Oracle Corporation

Oracle Corporation é unha das maiores compañías de software do mundo. Os seus produtos van dende bases de datos (Oracle) até sistemas de xestión. Conta ademais, con ferramentas propias de desenvolvemento para realizar potentes aplicacións, como Oracle Designer, Oracle JDeveloper e Oracle Developer Suite. O seu CEO en 2011 é Larry Ellison. Hoxe Oracle é o estándar de ouro para a tecnoloxía de base de datos e aplicacións nas empresas en todo o mundo. A compañía é o provedor líder mundial de software de xestión de información e a segunda maior compañía de software independente. A adquisición de Sun dálle a Oracle un papel de liderado no campo do software.

Oracle Corporation
Logo
AcrónimoORCL
Tipoempresa de capital aberto e negocio
Data de fundación16 de xuño de 1977
Fundador(es)Larry Ellison, Bob Miner e Ed Oates
Presidente/aLarry Ellison (-) Editar o valor en Wikidata
Director/aSafra Catz
Nº de empregados132.000 (2021) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaSun Microsystems, Oracle Corporation UK, Oracle (Israel), Oracle (Canada), Oracle (India), JD Edwards e Oracle France
SedeRedwood Shores e Austin
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.oracle.com/
Facebook: Oracle Twitter: Oracle Instagram: oracle LinkedIn: oracle Youtube: UCHCThmyZ-2yWkv0UVeBDdnQ Pinterest: oracle GitHub: oracle Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En 1977 Larry Ellison, con Bob Miner e Ed Oates, fundou a empresa so o nome Software Development Laboratories (SDL)[1]. Ellison inspirouse[2] nun artigo escrito en 1970 por Edgar F. Codd sobre sistemas de xestión de bases de datos relacionais que tiña por título "A Relational Model of Data for Large Shared Data Banks"[3]. Soubo da base de datos IBM System R por un artigo que se publicara en IBM Research Journal. Ellison quería facer un produto Oracle compatible co System R, pero non foi quen ao manter IBM os códigos de erro de DBMAS en segredo. SDL mudou de nome e pasou a se coñecer como Relational Software, Inc (RSI) en 1979[4], e en 1983 mudou de novo o seu nome para Oracle Systems Corporation[5], en consonancia co seu principal produto Oracle Database. Nese momento Bob Miner era o xefe de programación. O 12 de marzo de 1986 a compañía saíu a bolsa initial public offering.[6]. En 1995 Oracle Systems Corporation cambiou o seu nome a Oracle Corporation. En parte o seu éxito inicial debeuse ao uso da linguaxe de programación C para implementar os seus produtos, o que facilitou a portabilidade entre diferentes sistemas operativos, xa que a maioría eran compatibles con C.[7]

  1. Bort, Julie (18 de setembro de 2014). "Where Are They Now? Look What Happened to the Co-founders of Oracle". Business Insider. 
  2. "Oracle's 30th Anniversary" (PDF). Profit. Oracle Corporation. Maio de 2007. p. 26. Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  3. Codd, E. F. (1970). "A Relational Model of Data for Large Shared Data Banks". Communications of the ACM 13 (6): 377–387. doi:10.1145/362384.362685. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 04 de maio de 2020. .
  4. Niemiec, Richard (2003). Oracle9i Performance Tuning Tips & Techniques. New York: McGraw-Hill/Osborne. ISBN 978-0-07-222473-3. 
  5. "Oracle Corporation - Oracle FAQ". www.orafaq.com. Consultado o 2020-03-07. 
  6. "Investor Relations". investor.oracle.com. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  7. "About Oracle | Company Information | Oracle". Consultado o 2 de abril de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar