Shabazz Muhammad
Modelo:Xogador da NBA Shabazz Nagee Muhammad, nado o 13 de novembro de 1992 en Long Beach (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 16 de abril de 2013, Muhammad declarou a súa intención de presentarse ó Draft da NBA de 2013.[1] Muhammad foi elixido na 14ª posición do Draft polos Utah Jazz, pero os seus dereitos foron posteriormente traspasados ós Minnesota Timberwolves xunto á 21ª elección, Gorgui Dieng, a cambio da 9ª elección, Trey Burke.[2]
O 5 de xaneiro de 2014, Muhammad foi asignado ós Iowa Energy da NBA Development League.[3] En catro partidos con Iowa, acadou 24.5 puntos e 9.8 rebotes por partido, cunha porcentaxe de 57.1% de tiros de campo. O 13 de xaneiro, foi chamado de volta polos Timberwolves.
O 15 de setembro de 2017, asinou un novo contrato cos Timberwolves.[4] O 1 de marzo de 2018 foi cortado polos Timberwolves.[5]
O 4 de marzo de 2018, Muhammad asinou cos Milwaukee Bucks.[6]
Estatísticas
Tempada regular
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013-14 | Minnesota | 37 | 7.8 | .460 | .273 | .650 | 1.4 | 0.2 | 0.2 | 0.0 | 3.9 |
Total | 37 | 7.8 | .460 | .273 | .650 | 1.4 | 0.2 | 0.2 | 0.0 | 3.9 |
Notas
- ↑ "Shabazz Muhammad to turn pro". ESPN.com. Associated Press. 16 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2013. Consultado o 08 de xullo de 2014.
|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda) - ↑ Baumgardner, Nick (2013-06-27). "On the move: Trey Burke ends up with Utah Jazz after being traded by the Minnesota Timberwolves". MLive.com. Consultado o 2013-06-28.
- ↑ Wolves Assign Shabazz Muhammad To Iowa Energy
- ↑ "Timberwolves Sign Shabazz Muhammad". NBA.com. 15 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Minnesota Timberwolves waive Shabazz Muhammad". NBA.com. 1 de marzo de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ "Bucks Sign Shabazz Muhammad". NBA.com. 4 de marzo de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2017.