Francia (Gl-Francia.ogg pronunciación ) (en francésFrance[ˈfræns] (AFI)fr-France.ogg escoitar), oficialmente República Francesa (Gl-República Francesa.ogg pronunciación ) (en francésRépublique française[ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675.417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.

Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, en Europa Occidental. O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño e Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia Francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da segunda guerra mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais.

Francia, fogar da primeira Declaración dos dereitos do home e do cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas e membro da OTAN.

Artigo destacado

editar

A Selección de fútbol de Francia, controlada pola Federación Francesa de Fútbol membro da UEFA, é o equipo que representa a Francia en tódalas competicións oficiais, fóra de Nova Caledonia e Tahití que posúen as súas propia seleccións recoñecidas pola FIFA. É ademais, xunto con Arxentina, a única seleccións do mundo que gañou a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos, a Copa Confederacións e a súa respectiva Copa Rexional, neste caso a Eurocopa.

Francia foi un dos catro equipos europeos que participou no primeiro Mundial de Fútbol celebrado en Uruguai en 1930 e un dos oito combinados que o conseguiron gañar, xa que acadou a vitoria en 1998 sendo a selección anfitrioa. Francia tamén gañou dous Campionatos de Europa da UEFA, a primeira en 1984, liderados polo Balón de Ouro Michel Platini, e a mais recente no ano 2000, da man de Zinedine Zidane. Francia mantén unha rivalidade cos seus veciños de Italia dende o seu primeiro encontro en 1910, por un tempo esquecida, mais retomada polas circunstancias relacionadas coa expulsión de Zidane na final do Campionato do Mundo de 2006.

Cidade destacada

editar

París (en francés Paris Fr-Paris.oga [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo. A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2.181.371 habitantes (2006). Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11.174.740 habitantes (1999).

A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa. Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano. Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Xoana de Arco (francés: Jeanne d'Arc), nada o 5 ou o 6 de xaneiro de 1412 en Domrémy-la-Pucelle, un pequeno poboado sito no departamento francés de Vosgos, e finada o 30 de maio de 1431 en Ruán, tamén coñecida como a Doncela de Orleáns (ou, en francés, la Pucelle d'Orléans), foi unha heroína, militar e santa francesa. A súa festividade conmemórase o día da súa morte, o 30 de maio, como é tradición na Igrexa católica.

Nada entre 1407 e 1412, con 17 anos encabezou ao exército real francés. Estas campañas revitalizaron a facción de Carlos VII durante a guerra dos Cen Anos e permitiron a coroación do monarca. Como recompensa, o rei absolveu a Domrémy, pobo natal de Xoana, de pagarlle o imposto anual a coroa (esta lei estivo en vigor ata hai cen anos). Os borgoñóns capturaron a Xoana e entregárona aos ingleses. Os clérigos condenárona por herexía e o duque Xoán de Lancaster queimouna viva en Ruán. A gran maioría de datos sobre a súa vida baséanse nas actas dese proceso, pero están en certa forma provistos de descrédito, pois segundo diversas testemuñas do xuízo, estiveron cheos de correccións e datos falsos introducidos por orde do bispo Pierre Cauchon.

Vinte e cinco anos logo da súa condena, o rei Carlos VII instigou á Igrexa a que revisase aquel xuízo inquisitorial. Á morte de Nicolao V, foi elixido papa o español Calisto III (Alfonso de Borja) o 8 de abril de 1455, e foi el quen dispuxo que se reabrise o proceso. A súa inocencia foi recoñecida ese mesmo ano nunha apelación do xuízo. Finalmente, xa no século XX, foi beatificada en 1909 polo papa Pío X e posteriormente declarada santa en 1920 polo papa Bieito XV. Ese mesmo ano, foi declarada como a santa patroa de Francia.

Popularmente, Xoana de Arco é contemplada por moitas persoas como unha muller notable: valente, vigorosa e cunha grande fe. Hoxe en día é obxecto de especial interese na República de Irlanda, Canadá, Reino Unido e Estados Unidos. No movemento do Escultismo é a Santa Patroa dos guidistas.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

Louis Pasteur.

Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (6)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons