Stana Katić
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1978 (46 anos) Hamilton, Canadá |
Residencia | Os Ánxeles |
Educación | Universidade de Toronto West Aurora High School (en) DePaul University (en) Universidade de Trinity College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de televisión, directora de cinema |
Período de actividade | 1999 - |
Sitio web | stanakatic.com |
|
Stana Katić, nada en Hamilton (Ontario) o 26 de abril de 1978, é unha actriz canadense, coñecida por interpretar a detective Kate Beckett na serie de televisión Castle. No 2015 gañou o premio People's Choice Awards á mellor actriz de drama.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pai serbio e nai croata que emigraron da antiga Iugoslavia ao Canadá. Posteriormente, a súa familia trasladouse a Aurora, Illinois. Pasou os seus primeiros anos movéndose entre Canadá e os Estados Unidos. Tras graduarse no West Aurora High School en 1996, estudou actuación na Goodman School of Drama. Ten catro irmáns e unha irmá, sendo ela a maior.
Ademais de inglés, fala croata, bosníaco, esloveno, francés, castelán e italiano.
Carreira
[editar | editar a fonte]Stana interpretou o personaxe de Hana Gitelman en Heroes, o de Collete Stenger en 24 (temporada 5) e o de Jenny en Feast of Love, película protagonizada por Morgan Freeman. Tamén interpretou a Morgenstern na película de Frank Miller, The Spirit; Corrine Veneau na película de James Bond Quantum of Solace (aínda que orixinalmente fora seleccionada para o papel de Strawberry Fields na película); e Simone Renoir en The Librarian: Curse of the Judas Chalice, a terceira entrega da saga televisiva The Librarian.
En agosto de 2008, a ABC anunciou a estrea da serie de televisión Castle, con Stana como Kate Beckett e Nathan Fillion como Richard Castle. Katić interpreta a detective Katherine Beckett, quen se ve obrigada a aceptar que o escritor a "siga" e observe o seu traballo. Pronto se converte na súa musa e na inspiración para unha nova serie de libros. A trama enfócase na resolución de diversos crimes e no progreso da relación entre os protagonistas.
No verán de 2010 empezou a filmar For Lovers Only cos irmáns Polish en Francia, e The Double[1] con Richard Gere.
Foi membro do xurado entre o 29 de maio e o 5 de xuño de 2011, no Festival de Cine de Zlín, onde For Lovers Only fixo a súa estrea mundial. Traballou noutra película, Big Sur, na que interpreta a Lenore Kandel. Na Comic-Con de 2011 en San Diego, houbo un anuncio oficial na revista Entertainment Weekly, de que se convertería na voz de Talia al Ghul en Batman: Arkham City. Tamén fixo unha película chamada CBGB que conta a historia dun local de Nova York da década de 1970 chamado CBGB.
No ano 2014 gañou o seu primeiro premio do People´s Choice Awards pola súa actuación en Castle, onde interpreta a Kate Beckett, sendo a primeira vez que estaba nomeada como actriz, e gañando o premio de mellor actriz dunha serie dramática e, por terceira vez, a de mellor serie, Castle. Ademais, no 2015 comezou o ano gañando o premio de actriz, de serie e conseguindo á súa vez o seu compañeiro Nathan Fillion o premio ao mellor actor.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Director | Notas |
---|---|---|---|---|
1999 | Acid Freaks | Annie | Philippe H. Bergeron | Curtametraxe |
2003 | Shut-Eye | Angela | John Covert | |
2005 | Pit Fighter | Marianne | Jesse Johnson | |
2007 | Feast of Love | Jenny | Robert Benton | |
2008 | Stiletto | Raina | Nick Vallelonga | |
Quantum of Solace | Corinne Veneau | Marc Forster | ||
The Spirit | Morgenstern | Frank Miller | ||
2010 | Truth About Kerry | Emma | Katherine Torpey | |
2011 | For Lovers Only | Sofia | Michael Polish | |
The Double | Amber | Michael Brandt | ||
2013 | Big Sur | Lenore Kandel | Michael Polish | |
Superman: Unbound | Lois Lane (Voz) | James Tucker | ||
CBGB | Genya Ravan | Randall Miller | ||
2014 | The Tourist | Anna | Evan Oppenheimer |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Episodio/s |
---|---|---|---|
2003 | The Shield | Ayla | All In e On Tilt |
2004 | Alias | Asistente de vuelo | Facade |
Dragnet | Miriam Nelson | Retribution | |
The Handler | Mariella | Bleak House | |
JAG | Lucienne Charmoli | This Just in from Baghdad | |
2005 | The Closer | Nadia | The Big Picture |
ER | Blaire Collins | Blame It on the Rain & Wake Up | |
2006 | Dragon Dynasty | Ava | Telefilme |
24 | Collette Stenger | Día 5: 7:00 – 10.00 p.m. | |
Brothers & Sisters | Karen Wells | Patriarchy | |
2007 | Faceless | Diana Palos | Telefilme |
Company Man | Sara Baker | Telefilme | |
Heroes | Hana Gitelman | Unexpected e Five Years Gone | |
CSI: Miami | Rita Sullivan | Deep Freeze | |
The Unit | Agente especial Debra Lane | Binary Explosion | |
2008 | Would Be Kings | Julianna Martinelli | Miniserie |
The Librarian: Curse of the Judas Chalice | Simone Remoir | Telefilme | |
2009 - Actualidade | Castle | Inspectora Kate Beckett | Protagonista |
Videoxogos
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Rol | Notas |
---|---|---|---|
2011 | Batman: Arkham City | Talia al Ghul | Voz |
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor actriz en series de drama por Castle | Premios Satellite | Candidata |
2011 | Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle | TV Guide Award | Ganadora |
2012 | Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle | TV Guide Award | Gañadora |
Rendemento nun episodio de drama, por Castle | Prism Award | Gañadora | |
2013 | Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle | TV Guide Award | Gañadora |
Actriz favorita de drama de TV | People's Choice Awards | Nomeada | |
2014 | Actriz favorita de drama de TV | People's Choice Awards | Gañadora |
Química favorita en pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle | People's Choice Awards | Candidata | |
2015 | Actriz Favorita de Drama de Crime | People's Choice Awards | Gañadora |
Dúo Favorito en Pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle | People's Choice Awards | Candidata |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stana Katic vuelve al cine con "La sombra de la traición"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stana Katić |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Stana Katic Arquivado 26 de marzo de 2015 en Wayback Machine. en TV.com (en inglés).