Saltar ao contido

Franz-Joseph Schulze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaFranz-Joseph Schulze

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Salzkotten, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Bonn, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónFührungsakademie der Bundeswehr (en) Traducir
Gymnasium Theodorianum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarLuftwaffe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Premios

Franz-Joseph Schulze nado o 18 de setembro de 1918 e finado o 31 de xaneiro de 2005, foi un xeneral alemán que foi o comandante en xefe das Forzas Aliadas de Europa Central da OTAN. Durante a Segunda guerra mundial, serviu na Luftwaffe e recibiu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro da Alemaña nazi.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun profesor de Salzkotten en Westfalia, completou o seu Abitur (selectividade) en 1937 en Paderborn. Nese ano foi recrutado para a Luftwaffe e serviu nunha unidade antiaérea. En novembro de 1944 recibiu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro como comandante no Rexemento Flak-Sturm 241, após rexeitar un ataque de tanques aliados na batalla de Rímini.

De abril a outubro de 1945 foi prisioneiro de guerra británico. Despois licenciouse en Dereito en Münster e completou estudos de auditor.

Oficial da Bundeswehr e dirixente da OTAN

[editar | editar a fonte]

En marzo de 1956 Schulze uniuse á Bundeswehr como capitán e trasladado a Düsseldorf como xefe de departamento. En 1957 Schulze foi ascendido a major, en 1959 trasladado a Bonn. En 1961 ascendeu a Tenente coronel. En 1962 Schulze comandou o Batallón de Defensa Aérea en Langenhagen, Hannover. En febreiro de 1965 completou o curso da Escola de Defensa da OTAN en París e en abril dese ano converteuse en Coronel Xefe do Departamento de Planificación do Departamento de Operacións da Sede da OTAN (AFCENT) en Fontainebleau. Nese tempo, Schulze participou na preparación do Plan Xeral de Defensa e no traslado da sede da OTAN a Brunssum, Holanda. Foi estreito colaborador do entón comandante en xefe da OTAN en Europa Central, Johann von Kielmannsegg.

En outubro de 1968, Schulze foi ascendido a Xeneral de brigada e ao mesmo tempo Xefe de Estado Maior de "Política Militar, Liderado e Operacións" no Estado Maior das Forzas Armadas do Ministerio Federal de Defensa da RFA. Ascendeu a Xeneral de división en decembro de 1970 e sucedeu a Karl Schnell como Comandante en Neumünster e en 1973 como Tenente Xeneral de Xefe Adxunto de Persoal do Cuartel Xeral das Forzas SHAPE da OTAN en Casteau, Bélxica. Durante o seu mandato, realizou análises da guerra do Yom Kippur e da crise de Chipre. Esta en particular provocou tensións dentro da OTAN con Turquía.

En xaneiro de 1977, Schulze foi nomeado por terceira vez sucesor directo de Karl Schnell, ascendido a Comandante en xefe da OTAN de Centroeuropa en Brunssum e asesor xefe de Planificación do comandante en xefe da OTAN dos Estados Unidos, o xeneral Alexander Haig. ‎

Schulze retirouse o 30 de setembro de 1979.

‎Membresías e publicacións‎

[editar | editar a fonte]

Despois de xubilarse, foi membro da asociación ‎‎Atlantik-Brücke‎‎. Tamén publicou ensaios sobre política de seguridade como Sicherheitspolitische und militärstrategische Rahmenbedingungen der Verteidigung Europas (novembro de 1984).

  • Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro o 30 de novembro de 1944 como Oberleutnant e Xefe do 3. /Flak-Sturm-Regiment 241 [2] (Alemaña nazi)
  • Großes Verdienstkreuz mit Stern und Schulterband des Verdienstordens der Bundesrepublik Deutschland (RFA)
  • Comandante da Lexión de Honra de Francia
  • Comandante da Lexión do Mérito dos EEUU
  1. "Ritterkreuzträger 1939-1945 - Veit Scherzer: 3938845007". www.iberlibro.com (en alemán). Consultado o 2022-08-10. 
  2. Fellgiebel 2000, p. 319.

 Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wolfgang Schmidt: Schulze, Franz-Joseph. In: Neue Deutsche Biographie (NDB). Band 23, Duncker & Humblot, Berlín 2007, ISBN 978-3-428-11204-3, p. 724
  • Franz-Joseph Schulze, Internationales Biographisches Archiv 16/1980 Munzinger-Archiv (Artigo en liña dispoñible)
  • Clemens Range: Die Generale und Admirale der Bundeswehr, S. 138–143, Herford 1990 ISBN 3-8132-0350-6