Cachotaría
Aparencia
(Redirección desde «Cachotería»)
A cachotaría[1] ou cachotería é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra ruda, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas como calzos chamadas ripios.
Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (aínda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.
O uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas: en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais, debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos ripios máis pequenos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachotaría. Consultado o 29-08-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cachotaría |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- de Llano, P. (2006). Arquitectura popular en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]----
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |