Saltar ao contido

Cidadela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 15: Liña 15:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Arquitectura militar]]
[[Categoría:Fortificacións]]
[[Categoría:Fortificacións]]

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2024 ás 23:46

Cidadela de Qatibay, en Alexandría, Exipto.

Unha cidadela[1] é un núcleo fortificado dunha vila ou cidade. Pode ser unha fortaleza, un castelo ou un centro fortalecido. O termo é un diminutivo de "cidade" e quere dicir "pequena cidade", e é chamado así por ser unha parte pequena da cidade onde está o núcleo defensivo. A antiga Esparta tivo unha cidadela ó igual que moitos outras cidades gregas.

Nunha fortificación con bastións, a cidadela é a parte máis forte do sistema, ás veces ben dentro das paredes exteriores e baluartes. Porén, a miúdo forman parte do muro exterior por razóns económicas. É considerada a última liña de defensa, xa que o inimigo debe crebar os outros sistemas defensivos para chegar a ela. Unha cidadela é tamén un termo para chamarlle á terceira parte dun castelo medieval, con paredes máis altas que o resto.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cidadela.

Véxase tamén

Outros artigos