Médicos Sen Fronteiras
Médicos Sen Fronteiras | |
---|---|
Acrónimo | MSF e MSF |
Tipo | Organización médica humanitaria |
Data de fundación | 21 de decembro de 1971 |
Fundador(es) | Bernard Kouchner, Jacques Bérès, Philippe Bernier, Raymond Borel, Marcel Delcourt, Xavier Emmanuelli, Vladan Radoman e Max Récamier |
Director/a | Christos Christou |
Director/a | Jacques Bérès |
Organización subsidiaria | Leger Uten Grenser e Médecins Sans Frontières |
Premios | Premio Nobel da Paz, Premio Indira Gandhi, Premio Príncipe de Asturias da Concordia, premio europeo dos Dereitos Humans, Four Freedoms Award – Freedom from Want, Premio Casa Chatham, Premio Nansen, Premio Príncipe de Asturias da Concordia, LennonOno Grant for Peace, Fulbright Prize, Pardes Humanitarian Prize in Mental Health, Prémio Albert Lasker de seviço à comunidade, DZI Seal-of-Approval, The Glass of Reason, Placa Josep Trueta, Erich-Kästner award e medalla Livingstone |
Sede | Xenebra |
País | Suíza |
Na rede | |
https://www.msf.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Médicos Sen Fronteiras (MSF) (en francés:Médecins sans frontières) é unha Organización non gobernamental fundada en Francia o 20 de xullo de 1971 por un grupo de médicos. A organización foi fundada na idea de que todo o mundo ten dereito a unha asistencia médica, independentemente da súa nacionalidade.[1]
Organización
[editar | editar a fonte]MSF é a maior organización privada de axuda humanitaria do mundo. Cun orzamento total de 365 millóns de euros e 2,2 millóns de doadores, MSF enviou ao redor de 3.000 profesionais a 77 países durante o período de actividades 2002-2003. A asistencia que MSF proporciona baséase nas necesidades das poboacións. A análise e a acción de MSF están libres de calquera presión política, económica, militar ou relixiosa.
MSF non toma partido por ningunha das partes enfrontadas nun conflito. Vela que a asistencia beneficie ás vítimas, non os verdugos, pero non asume a neutralidade como un silencio cómplice en caso de violacións graves de dereitos humanos ou do Dereito Internacional Humanitario.[2]
Orixe e obxectivos
[editar | editar a fonte]Dedícase principalmente á axuda de poboacións en situación precaria e as vítimas de conflitos, fame e catástrofes de orixe natural. A súa experiencia médica comezou na guerra de Biafra (1968 - 1969) dentro do dispositivo da Cruz Vermella. Entón non era senón no marco de Cruz Vermella, a ONG máis gobernamental (máis aínda que agora), na que se podía actuar
En 1991 foi galardoada, xunto Medicus Mundi, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia e en 1999 recibiu o premio Nobel da Paz. O comité Nobel de Noruega concedeullo por ser pioneira no traballo humanitario en varios continentes.
Hoxe en día, conta con máis dun millón e medio de socios, dous mil voluntarios traballando en programas humanitarios en setenta países e outros mil en labores administrativas. Prevén e tratan algunhas enfermidades como a tuberculose, o SIDA e a meninxite.
Carta Magna de Médicos Sen Fronteiras
[editar | editar a fonte]Médicos Sen Fronteiras é unha asociación privada con vocación internacional. A asociación reúne maioritariamente os membros do corpo sanitario e así mesmo está aberta a outros profesionais útiles á súa misión.
Todos subscriben sobre o honor os seguintes principios:
- Médicos Sen Fronteiras aporta a súa axuda ás poboacións en situación precaria, ás vítimas de catástrofes de orixe natural ou humano e de conflitos armados, sen discriminación de raza, relixión, filosofía ou política.
- Ao actuar na máis estrita neutralidade e imparcialidade, Médicos Sen Fronteiras reivindica, en nome da ética médica universal e do dereito á asistencia humanitaria, plena e enteira liberdade no exercicio da súa función.
- Médicos Sen Fronteiras comprométese a respectar os principios deontolóxicos da súa profesión e a manter unha independencia total de todo poder, así como de toda forza política, económica ou relixiosa.
- Os voluntarios miden os riscos e perigos das misións que cumpren e non reclamarán para se mesmos nin para os seus achegados compensación algunha, salvo a que a asociación sexa capaz de proporcionarllos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Médecins Sans Frontières (Doctors Without borders) (ed.). "La création de Médecins Sans Frontières" (en francés). La création de Médecins Sans Frontières. Consultado o 21 de novembro do 2015.
- ↑ Generalitat de Catalunya (ed.). "Històric d'exposicions del Palau Robert". web (en catalán). Consultado o 7/07/2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Médicos Sen Fronteiras |