Saltar ao contido

The Others

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Os outros»)

The Others
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Others
DirectorAlejandro Amenábar
ProdutorFernando Bovaira
José Luis Cuerda
StudioCanal
GuiónAlejandro Amenábar
IntérpretesNicole Kidman
Fionnula Flanagan
Christopher Eccleston
Elaine Cassidy
Eric Sykes
Alakina Mann
James Bentley
MúsicaAlejandro Amenábar
FotografíaJavier Aguirresarobe
MontaxeNacho Ruiz Capillas
DistribuidoraDimension Films (USA)
Warner Bros. (España)
Estrea2001
Duración104 minutos
OrixeEspaña España
Francia
Italia Italia
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror e suspense
Orzamento$17.000.000
Recadación$218.947.037
Na rede
http://www.miramax.com/movie/the-others
IMDB: tt0230600 Filmaffinity: 370368 Allocine: 26832 Rottentomatoes: m/1109257-others Mojo: others Allmovie: v246294 TCM: 410960 Metacritic: movie/the-others TV.com: movies/the-others-2002 Netlix: 60021097 Editar o valor en Wikidata

The Others é un filme español do ano 2001 dirixido por Alejandro Amenábar. Inspirado na obra The Turn of the Screw de Henry James dentro do xénero do suspense, está protagonizado pola australiana Nicole Kidman. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense.

Gravouse en localizacións de Cantabria e Madrid, aínda que a historia está ambientada na illa de Xersei. No seu momento, foi a película española máis exitosa da historia, con máis de 68.000.000 $ recadados só nos Estados Unidos.

Gañou oito Premios Goya incluíndo premios á mellor película e ó mellor director. Nicole Kidman foi candidata ó Globo de Ouro e ó BAFTA á mellor actriz, entre outros.

Palacio de Los Hornillos en Las Fraguas (Cantabria), mansión onde se rodaron os exteriores do filme.

Ó final da segunda guerra mundial Grace (Nicole Kidman) retírase cos seus dous fillos a unha gran mansión en Jersey, onde espera que regrese o seu marido da fronte. Os seus fillos padecen de fotofobia, unha enfermidade que lles impide estar expostos á luz do sol, polo que tódalas fiestras da casa deben permanecer pechadas. Grace contrata tres serventes, que se comportan dun xeito cada vez máis estraño, ata que Grace fai un descubrimento totalmente inesperado.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Os outros obtivo 15 candidaturas na XVI edición dos Premios Goya, dos que gañou 8. Estas foron as súas candidaturas (en letra grosa os premios gañados):

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]