Saltar ao contido

Team Katusha-Alpecin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Team Katusha»)
Vitoria do Team Katusha no prólogo do Tour de Austria 2015.

O Team Katusha (en ruso: Катюша, código UCI: KAT) é un equipo ciclista ruso que compite na categoría UCI WorldTour, fundado no ano 2009. O equipo emprega bicicletas da marca xermana Canyon.

O equipo presentouse oficialmente o 24 de decembro de 2008 en Moscova. O equipo foi creado na base da do equipo Tinkoff Credit Systems, organizado pola fundación Proxecto de Ciclismo Global Ruso e finaciado por empresas rusas como Gazprom, Itera ou Rostechnologii.

O equipo comezou a funcionar cun grande orzamento de 15 millóns de euros. Na primeira tempada, o equipo fichou a ciclistas como Robbie McEwen, Vladimir Karpets, Filippo Pozzato ou Gert Steegmans. A primeira competición que disputou o Team Katusha foi o Tour Down Under do 2009.

Na tempada 2009, o equipo conseguiu un total de 23 vitorias. Algunhas das vitorias máis importantes foron o primeiro posto de Sergei Ivanov na Amstel Gold Race ou os triunfos de Filippo Pozzato no Campionato Italiano de Ciclismo en Ruta e no Giro do Veneto.

Joaquim Rodríguez, no Critérium du Dauphiné 2011.

Despois da tempada 2012, o Team Katusha perdeu a licenza UCI WorldTour a pesar de que o equipo quedou de segundo na clasificación por equipos da UCI WorldTour 2012 e de que o campión da clasificación individual (Joaquim Rodríguez) estaba no conxunto. Por estas razóns, o Katusha apelou a decisión da UCI ao Tribunal de Arbitraxe para o Deporte. Este último anunciou o 15 de febreiro de 2013 que a decisión da UCI foi anulada e que o Team Katusha participaría no UCI WorldTour 2013.

Vitorias notables

[editar | editar a fonte]

Dende a creación no ano 2009, os ciclistas do equipo conseguiron bastantes vitorias. Algunhas das máis importantes son: 19 etapas nas Grandes Voltas, 2 monumentos ciclistas, a Milán-Sanremo 2014 ou o Tour de Flandres 2015.

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]

2009

  • Campionato Italiano en Liña, Filippo Pozzato
  • Campionato Ruso en Liña, Sergei Ivanov

2010

  • Campionato Moldavo en Liñaa, Alexandre Pliuschin
  • Campionato Ruso en Liña, Alexandre Kolobnev
  • Campionato Ruso Contra o Reloxo, Vladimir Gusev

2011

  • Campionato Ruso en Liña, Pavel Brutt
  • Campionato Ruso Contra o Reloxo, Mikhail Ignatiev
  • Campionato Bielorruso en Liña, Aleksandr Kuschynski
  • Campionato Moldavo en Liña, Alexandre Pliuschin

2012

  • Campionato Ruso en Liña, Eduard Vorganov
  • Campionato Letón Contra o Reloxo, Gatis Smukulis
  • Campionato Ruso Contra o Reloxo, Denis Menchov

2013

  • Campionato Letón Contra o Reloxo, Gatis Smukulis
  • Campionato Ruso en Liña, Vladimir Isaichev

2014

  • Campionato Letón Contra o Reloxo, Gatis Smukulis
  • Campionato Ruso Contra o Reloxo, Anton Vorobyev
  • Campionato Ruso en Liña, Alexander Porsev

2015

  • Campionato Letón Contra o Reloxo, Gatis Smukulis
  • Campionato Ruso en Liña, Yuri Trofimov
  • Campionato Ruso Contra o Reloxo, Marco Haller

No 1 de xaneiro de 2015

Ciclista Nacemento
Maxim Belkov 9 de xaneiro de 1985
Sven Erik Bystrøm 21 de xaneiro de 1992
Italia Giampaolo Caruso 15 de agosto de 1980
Sergey Chernetskiy 9 de decembro de 1990
Italia Jacopo Guarnieri 14 de agosto de 1987
Austria Marco Haller 1 de abril de 1991
Vladimir Isaichev 26 de abril de 1986
Pavel Kochetkov 7 de marzo de 1986
Alexandr Kolobnev 4 de maio de 1981
Dmitry Kozonchuk 5 de abril de 1984
Alexander Kristoff 5 de xullo de 1987
Vyacheslav Kuznetsov 24 de xuño de 1989
Sergey Lagutin 14 de xaneiro de 1981
España Alberto Losada 28 de febreiro de 1982
Portugal Tiago Machado 18 de outubro de 1985
España Daniel Moreno 5 de setembro de 1981
Italia Luca Paolini 17 de xaneiro de 1977
Alexander Porsev 21 de febreiro de 1986
España Joaquim Rodríguez 12 de maio de 1979
Alemaña Rüdiger Selig 19 de febreiro de 1989
Egor Silin 25 de xuño de 1988
Gatis Smukulis 15 de abril de 1987
Eslovenia Simon Špilak 23 de xuño de 1986
Yuri Trofimov 26 de xaneiro de 1984
Alexei Tsatevich 5 de xullo de 1989
España Ángel Vicioso 13 de abril de 1977
Eduard Vorganov 1 de decembro de 1982
Anton Vorobyev 12 de outubro de 1990
Ilnur Zakarin 15 de setembro de 1989

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]