Peseta †
Peseta en castelán
Código:ESP
Ámbito:España España
Andorra Andorra
Símbolo:Ptas, ₧
Fracción:100 céntimos
Moedas:1, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500 ₧
Billetes:1000, 2000, 5000 e 10000 ₧
Emisor:Banco de España
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 166,386 ESP
Oficial até o 28-02-2002

A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro. A peseta abreviábase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.

Billete de peseta (1951)
Billete de peseta (1953)
Moeda de peseta (1993)

Historia

editar

Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que o termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça.[1] Na Idade Media, designaba ao real de a dous e en 1737, no Diccionario de autoridades castelán, aparece a peseta como «a peza que vale dous reais de prata de moeda provincial, formada de figura redonda. É voz modernamente introducida».[2]

O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869 e, pouco despois, en 1875, apareceu a primeira peseta emitida en papel que seguiu a ser emitida até 1953 polo Banco de España.[3]

A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta convivindo as dúas moedas até o 1 de marzo de 2002 en que peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en España[4] e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 pta, co arredondamento correspondente ó terceiro decimal.

Moedas

editar

Billetes

editar
Penúltima serie (1982-1987)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
    200 pesetas Laranxa 120 × 65 mm Leopoldo Alas Texto de La Regenta. e imaxe dun carballo asturiano
    500 pesetas Azul 129 × 70 mm Rosalía de Castro Texto de Follas Novas e casa da Matanza
    1.000 pesetas Verde 138 × 75 mm Benito Pérez Galdós Texto dos Episodios nacionales e opaisaxe co Teide
    2.000 pesetas[5] Vermello 147 × 80 mm Juan Ramón Jiménez Fragmento do poema Alegría nocturna e Concello de Moguer (Huelva)
    5.000 pesetas Marrón 156 × 85 mm Xoán Carlos I de España Manuscrito asinado e Palacio Real de Madrid
  10.000 pesetas Gris 165 × 85 mm Xoán Carlos I de España e Filipe, príncipe de Asturias Busto e manuscrito asinado de Filipe como Príncipe de Asturias
Última serie (1992)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
    1.000 pesetas Verde 130 × 65 mm Hernán Cortés Francisco Pizarro
  2.000 pesetas Vermello 138 × 68 mm José Celestino Mutis
  5.000 pesetas Marrón 146 × 71 mm Cristovo Colón
  10.000 pesetas Gris 154 × 74 mm Xoán Carlos I de España Jorge Juan y Santacilia
  1. Corbacho (2001), p. 82
  2. Real Academia Española (1737). Diccionario de autoridades Tomo V (en castelán). Madrid: Herederos de Francisco del Hierro. 
  3. Corbacho (2001), p. 83
  4. Corbacho (2001), p. 84
  5. "El retrato de Juan Ramón Jiménez que se perdió para siempre por Víctor Fernández • Mirador de les arts,". Mirador de les arts, (en castelán). 2020-08-24. Consultado o 2023-02-16. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Corbacho, Xesús (2001). O Euro e a construcción europea. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-670-8. 

Outros artigos

editar