Title: Patchstack &#8211; Seguridade para WordPress &amp; plugins
Author: Patchstack
Published: <strong>1 de Novembro de 2021</strong>
Last modified: 16 de Novembro de 2026

---

Buscar plugins

![](https://ps.w.org/patchstack/assets/banner-772x250.jpg?rev=2622691)

![](https://ps.w.org/patchstack/assets/icon.svg?rev=2622691)

# Patchstack – Seguridade para WordPress & plugins

 Por [Patchstack](https://profiles.wordpress.org/patchstack/)

[Descargar](https://downloads.wordpress.org/plugin/patchstack.2.3.8.zip)

 * [Detalles](https://gl.wordpress.org/plugins/patchstack/#description)
 * [Valoracións](https://gl.wordpress.org/plugins/patchstack/#reviews)
 *  [Instalación](https://gl.wordpress.org/plugins/patchstack/#installation)
 * [Desenvolvemento](https://gl.wordpress.org/plugins/patchstack/#developers)

 [Soporte](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/)

## Descrición

Patchstack é unha ferramenta potente que axuda a identificar vulnerabilidades de
seguridade nos plugins, temas e o núcleo de WordPress das túas webs. Está impulsada
pola comunidade de hackers éticos máis activa do ecosistema de WordPress. Patchstack
conta coa confianza de expertos de WordPress como Pagely, Cloudways, GridPane, Plesk
e outros!

Patchstack é un plugin de seguridade para WordPress que atopa vulnerabilidades do
núcleo de WP, de plugins e de temas nas túas webs.

A versión gratuíta inclúe avisos previos de ata 48 horas sobre novas vulnerabilidades
atopadas pola nosa comunidade de investigación en seguridade. Desde a Patchstack
App tamén podes actualizar de forma remota plugins, temas e o núcleo de WordPress
nos teus sitios, e xerar informes instantáneos en PDF sobre o estado de seguridade
dos teus sitios.

A versión de pago inclúe protección automática contra vulnerabilidades. Patchstack
despliega regras moi específicas por sitio, só cando se detecta unha vulnerabilidade
concreta nun sitio.

Isto evita que os compoñentes vulnerables sexan explotados sen modificar o código
da web nin afectar o rendemento ou a funcionalidade do sitio. A versión de pago 
de Patchstack inclúe acceso a máis de 12.000 regras de protección individuais (vPatches).

A versión de pago de Patchstack tamén inclúe outras características de seguridade
preventiva, como a identificación de dous factores, regras de reforzo específicas
de WordPress, unha lista de bloqueo de IP da comunidade para enderezos IP maliciosos,
axustes de seguridade avanzados e regras de protección personalizadas.

### Limpezas despois dun hackeo vs. prevención de ataques na seguridade de WordPress

A diferenza do enfoque habitual da seguridade de WordPress (análise de malware e
limpeza de infeccións), Patchstack céntrase en evitar as infeccións desde o principio.

Grazas á súa gran comunidade de investigación en seguridade de WordPress e ás asociacións
con case mil provedores e desenvolvedores de plugins, Patchstack é habitualmente
dos primeiros en identificar novas vulnerabilidades.

### Para quen é o plugin de seguridade de WordPress de Patchstack?

A xestión de vulnerabilidades de Patchstack funciona extremadamente ben para:

 * Axencias con plans de coidado/mantemento de WordPress para as webs dos seus clientes
 * Webs WooCommerce que queren protexer os seus ingresos e clientes contra ataques
 * Empresas de aloxamento que queren ofrecer protección contra vulnerabilidades 
   moi específica de forma sinxela e a escala
    Propietarios de webs

Non fai falta ser un experto técnico para usalo. Instala o plugin, conéctao coa 
aplicación de Patchstack e mantente seguro!

### Que características están incluídas no plan Patchstack Personal (gratuíto)?

O plan Personal de Patchstack é un servizo de seguridade gratuíto para WordPress
que che permite atopar e xestionar vulnerabilidades nas túas webs. Inclúe acceso
a un panel de seguridade centralizado a través da aplicación web de Patchstack para
ter máis visibilidade e control sobre a seguridade dos teus sitios:

 * Sé o primeiro en coñecer as novas vulnerabilidades.
 * Recibe avisos se algún plugin ou tema instalado ten problemas de seguridade.
 * Detecta as últimas vulnerabilidades de seguridade dos plugins de WordPress.
 * Detecta as últimas vulnerabilidades de seguridade dos temas de WordPress.
 * Detecta as últimas vulnerabilidades de seguridade do núcleo de WordPress.
 * Recibe alertas en tempo real por correo electrónico se se atopa algunha vulnerabilidade
   de seguridade.
 * Actualiza o núcleo, os plugins e os temas de forma remota desde un único panel(
   [como](https://docs.patchstack.com/patchstack-app/site-dashboard/site-software/)).
 * Xera informes instantáneos en PDF sobre o estado de seguridade da túa web ([como](https://docs.patchstack.com/patchstack-app/reports/snapshot-report/)).

### Que características teñen as subscricións de pago de Patchstack?

As subscricións de pago de Patchstack inclúen protección automática contra vulnerabilidades
de WordPress, así como outros módulos de protección.

 * Parches virtuais para evitar que os compoñentes vulnerables sexan explotados
 * Módulo de reforzo avanzado para maior seguridade en WordPress
 * Axustes de reforzo en remoto (incluíndo .httacess, protección do acceso e reCAPTCHA)
 * Lista de bloqueo de IP da comunidade con enderezos IP de atacantes coñecidos
   
   Todas estas características están incluídas nos plans Developer e Enterprise.
   Ademais, os usuarios dos plans Developer e Enterprise teñen acceso á creación
   de regras de protección personalizadas, informes de seguridade periódicos e programación
   de informes.

Os usuarios do plan Personal (gratuíto) poden activar estas características por 
sitio por 5 $ / sitio ao mes.

**Recursos importantes**

 * [Web de Patchstack](https://patchstack.com)
 * [Centro de axuda](https://docs.patchstack.com)
 * [Rexistro de cambios](https://docs.patchstack.com/patchstack-plugin/changelog/)
 * [Base de datos de vulnerabilidades de Patchstack](https://patchstack.com/database)

**Mira o que din os nosos clientes sobre os nosos plans de pago:**

 * “Un servizo excelente e valioso, respaldado por unha empresa que devolve directamente
   ao ecosistema de WordPress unha cantidade significativa de recursos e diñeiro.”–
   John Blackbourn
 * “Patchstack é como CrowdStrike, pero para webs!” – Ryan McCue, HumanMade
 * “O servizo é magnífico! E sempre están ao tanto coa mellor solución para resolver
   o problema ou a dúbida. A ferramenta fala por si mesma. Estou moi satisfeito 
   con este proxecto e co servizo que ofrecen.” – Daniel Canup
 * “Este é un plugin de seguridade que todo o mundo debería instalar. O equipo de
   Patchstack é incrible no que fai. Levamos anos usándoos e non nos decepcionaron!”–@
   craniumstudio
 * “Levamos moito, MOITO tempo con Patchstack (incluso antes de que fosen Patchstack).
   Sempre cumpriu a súa función sen problemas e sen fallar. A innovación e as actualizacións
   constantes do produto Patchstack fan deste plugin un gañador. 5 estrelas sen 
   dúbida.” – @guapx

(*As comparacións fanse avaliando as versións de pago.)

[Sucuri vs. Patchstack](https://patchstack.com/sucuri-alternative/)
 [Wordfence vs. Patchstack](https://patchstack.com/wordfence-alternative/)
[Malcare vs. Patchstack](https://patchstack.com/malcare-alternative/) [Sitelock vs. Patchstack](https://patchstack.com/sitelock-alternative/)

## Capturas

[⌊Seguridade de Patchstack: sé o primeiro en recibir avisos de novas vulnerabilidades
de plugins⌉⌊Seguridade de Patchstack: sé o primeiro en recibir avisos de novas vulnerabilidades
de plugins⌉[

Seguridade de Patchstack: sé o primeiro en recibir avisos de novas vulnerabilidades
de plugins

[⌊Seguridade de Patchstack: protección automática contra ataques en curso⌉⌊Seguridade
de Patchstack: protección automática contra ataques en curso⌉[

Seguridade de Patchstack: protección automática contra ataques en curso

[⌊Seguridade de Patchstack: mellora o reforzo de WordPress e axusta as regras de
seguridade⌉⌊Seguridade de Patchstack: mellora o reforzo de WordPress e axusta as
regras de seguridade⌉[

Seguridade de Patchstack: mellora o reforzo de WordPress e axusta as regras de seguridade

[⌊Seguridade de Patchstack: analíticas de seguridade, informes periódicos detallados
e monitorización da actividade⌉⌊Seguridade de Patchstack: analíticas de seguridade,
informes periódicos detallados e monitorización da actividade⌉[

Seguridade de Patchstack: analíticas de seguridade, informes periódicos detallados
e monitorización da actividade

## Instalación

Simplemente instala o plugin Patchstack buscando “Patchstack” na páxina de xestión
de plugins de WordPress, ou instálao manualmente seguindo estes pasos:

 1. Descarga o plugin da páxina de descarga do plugin Patchstack en WordPress.org.
 2. Descomprime o arquivo `.zip`.
 3. Sube o directorio completo `patchstack` ao directorio `/wp-content/plugins/`.
 4. Activa Patchstack a través do menú “Plugins” de WordPress.

## Preguntas frecuentes

### Que fai que as vulnerabilidades dos plugins sexan tan perigosas?

Unha estatística preocupante sobre o pirateo de webs é que ben máis do 90% das vulnerabilidades
de WordPress están relacionadas con plugins ou temas. Un informe descubriu que ata
o 98% das vulnerabilidades de WordPress se deben aos plugins, mentres que outro 
estudo informou de que o 95% foron causadas por plugins e temas.
 Para manterte 
seguro, mantén sempre actualizados e monitorizados os teus plugins, temas e núcleo
de WordPress. Fíxate en que plugins estás usando e elimina os que xa non sexan necesarios.
Ao elixir un plugin de seguridade de WordPress, é importante entender como funciona
o ecosistema de seguridade de WordPress. Busca unha ferramenta que ofreza [vPatching](https://patchstack.com/articles/virtual-patching)(
consulta [as características de Patchstack](https://patchstack.com/pricing)).

### Como protexe o plan Patchstack Personal (gratuíto) os sitios das vulnerabilidades?

O plan Patchstack Personal (gratuíto) avísate se hai vulnerabilidades nos plugins,
temas ou no núcleo de WordPress instalados no teu sitio.
 Ao estar informado, podes
reducir o tempo e os recursos dedicados a corrixir problemas de seguridade de WordPress
e evitar limpezas custosas.

### Que características inclúe o plan Patchstack Personal (gratuíto)?

Podes detectar vulnerabilidades de seguridade nos teus plugins, temas e núcleo de
WordPress. Recibirás avisos por correo electrónico se se atopan vulnerabilidades
e accederás a unha vista xeral de seguridade centralizada de ata 3 webs coa aplicación
de Patchstack.
 Opcionalmente, podes activar vPatching en sitios individuais por
5 $/mes.

### Que características inclúe o plan Patchstack Developer (de pago)?

Co plan Patchstack Developer, podes protexer os teus sitios contra as vulnerabilidades
coñecidas de plugins e temas mediante parches virtuais automáticos: regras de devasa
non intrusivas que bloquean os intentos de explotación.
 Tamén accedes a opcións
avanzadas de reforzo, 2FA, CAPTCHA, informes de seguridade e varios tipos de alertas.

### Características incluídas:

 * Detección de vulnerabilidades de plugins (tamén incluída na versión gratuíta)
 * Detección de vulnerabilidades de temas (tamén incluída na versión gratuíta)
 * Detección de vulnerabilidades do núcleo de WordPress (tamén incluída na versión
   gratuíta)
 * Rexistros e analíticas (tamén incluídos na versión gratuíta)
 * Informes de seguridade en PDF instantáneos (tamén incluídos na versión gratuíta)
 * Alertas por correo electrónico (tamén incluídas na versión gratuíta)
 * vPatches para plugins de WordPress
 * vPatches para temas de WordPress
 * Regras de devasa personalizadas ilimitadas
 * Activadores de alerta personalizados ilimitados
 * Informes en PDF semanais/mensuais
 * Alertas de Slack
 * Uso ilimitado da [API da aplicación de Patchstack](https://docs.patchstack.com/api-solutions/app-api/patchstack-app-api/)

### Onde actualizo os plugins e descargo os informes instantáneos?

Ambos están na [Patchstack App](https://app.patchstack.com) e inclúense no plan 
Personal (gratuíto).
 Para actualizar, abre **Sites**, elixe o teu sitio e vai á
súa pestana **Packages**. Fai clic en **Update** nun plugin ou tema, ou en **Update
all**. Fai antes unha copia de seguridade do teu sitio. Consulta [Packages](https://docs.patchstack.com/patchstack-app/site-dashboard/site-software/).
Para un informe instantáneo, abre **Reports** (desde o título Reports do teu Escritorio),
elixe o teu sitio, elixe**Snapshot** como tipo e fai clic en **Generate**. O PDF
aparece en **Available for download**. Consulta [Snapshot report](https://docs.patchstack.com/patchstack-app/reports/snapshot-report/).

### Pode Patchstack actualizar os meus plugins automaticamente?

Non. Patchstack xa non ofrece actualizacións automáticas. En vez diso, a protección
de Patchstack (plans de pago, ou 5 $ / sitio ao mes no plan Personal) bloquea os
ataques a vulnerabilidades coñecidas con parches virtuais (vPatches), sen cambiar
o código do teu sitio, e ti elixes cando actualizar.
 Se queres actualizacións automáticas,
usa as propias de WordPress: na pantalla de **Plugins**, fai clic en **Activar as
actualizacións automáticas** xunto a un plugin. Se activaches as actualizacións 
automáticas de Patchstack antes de que se retirasen, seguen funcionando ata que 
as desactives: a pestana **Packages** do teu sitio mostra unha nota cunha ligazón**
Turn off auto-updates**.

### Que comprobacións realiza o plan Patchstack Personal (gratuíto)?

Non se fai ningunha comprobación externa. O plugin compara os plugins, temas e o
núcleo de WordPress instalados no teu sitio coa nosa [base de datos de vulnerabilidades](https://patchstack.com/database/)
para identificar as versións vulnerables.

### Como se me avisará dunha nova vulnerabilidade?

Co plan Personal (gratuíto), recibirás alertas por correo electrónico. As alertas
de Slack están dispoñibles no plan Developer de pago.

### Entra Patchstack en conflito con outros plugins de seguridade?

Non atopamos ningún conflito. Con todo, recomendamos usar o menor número posible
de plugins de seguridade e evitar características que se solapen para previr posibles
problemas.
 Se tes problemas, contacta co noso equipo de soporte para obter axuda.

### Inclúe o plan Personal (gratuíto) unha devasa?

Non, a versión gratuíta non inclúe unha devasa. Céntrase na detección de vulnerabilidades
e os avisos.

### Ralentizará Patchstack a miña web?

A versión gratuíta só executa tarefas programadas, sen impacto apreciable na velocidade
do teu sitio nin na carga do servidor.
 A versión de pago executa tarefas en cada
carga de páxina para filtrar o tráfico, pero as nosas probas e os comentarios dos
clientes confirman un impacto mínimo no rendemento.

### Funciona Patchstack en multisitio?

Si. Despois da instalación, podes activar Patchstack por sitio dentro da rede. Cada
subsitio debe engadirse individualmente á túa conta de Patchstack e ocupará unha
praza de sitio.

### Onde podo obter máis información sobre Patchstack?

Visita a nosa [web](https://patchstack.com) e o noso [blog](https://patchstack.com/blog/)
para obter máis información.

### Que opcións de soporte hai dispoñibles?

Patchstack ofrece soporte por chat a través de [patchstack.com](https://patchstack.com)
e documentación no noso [Centro de axuda](https://docs.patchstack.com).
 Para acceder
ao soporte por chat, fai clic na burbulla verde do chat na esquina inferior dereita(
nota: algúns bloqueadores de anuncios poden ocultala).

### Canto tempo leva configurar Patchstack?

A configuración leva só uns minutos. Instala o plugin, rexístrate na [aplicación de Patchstack](https://app.patchstack.com/register?free=1),
engade o teu sitio e pega a clave da API no plugin.
 Consulta a nosa [guía de inicio](https://docs.patchstack.com/getting-started/start-using-patchstack/)
para obter axuda.

### Como actualizo do plan Personal (gratuíto) ao plan Developer?

Actualiza desde o teu escritorio na [aplicación de Patchstack](https://app.patchstack.com/login)
ou directamente en [app.patchstack.com/setup](https://app.patchstack.com/setup).

### Teño que pagar polo soporte?

Non, o soporte é gratuíto. Con todo, os usuarios do plan gratuíto poden recibir 
resposta en 1 día laborable, mentres que os usuarios de pago adoitan recibila en
menos de 30 minutos.

### Que información recolle Patchstack?

Tomámonos a privacidade en serio. Sincronizamos e almacenamos datos como os teus
dominios, o software instalado e os rexistros de actividade.
 Para máis detalles,
consulta os nosos [Termos & condicións](https://patchstack.com/terms-and-conditions/),
a [Política de privacidade](https://patchstack.com/privacy-policy/) e o [DPA](https://patchstack.com/data-processing-agreement-dpa/).

### Onde podo atopar os Termos & condicións, a Política de privacidade e o DPA?

 * Termos & condicións: [patchstack.com/terms-and-conditions](https://patchstack.com/terms-and-conditions/)
 * Política de privacidade: [patchstack.com/privacy-policy](https://patchstack.com/privacy-policy/)
 * DPA: [patchstack.com/data-processing-agreement-dpa](https://patchstack.com/data-processing-agreement-dpa/)

### Como podo obter unha auditoría de seguridade dun plugin de WordPress de Patchstack?

Ofrecemos unha ferramenta de revisión de código con IA para auditorías de plugins.
Comeza uníndote ao noso [programa mVDP](https://patchstack.com/for-plugins).
 Tamén
podes solicitar unha auditoría manual aquí: [patchstack.com/auditing](https://patchstack.com/auditing/).

### Onde informo dos erros de seguridade?

Informa dos erros de seguridade a través do [Programa de divulgación de vulnerabilidades de Patchstack](https://patchstack.com/database/vdp/patchstack).
O noso equipo axudarate coa verificación e a asignación do CVE.

## Comentarios

![](https://secure.gravatar.com/avatar/ee94c4e26ed7b75324a50f3d0c473c77cb781ec6f68374a7b37e75a0389fd7fd?
s=60&d=retro&r=g)

### 󠀁[just not acceptable](https://wordpress.org/support/topic/just-not-acceptable/)󠁿

 [robhamburg](https://profiles.wordpress.org/robhamburg/) 31 de Outubro de 2026 
1 resposta

They don’t even have a cancellation button. That’s really unprofessional. I had 
to write to them just to find out how to do it—that’s just not acceptable. You can
cancel by selecting "Disable Protection." Take screenshots of the process, then 
it’s best to delete your account immediately and save the confirmation emails.

![](https://secure.gravatar.com/avatar/bd127c56a068caa27e10f23d5942aca2c92f336eaad458e33f3140c1419ea5bd?
s=60&d=retro&r=g)

### 󠀁[Helpful Outreach from Triage](https://wordpress.org/support/topic/unresponsive-vulnerability-team-confusion-for-our-users/)󠁿

 [Ideal Postcodes](https://profiles.wordpress.org/idealpostcodes/) 24 de Outubro
de 2025

Originally this was a 1 star review but triage team turned it around. Patchstack
published CVE-2025-57923 and did not respond for a couple weeks while we actively
tried to respond to a purported vulnerability. However the Head of Threat Intelligence
at Patchstack reached out to us directly. We were able to communicate directly, 
understand the underlying concerns and he helped us resolve this issue within hours.
Very helpful. Triage team obviously doing their best. Much credit to them.

![](https://secure.gravatar.com/avatar/705330bd08ea993c7eed782d2a1b5c64f709e5c56397d1a7612c8aa7243dfd13?
s=60&d=retro&r=g)

### 󠀁[Smart extra layer of protection for WordPress](https://wordpress.org/support/topic/smart-extra-layer-of-protection-for-wordpress/)󠁿

 [robertozoll](https://profiles.wordpress.org/robertozoll/) 6 de Xuño de 2025 1 
resposta

Patchstack has been a great tool for keeping my WordPress sites secure. I really
like the early vulnerability alerts and the virtual patching feature—it gives me
peace of mind knowing that known issues are blocked even before plugins are officially
updated. It’s lightweight, doesn’t slow down the site, and the dashboard makes it
easy to monitor multiple installations. That said, it’s not a complete security 
suite—so I still use it alongside a firewall. But as a vulnerability monitor and
patching layer, it works very well. Highly recommended.

![](https://secure.gravatar.com/avatar/503e8130a550d1f0ff74d69de7fab67d26c4de6cb167902de471d7fcb93e0c57?
s=60&d=retro&r=g)

### 󠀁[Best support](https://wordpress.org/support/topic/best-support-288/)󠁿

 [Playzare](https://profiles.wordpress.org/playzare/) 13 de Febreiro de 2025 1 resposta

Was talking to their AI support and it automatically switched to human who solved
my issue by herself. Never saw this ! perfect support, perfect tool for security
combined with CF

![](https://secure.gravatar.com/avatar/962d9a5801313f46ec6f0dbd69a12e57da01aa11a3ccf88391ec4eb2bc62b7d1?
s=60&d=retro&r=g)

### 󠀁[Plugin and support is awesome!](https://wordpress.org/support/topic/plugin-and-support-is-awesome-3/)󠁿

 [Sculley](https://profiles.wordpress.org/sculley/) 23 de Xaneiro de 2025 1 resposta

Patchstack is a must have for security. Their support is awesome too!

![](https://secure.gravatar.com/avatar/51f55d5974ff861cb88d8b52880f8c15b7f37150ccbad2f47352878a2c9dc2d1?
s=60&d=retro&r=g)

### 󠀁[Excellent service](https://wordpress.org/support/topic/excellent-service-345/)󠁿

 [John Blackbourn](https://profiles.wordpress.org/johnbillion/) 8 de Xaneiro de 
2025 1 resposta

An excellent and valuable service that's backed by a company that contributes a 
significant amount of resources and money directly back to the WordPress ecosystem.

 [ Ler todas as 62 opinións ](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/)

## Colaboradores e desenvolvedores

“Patchstack – Seguridade para WordPress & plugins” é un software de código aberto.
As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

 *   [ Patchstack ](https://profiles.wordpress.org/patchstack/)

“Patchstack – Seguridade para WordPress & plugins” foi traducido a 7 idiomas. Grazas
[aos desenvolvedores](https://translate.wordpress.org/projects/wp-plugins/patchstack/contributors)
polas súas contribucións.

[Traduce “Patchstack – Seguridade para WordPress & plugins” ao teu idioma.](https://translate.wordpress.org/projects/wp-plugins/patchstack)

### Interesado no desenvolvemento?

[Revisa o código](https://plugins.trac.wordpress.org/browser/patchstack/), bota 
unha ollada ao[repositorio SVN](https://plugins.svn.wordpress.org/patchstack/), 
ou subscríbete ao [log de desenvolvemento](https://plugins.trac.wordpress.org/log/patchstack/)
por [RSS](https://plugins.trac.wordpress.org/log/patchstack/?limit=100&mode=stop_on_copy&format=rss).

## Rexistro de cambios

Para ver o rexistro de cambios do plugin, vai [aquí](https://docs.patchstack.com/patchstack-plugin/changelog/).

## Meta

 *  Versión **2.3.8**
 *  Última actualización **Fai 1 semana**
 *  Instalacións activas **200.000+**
 *  Versión de WordPress ** 5.2 ou superior **
 *  Probado ata **7.0.9**
 *  Versión de PHP ** 5.6 ou superior **
 *  Idiomas
 * [Catalan (Valencian)](https://ca-valencia.wordpress.org/plugins/patchstack/),
   [Dutch](https://nl.wordpress.org/plugins/patchstack/), [English (US)](https://wordpress.org/plugins/patchstack/),
   [French (France)](https://fr.wordpress.org/plugins/patchstack/), [Galician](https://gl.wordpress.org/plugins/patchstack/),
   [German](https://de.wordpress.org/plugins/patchstack/), [Russian](https://ru.wordpress.org/plugins/patchstack/),
   e [Spanish (Spain)](https://es.wordpress.org/plugins/patchstack/).
 *  [Traduce ao teu idioma](https://translate.wordpress.org/projects/wp-plugins/patchstack)
 * Etiquetas
 * [firewall](https://gl.wordpress.org/plugins/tags/firewall/)[security](https://gl.wordpress.org/plugins/tags/security/)
   [vulnerabilities](https://gl.wordpress.org/plugins/tags/vulnerabilities/)[vulnerability](https://gl.wordpress.org/plugins/tags/vulnerability/)
 *  [Vista avanzada](https://gl.wordpress.org/plugins/patchstack/advanced/)

## Valoracións

 4.8 de 5 estrelas

 *  [  58 valoracións de 5 estrelas     ](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/?filter=5)
 *  [  1 valoración de 4 estrelas     ](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/?filter=4)
 *  [  0 valoracións de 3 estrelas     ](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/?filter=3)
 *  [  0 valoracións de 2 estrelas     ](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/?filter=2)
 *  [  3 valoracións de 1 estrelas     ](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/?filter=1)

[A túa valoración](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/#new-post)

[Ver todas as valoracións](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/reviews/)

## Colaboradores

 *   [ Patchstack ](https://profiles.wordpress.org/patchstack/)

## Soporte

Tes algo que dicir? Necesitas axuda?

 [Ver o foro de soporte](https://wordpress.org/support/plugin/patchstack/)