Karl Schnell (xeneral)
Non confundir con Karl-Heinz Schnell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1916 Sprendlingen, Alemaña |
Morte | 13 de febreiro de 2008 (91 anos) |
Bundeswehr Deputy Chief of Defence (en) | |
1973 – 1975 ← Bernd Freytag von Loringhoven – Harald Wust → | |
Deputy Inspector of the Army (en) Deutsches Heer (pt) | |
1 de outubro de 1968 – novembro de 1968 ← Hubert Sonneck (pt) – Hellmut Grashey (pt) → | |
Secretario de Estado | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | oficial |
Carreira militar | |
Rama militar | Luftwaffe e Deutsches Heer (pt) |
Rango militar | major-general (pt) |
Premios | |
Karl Schnell nado o 18 de decembro de 1916 en Sprendlingen e finado o 13 febreiro de 2008, foi un comandante da Wehrmacht na Alemaña nazi, xeneral da Bundeswerhr, Secretario de Estado no Ministerio de Defensa da RFA e Comandante en xefe da OTAN en Europa Central.[1]
Traxectoria
editarServizo na Wehrmacht
editarSchnell participou na batalla de Francia en 1940 como comandante de compañía e foi profesor na escola de artillaría de Jüterbog. De finais do verán de 1942 á primavera de 1943, foi asignado á Fronte Oriental como capitán. Como intendente foi o responsable do abastecemento da 330ª División de Infantaría. Ascendeu a major da 3ª División Panzergrenadier ao sur de Monte Cassino en Italia. En xullo de 1944 asumiu o cargo de Primeiro Oficial do Estado Maior dos LXXVI Panzerkorps en Rímini e foi responsable de sete divisións subordinadas da Wehrmacht. Foi preso o 24 de abril de 1945 polo exército estadounidense. Despois da súa liberación, foi sometido á desnazificación en 1946 e, tras pasar un tempo en dous campos, foi liberado o 17 de maio de 1947.
Carreira civil
editarEstudou finanzas - que comezara en Karlsruhe –, administración de empresas e dereito constitucional en Hamburgo. A súa tese de doutoramento Die Prinzipien der Arbeitsvorbereitung im Industriebetrieb ("Os principios da preparación do traballo nas empresas industriais") foi cualificada cum laude.
Servizo na Bundeswehr
editarEn setembro de 1956 comezou o seu servizo na Bundeswehr e converteuse en oficial asistente responsable da loxística no exército de campaña. Desde febreiro de 1959 foi empregado como agregado do exército na embaixada alemá en Roma e xefe de persoal do agregado militar. De volta na RFA, Schnell fíxose cargo das actividades como coronel do Estado Maior e despois subcomandante da 2. División Panzergrenadier en Marburg. O xefe do Heer entón, Alfred Zerbel nomeouno director de loxística e Xeneral de brigada. En setembro de 1965 e o sucesor de Zerbel, Josef Moll, confioulle a fusión do exército de campaña e da defensa territorial. En novembro de 1968 tomou o mando da 6ª División de Panzergrenadier en Neumünster, seguido do seu primeiro destino na OTAN como Xefe de Persoal Adxunto de Planificación e Operacións. Schnell foi ascendido a Generalleutnant e ía substituír a Ernst Ferber, pero o Ministro de Defensa deulle o cargo de Adxunto Inspector Xeral da Bundeswehr, responsable do equipamento das Forzas Armadas. O 1 de outubro de 1975, Karl Schnell asumiu o cargo de Comandante en xefe das Forzas Aliadas de Europa Central (CINCENT) da OTAN, en substitución do seu predecesor, o xeneral Ferber.[2]
Secretario de Estado
editarO ministro de Defensa Georg Leber decidiu que Schnell sucedese ao Secretario de Estado de Armamento Siegfried Mann. A pesar das discusións e obxeccións, o ministro impúxose e o 11 de xaneiro de 1977 Schnell asumiu o cargo de Secretario de Defensa. A raíz das disputas da política de defensa, houbo un cambio de ministro de Defensa. O seguinte ministro, Hans Apel, non tiña unha boa relación con Schnell e levouno a retirarse do servizo activo en 1980.
Vida persoal
editarEra fillo dun profesor de primaria. Casou con Gisela Witte. Despois da súa xubilación retirouse a Baden-Baden e dedicouse á historia militar, á arqueoloxía e á fotografía; escribiu libros sobre a batalla de Wörth de 1870.
Honras
editar- Cruz de Ferro clase II
- 1972: Gran Cruz do Mérito con Estrela da RFA
- 1979: Gran Cruz do Mérito con Estrela e Cinta da RFA
Notas
editar- ↑ Ángel, Ronald (2022-06-23). "OTAN y sus vínculos con el nazismo". El Ciudadano (en castelán). Consultado o 2022-08-10.
- ↑ "Ernst Ferber. Tutte le informazioni su Ernst Ferber aggiornate 2022". sapientiait.com (en italiano). Consultado o 2022-08-10.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Clemens Range: Die Generale und Admirale der Bundeswehr. Mittler & Sohn, Herford/Bonn 1990, ISBN 3-8132-0350-6.