David Andersen
Modelo:Xogador da NBA David Andersen, nado o 23 de xuño de 1980 en Melbourne, Australia, é un xogador profesional de baloncesto australiano con pasaporte dinamarqués, que xoga para o Montepaschi Siena da Lega Basket Serie A. Cunha altura de 2,11 metros xoga de pivote.
Traxetoria
De orixe dinamarquesa dispón tamén da nacionalidade danesa, principiou profesionalmente xogando cos Wollongong Hawks. No ano 1999 pasou a xogar en Europa, no Virtus Bologna italiano, en 2004 incorporouse ao CSKA Moscova pero en 2008 foi transferido ao Barcelona.
No 2002 participou nos draft da NBA quedando 37, seleccionado polos Atlanta Hawks, en 2009 os dereitos adquiriunos os Houston Rockets con quen asinou un contrato por tres anos.
O 20 de novembro de 2010, Andersen foi traspasados aos New Orleans Hornets xunto a Jarrett Jack e Marcus Banks a cambio de Jerryd Bayless e Peja Stojaković.[1]
No verán de 2011, Andersen volveu a Europa, e asinou un contrato de tres anos co Montepaschi Siena.[2]
Palmarés
- 2001, 2002 Copa Italiana de Baloncesto
- 2001, 2006, 2008 campión da Euroliga
- 2002 finalista da Euroliga
- 2001, 2004 Campión da Liga de baloncesto de Italia
- 2005, 2006, 2007 campión da Liga de baloncesto de Rusia
- 2009 campión da Liga ACB
- 2007 Subcampión da Euroliga
Notas
- ↑ "HORNETS ACQUIRE JACK, ANDERSON AND BANKS FROM RAPTORS". NBA.com. 2010-11-20. Consultado o 2010-11-21.
- ↑ MONTEPASCHI brings back David Andersen
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio oficial (en inglés)
- Perfil na Euroliga (en inglés)
- Perfil na ACB (en castelán)
- Perfil na Liga italiana (en italiano)
- Xogadores de baloncesto de Australia
- Xogadores do Virtus Bologna
- Xogadores do Mens Sana Basket
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores Toronto Raptors
- Xogadores New Orleans Hornets
- Eleccións draft Atlanta Hawks
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Nados en 1980
- Nados en Melbourne