Saltar ao contido

David Andersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de agosto de 2013 ás 22:33 por BotDHojalata (conversa | contribucións) (*voltar -> volver)

Modelo:Xogador da NBA David Andersen, nado o 23 de xuño de 1980 en Melbourne, Australia, é un xogador profesional de baloncesto australiano con pasaporte dinamarqués, que xoga para o Montepaschi Siena da Lega Basket Serie A. Cunha altura de 2,11 metros xoga de pivote.

Traxetoria

De orixe dinamarquesa dispón tamén da nacionalidade danesa, principiou profesionalmente xogando cos Wollongong Hawks. No ano 1999 pasou a xogar en Europa, no Virtus Bologna italiano, en 2004 incorporouse ao CSKA Moscova pero en 2008 foi transferido ao Barcelona.

No 2002 participou nos draft da NBA quedando 37, seleccionado polos Atlanta Hawks, en 2009 os dereitos adquiriunos os Houston Rockets con quen asinou un contrato por tres anos.

O 20 de novembro de 2010, Andersen foi traspasados aos New Orleans Hornets xunto a Jarrett Jack e Marcus Banks a cambio de Jerryd Bayless e Peja Stojaković.[1]

No verán de 2011, Andersen volveu a Europa, e asinou un contrato de tres anos co Montepaschi Siena.[2]

Palmarés

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas