Windhoek
Windhoek é a capital e a cidade máis importante de Namibia, con preto de 290.000 habitantes. Importante centro de comercio de coiros de ovella, Windhoek era orixinariamente residencia dun xefe do grupo nama, que desprazara os habitantes herero da rexión no século XIX. Alemaña ocupou a zona en 1885, e a localidade converteuse na sede do goberno colonial en 1892, como capital da colonia da África do Suroeste. Durante a primeira guerra mundial Windhoek foi tomada por tropas surafricanas.
Windhoek (en) Windhoek (af) Windhuk (de) Otjomuise (hz) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Namibia | ||||
Rexión | Khomas | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 431.000 (2020) (83,97 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.133.000.000 m² | ||||
Altitude | 1.650 m | ||||
Creación | 1840 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Sade Gawanas (pt) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 61 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vantaa Brazzaville Douala Harare Trossingen (pt) Otjiwarongo (pt) Wetzlar Shanghai (1996–) Richmond (1998–) Bremen (2000–) Berlín (2000–) Gaborone (2001–) A Habana (2001–) Nanjing (2015–) San Antonio (2016–) Xohanesburgo (2018–) Kadoma (pt) (2018–) | ||||
Páxina web | windhoekcc.org.na | ||||
Xeografía
editarA cidade está asentada nun altiplano semidesértico a algo máis de 1.600 metros sobre o nivel do mar. O clima é seco e temperado, con temperaturas medias que oscilan entre 7 °C e 21 °C en xuño e xullo e entre os 18 °C e 31 °C en decembro (pola súa situación austral verán e inverno están invertidos respecto do hemisferio norte), aínda que se teñen rexistrado mínimas de -4 °C e máximas de 36 °C.
Historia
editarA cidade é tradicionalmente coñecida con dous nomes indíxenas: Ai-Gams para os namas (nome que alude aos mananciais de augas quentes que en tempos formaban parte da cidade) e Otjomuise (que significa "sitio de vapores") para os herero.
Os primeiros asentamentos en Windhoek debéronse ás augas das fontes termais ou caldas. A mediados do século XIX o capitán Jan Jonker Afrikaner radicouse cerca dunha das principais caldas, situada na actual Klein-Windhoek, un suburbio rico da cidade.
Hai diversas teorías sobre como Ai-Gams/Otjomuise chegou ao nome actual. A maioría explica o topónimo como derivado do termo afrikaans Wind-Hoek, que significa "ángulo ou esquina ventosa". Cóidase que os afrikaner puxéronlle tal nome en lembranza do Monte Windhoek, en Tulbagh, en Suráfrica, de onde procedían os primeiros colonos surafricanos. Daquela Windhoek era o punto de contacto entre os namas, dirixidos por Jan Jonker Afrikaner, e os hereros.
En Windhoek, os surafricanos construíron unha igrexa, que foi usada tamén como escola. Dous misioneiros renanos, Hugo Hahn e Heinrich Kleinschmidt, comezaron o seu labor alí nos anos da década de 1840. Creáronse xardíns e durante certo tempo Windhoek prosperou, mais a guerra entre namas e hereros levou á destrución da cidade. En xuño de 1885, un botánico suízo anotou que no lugar só se encontraban chacais e faraone esfameados, entre árbores con froitas descuidadas.
No 1878, os británicos apoderáronse de Walvis Bay e incorporárona ao Cabo de Boa Esperanza en 1884, mais o Reino Unido non estaba interesado en estender a súa influencia na África suroccidental. Unha reclamación dos negociantes de Luderitzbucht acabou cunha declaracióne de protectorato alemán sobre África do Suroeste no mesmo ano de 1884. A colonia alemá foi posta en marcha coa determinación dos seus confíns en 1890 e desde Alemaña foi enviado un destacamento militar, o chamado Schutztruppe (tropas de protección), ás ordes do maior Curt von François. Von François despregou a súa gornición en Windhoek, situada estratexicamente entre os namas e os hereros. As doce fontes termais fornecían a auga para consumo humano e para cultivos.
A actual Windhoek foi fundada o 18 de outubro de 1890, cando Von François puxo a primeira pedra do forte, hoxe chamado Alte Feste (Vella Fortaleza). Nos catorce anos seguintes Windhoek medrou lentamente, só foron erguidos os edificios gobernativos e privados considerados esenciais. En Klein-Windhoek, as parcelas foron alugadas a colonos, que principiaron a cultivar, en pequena escala, froita e tabaco e a criar gando bovino.
Despois de 1907 acelerouse o desenvolvemento da cidade mercé á inmigración desde o resto do país e mesmo do exterior. Houbo tamén unha forte afluencia de colonos occidentais provenientes na maioría de Alemaña e Suráfrica. Foron abertas áreas comerciais ao longo da Kaiser Strasse, hoxe denominada Independence Avenue, e no cordal montañoso que domina a cidade cos seus tres baluartes.
O período colonial alemán chegou a súa fin durante a primeira guerra mundial, cando as tropas surafricanas, en maio de 1915, ocuparon Windhoek por conta da Gran Bretaña. Nos seguintes cinco anos un goberno militar administrou Namibia. O desenvolvemento de Windhoek e do país en xeral atinxíu un estancamento. Logo da segunda guerra mundial o desenvolvemento de Windhoek retomou velocidade, en tanto houbo capitais dispoñíbeles para mellorar o clima económico. Despois de 1955 emprendéronse grandes proxectos públicos, como a edificación de novas escolas e hospitais, asfaltado de rúas urbanas (iniciado en 1928), e a construción de dique e condutos para asegurar o abastecemento de auga.
Coa independencia de Namibia respecto do vello réxime colonial surafricano do apartheid, no 1990, a cidade experimentou novos aires de cambio que levaron a un medrío acelerado. Windhoek se converteu en sede do primeiro goberno democraticamente electo da República de Namibia, dirixido polo presidente Sam Nujoma.
Comunicacións
editarBoa parte da rede viaria da cidade está asfaltada (arredor de 500 km). Liñas de autobuses públicos serven de comunicación interna.
Windhoek ten dous aeroportos: o Aeroporto Eros, na periferia, para avións de porte menor, e mais o Aeroporto Internacional Windhoek Hosea Kutako, a 45 km ao leste da cidade. Diversas compañías aéreas estranxeiras operan voos desde e para Windhoek. Hai aínda dispoñibilidade para voos charter e alugueiro de helicópteros e aparatos aéreos diversos.
Sitios de interese
editarEntre os lugares de interese cultural e turístico de Windhoek cómpre enumerar:
- A igrexa de Cristo, luterana, que data de 1910,
- A catedral católica de Santa María, construída en 1908.
- A estatua ecuestre coñecida como Südwester Reiter (O cabaleiro do suroeste),
- O Alte Feste (Forte Vello"), que contén o Museo Nacional de Namibia.
- O Museo Trasnamibio, na antiga edificación da antiga e histórica estación de ferrocarril.
- O Tintenpalast, na Robert Mugabe Avenue, que acolle o Parlamento de Namibia,
- Os tres barrios de Heinitzburg, Schwerinsburg e Sanderburg.
Galería de imaxes
editar-
Vista de Windhoek
-
Igrexa luterana de Cristo
-
Estación principal
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Windhoek |