Saltar ao contido

Halmahera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaHalmahera
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deMolucas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMolucas Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaMolucas do Norte, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónHalmahera rain forests (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°39′N 127°54′L / 0.65, 127.9
Bañado porMar de Halmahera e Mar das Molucas Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.635 m
985 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións159 (ancho) × 366 (lonxitude) km
Punto máis altoMonte Gamkonora (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.635 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie17.780 km² Editar o valor en Wikidata

Halmahera ou Gilolo é a maior illa do arquipélago das Molucas. É parte da provincia indonesia de Molucas do Norte.

A superficie de Halmahera é de 17.780 km². A poboación en 1995 era de 162.728 habitantes. O 60% da poboación é musulmá, e o restante 40% cristiá.

Un nativo da illa de Halmahera.

A historia de Halmahera está enlazada á historia das próximas illas de Ternate e Tidore, ambas moito máis pequenas e situadas na súa costa occidental. Estas illas foron a base dos reinos máis importantes na época de antes de que a Compañía Holandesa das Indias Orientais colonizara todo o arquipélago.

Durante a segunda guerra mundial, houbo unha base militar xaponesa en Kao Bay.

Entre 1999 e 2000 Halmahera foi o lugar de actos de violencia entre cristiáns e musulmáns, que comezaron como unha disputa puramente étnica entre os residentes de Kao, principalmente cristiáns e Malifut, totalmente musulmá, que logo adquiriu un carácter relixioso, segundo estendíase por gran parte das Molucas do Norte. Miles de persoas de Halmahera morreron nos combates entre as milicias relixiosas, incluíndo grupos como Laskar Jihad e a FPI Fronte Defensores Islámicos que chegaron de Xava en grandes cantidades. En xuño de 2000, ao redor de cincocentas persoas morreron cando un transbordador cos refuxiados da loita en Halmahera afundiuse fronte á punta nordés das illas Célebes. Abundan teorías de conspiración sobre este suceso. Un monumento desta traxedia pódese atopar na aldea de Duma no norte do distrito de Halmahera.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]