Saltar ao contido

Pierre Abélard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedro Abelardo»)
Modelo:BiografíaPierre Abélard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1079 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Le Pallet (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1142 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Chalon-sur-Saône (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHéloïse and Abélard's tomb (en) Traducir, 7 (1817–)
Museum of French Monuments (en) Traducir (1801–)
Église Saint-Laurent de Nogent-sur-Seine (en) Traducir (1792–)
Abadia do Paracleto (pt) Traducir
Abbaye Saint-Marcel-lès-Chalon (en) Traducir
Cemiterio do Père-Lachaise Editar o valor en Wikidata
Abade
1125 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole cathédrale de Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e Escolástica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, autobiógrafo, lóxico, escritor, poeta, compositor, lingüista, filósofo, relixioso Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica do Clasicismo, Escolástica e Nominalismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRoscelin o Roscelino e Guillaume de Champeaux (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJoão de Salisbury (pt) Traducir, Hilarius (en) Traducir, Robert of Melun (en) Traducir e Petrus Berengarius (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHeloísa do Paracleto Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica
Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:Abelard, Peter (1079-1142))
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1149497 Spotify: 7DRVYsguAC3hbQCgsBz9wm Musicbrainz: 77551fb6-2d8a-41f5-ac31-5142bb413502 Discogs: 1281856 IMSLP: Category:Abelardus,_Petrus Allmusic: mn0001416005 WikiTree: Abelard-1 Find a Grave: 1635 Editar o valor en Wikidata
Os amores de Heloísa e Abelardo, cadro de Jean Vignaud, 1819

Pierre Abélard, nado en Pallet en 1079 e finado en 1142, foi un filósofo escolástico francés, pai do método escolástico con Alexandre de Hales. A historia dos seus amores con Heloísa convertéronse en lendarios.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia nobre. En 1099 marcha a París para estudar, converténdose en discípulo de Guillaume de Champeaux en Notre-Dame de París, contra o 1102, abre unha escola propia en Melun, nos arredores de París, aquí ensina retórica e filosofía escolástica, propagando as súas ideas nas escolas de Melun, Corbeil e París. É un mestre brillante con grande éxito, permitíndose mesmo atacar as ideas da doutrina do realismo ensinado polo seu mestre, Guillaume de Champeaux.

Relación con Heloísa

[editar | editar a fonte]
Abaelard und seine Schülerin Heloisa é un cadro do pintor Edmund Blair Leighton do ano 1882).

Elixido cóengo de Notre-Dame en 1115, nesta época namorouse de Heloísa, de 17 anos, sobriña do cóengo Fulbert, da que Abelard era o preceptor. Fulbert quixo separar os amantes, estes foxen á Bretaña ao se decatar de que ela estaba preñada, alí tiveron o fillo. Cando Heloísa volveu co seu tío non quixo revelar a súa voda para non prexudicar a vida eclesiástica de Abelardo, e ingresou no mosteiro de Argenteuil. Fulbert, para se vingar, mandou castrar a Abelard (1118) que ingresou no mosteiro de San Dionisio (1119). Posteriormente reabriu unha escola en Maisoncelle.

Os dous esposos estableceron correspondencia, o que os fixo universalmente coñecidos pola fermosura e platonismo das súas cartas, publicadas cara a 1130: Lettres d'Abélard et d'Héloïse.
Foi condenado por herexe no sínodo provincial de Soissons (1121) a instancias de Bernaldo de Claraval. Anos despois, en 1140, foi outra vez condenado en Sens. Ratificada a condena polo Papa Inocencio II, Abelard quixo ir a Roma para defenderse, pero enfermou no camiño e morreu no mosteiro de San Marcelo, preto de Chalon-sur-Saône.

Heloísa morreu 22 anos despois. Desde 1817 os dous corpos descansan na mesma tumba no cemiterio parisiense de Père-Lachaise.

Tumba de Abelardo e Heloísa.
  • De Unitate et Trinitate divina.
  • Sic et non.
  • Scito te ipsum seu Ethica. ( "Coñécete a ti mesmo ou Ética")
  • Dialéctica.
  • Historia calamitatum.
  • Ethica ou Scito te ipsum.
  • Theologia christiana (foi o primeiro en empregar o termo teoloxía).
  • Introductio ad Theologiam.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]