, o Concurso de Fogos artificiais, ou a Batalla de Flores. Unha semana logo desta Festa Maior celébrase o Aplec do Cargol, festa gastronómica por antonomasia na que se degustan entre outros os soados cargols á llauna (caracois) que son un prato moi típico de Lleida. A festa dura tres días (de venres a domingo) e celébrase no Parque dos Campos Elisios onde as "colles" (agrupacións de amigos) montan as súas casetas. Os cidadáns de Lleida están moi implicados nela e considérana unha das súas festas máis importantes. O ano 2004 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
  • Festa Maior de outono: Coincidindo coa festividade de San Miguel celébrase a Festa Maior de outono de Lleida a finais de setembro. Durante a semana celébrase a Feira de San Miguel (Fira de Sant Miquel). É unha das Feiras agrarias máis antigas e importantes de España e ten como sede o "Parque dos Campos Elisios" ("Els Camps Elisis").

Tanto a Festa Maior de primavera como a de outono son presididas simbolicamente por un grupo de 12 xigantes emblemáticos, propiedade da Paeria: dona Violant e o infante Berenguer, Rei Xaime I o Conquistador e Raíña dona Leonor, Xigantes Chineses, o Rei Mouro e dona Zobeida, os Faraóns e os emperadores Marco Antonio e Cleopatra, os máis antigos de Cataluña, construídos en 1840. Adoitan saír acompañados por Lo Marraco, monstro totémico da cidade.

  • Aplec del caragol: dúas semanas logo das festas maiores de primavera, toda a cidade reúnese nos "Camps Elisis" para cociñar miles e miles de caracois (especialidade gastronómica local)e organizar unha gran festa recoñecida no ámbito estatal.

Barrios

editar
  • Centro histórico (Centre Històric): é a parte máis antiga da cidade. Pola rúa Cavallers pódese chegar á Seu Vella, que se atopa no alto do cerro que domina a cidade (coñecido como o "Turó da Seu"). Nesta zona entre outras, atópanse a rúa Maior, a rúa San Antonio, a rúa Magdalena e a rúa do Carmen. Destaca o gran número de locais comerciais que albergan, recibindo por iso o nome de "Eix Comercial" (Eixo comercial, un de máis longos de Europa con máis de 4 km de lonxitude, que alberga na praza de "Sant Joan" unha das escaleiras mecánicas máis altas de España).
  • Cappont: xunto con Pardinyes e Balàfia, o barrio que máis está crecendo. Con grandes centros de lecer e o campus universitario da UdL. Está situado na marxe esquerda do río Segre. Conta co parque dos Campos Elisios. Ao final destes atópase o recinto feiral "Fira de Lleida".
  • La Bordeta: situado no arrabalde da cidade, é o barrio máis poboado de Lleida. Entre este barrio e o de Cappont estase executando a zona residencial coñecida como Copa d'or, unha das actuacións urbanísticas máis importante da cidade.
  • Els Magraners: é o barrio de acceso á cidade polo sur (estrada de Tarragona), illado do resto da cidade por zonas industriais "Polígon Industrial dels Frares" (Polígono Industrial dos frades) polo leste e "pol.ind.de Mecanova" polo norte, polo seu oeste está en fase de urbanización, outra grande actuación residencial que sen dúbida renovará o barrio.
 
O Parc de la Mitjana de Pardinyes
  • Pardinyes: situado nunha zona privilexiada rodeado de natureza (Parc da Mitjana) e varias zonas de lecer e de paseo. Barrio historicamente vinculado ao ferrocarril, a estación de Renfe Lleida-Pirineus sepárao do centro histórico. Con amplas rúas e unha rambla que é unha das máis longas de Cataluña. Paralelo ao río Segre estase construíndo o novo palacio de congresos "La Llotja" e á beira unha nova ponte, que do mesmo xeito que o palacio de congresos, terá un deseño moi singular.
  • Balàfia: situado entre os do Secà de Sant Pere e Pardinyes. Está experimentando un gran crecemento residencial sobre todo entre as zonas próximas ao Secà de Sant Pere e a estrada de Torrefarrera (Val de Arán).
  • Secà de Sant Pere: barrio histórico ao norte da cidade fundado por inmigrantes nas décadas de 1950 e 1960, tamén denominado como "El Secà".
  • Zona Alta-Camp d'Esports-Fleming-Ciutat Jardí: barrio onde se alternan grandes edificios residenciais con grandes centros comerciais e casas unifamiliares. O seu nome provén do Camp d'Esports, estadio de fútbol onde xoga o Lleida Esportiu, sito na zona. É a zona do ensanche da cidade.
  • La Mariola: barrio histórico da cidade onde se sitúan numerosos bloques de vivendas de protección oficial construídas durante o franquismo. Actualmente estase executando un proceso de rehabilitación sufragado por Adigsa (Generalitat) e expandíndose cara ao cerro de Gardeny.
  • Ciutat Jardí: barrio residencial, de casas unifamiliares na súa maioría, situado á saída de Lleida pola estrada de Huesca, onde se situará o novo xardín botánico da cidade .

Transportes

editar
 
Estación de trens Lleida-Pirineus

As principais vías de acceso á cidade por estrada son a autoestrada AP-2 e a autovía A-2, que a conectan con Madrid, Zaragoza e Barcelona, a N-240, que enlaza a cidade con Tarragona, Reus e Huesca, a N-230 con Francia, a c-13 con Andorra e a C-12, coñecida como Eix de l'Ebre. A medio prazo, dúas novas autovías unirán Lleida con Huesca e Vielha.

Ademais varias liñas de autobuses conectan Lleida con case todos os municipios do Segrià e doutros da súa provincia, Cataluña, resto de España e Europa. En canto á mobilidade interna, a cidade dispón dunha rede municipal de 17 liñas urbanas de autobús, xestionadas pola empresa Autobusos de Lleida, e unha empresa de taxis, Tele Radio Taxi Lleida.

Lleida dispón dunha estación de tren, Lleida-Pirineus, onde Renfe Operadora serve varias liñas rexionais, nacionais e, desde 2003, a alta velocidade (AVE). Doutra banda, FGC opera a liña Lleida-La Pobla de Segur desde 2004.

En 2010 inaugurouse o aeroporto de Lleida-Alguaire, situado 18 km ao norte da cidade.

Lleida, partida polo río Segre en dúas metades, dispón de varias pontes que as unen: Pont Vell (anterior ao século II), Pont Nou (1973), Pont de la Universitat (1993), Pont de Pardinyes (1995), Passarel·la de Blondel (1997), Passarel·la dels Camps Elisis (2003), Pont Príncep de Viana (2010) e Passarel·la dels Maristes (2010).

Cidades irmandadas

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ilerdense.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar