Richard Stallman
Richard Matthew Stallman, tamén coñecido polas súas iniciais RMS, nado o 1953 en Manhattan, é unha das figuras máis significativas do movemento do software libre a nivel internacional, e a miúdo é alcumado o gurú do software libre.
Traxectoria
editarStallman licenciouse en Física pola Universidade Harvard en 1974. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escribiu o primeiro editor de textos extensíbel Emacs en 1975 e contribuíu para a investigación en intelixencia artificial.
En xaneiro de 1984 deixou o MIT, e farto do que el consideraba un abuso por parte da industria do software, anunciou a varios grupos de Usenet a súa intención de crear un sistema operativo completamente libre. De seguida publicou o Manifesto GNU, e creou a Free Software Fundation (“Fundación Software Libre” en inglés) para a coordinación dos esforzos para a creación do sistema operativo libre GNU.
Dende 1991, ano no que recibiu o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademais, da licenza Licenza Xeral GNU e dende mediados da década de 1990 lidera de forma activa o movemento polo software libre, tanto no desenvolvemento de aplicacións coma na divulgación dos ideais en que se basea o movemento.
En setembro de 2019 dimitiu do Computer Science and Artificial Intelligence Laboratory asociado ó MIT e como presidente da Free Software Foundation trala controversia xurdida da publicación dun fío correo electrónico no que facía varias declaracións sobre as acusacións de tráfico de menores a Jeffrey Epstein.[1][2]
Notas
editar- ↑ "Computer Scientist Richard Stallman Resigns From MIT Over Epstein Comments". Vice. Consultado o 18/09/2019.
- ↑ "Richard M. Stallman resigns". Free Software Foundation. 16 de setembro de 2019.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Richard Stallman |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Richard Stallman |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Richard Stallman's Personal Page - A súa páxina persoal
- FSF - Richard M. Stallman - Caderno de bitácora de Richard M. Stallman
- The GNU Operating System - Páxina do Proxecto GNU
- FSF - The Free Software Foundation Sede da Free Software Fundatión (Fundación para o Software Libre)
- Entrevista en español a Stallman en YouTube
- Entrevista en Praza Pública