A ciencia ten nome de muller
A ciencia ten nome de muller é unha exposición itinerante que buscaba homenaxear as mulleres que loitaron pola ciencia e polos seus dereitos.
Rematouse de preparar no verán de 2004. O traballo foi realizado a partir da idea orixinal do autor, e o xerme do traballo previo "As Mulleres na Ciencia", presentado na VI Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga de Ribadeo (ano 2000) por Nelly Bouso Gasalla, Mari Carmen Cancio Mesa, Lorena Navarro Pérez e Vanesa Rodríguez Rodríguez. Coa creación do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, pasou a depender deste novo centro.
Como era a situación das mulleres
[editar]Ó longo da historia, a situación das mulleres na sociedade variou co tempo e a cultura na que estaban inmersas. A ciencia non foi unha excepción neste sentido, e pódese notar que non sempre foi a mellor co paso do tempo. Parece ser que as mulleres sumerias (uns 2000 anos a.C.) podían practicar a astronomía, en relación cos cultos da época. Mentres, hai dous séculos tiñan dificultade para desenvolver un labor parello, a pesar de que na astronomía nunca estiveron tan mal miradas como noutras ciencias.
Ó comezo da Idade Media as mulleres podían exercer a medicina. Logo foron separadas desta ciencia en occidente, continuando máis tempo nos reinos mahometanos. Así unha tradición de antes do Imperio Romano, onde unha boa parte das fillas dos homes influentes practicaban a medicina, rompíase ó observar que unha das referencias biográficas citadas foi xulgada e condenada un milenio despois sinxelamente por curar.
As mulleres dedicadas a unha tarefa científica foron poucas e pouco visibles en tódolos países e en tódalas épocas. Sirva como exemplo que Sánchez Ron, no seu libro sobre historia da ciencia en España nos séculos XIX e XX, cita só catro mulleres en tarefas científicas (seis se se considera a Marie Curie e Lise Meitner, estranxeiras) entre máis de mil nomes.
Porén, é evidente que as mulleres, ó longo da historia, e pola propia división de traballo na sociedade, foron protagonistas na química ou na farmacoloxía, por poñer dous exemplos, polo seu uso do lume e transformacións químicas na cociña e o seu labor de recollida de plantas. Atopamos ademais moitas veces unha polémica sobre autorías ou descubrimentos debido ó segundo plano no que se atopou a muller na historia. Así, mentres que coñecemos a actividade dalgunhas mulleres a través do testemuño do seu marido, tamén nunha morea de casos houbo invencións e descubrimentos de mulleres que ficaron atribuídos a través da historia a homes, con pequena proporción de casos á inversa.
Listaxe de biografías
[editar]A elección das biografías é baseada tanto na importancia que se lle asigna no mundo científico como na facilidade para achegar os datos; quere isto dicir que seguramente hai moitas mulleres ausentes deste traballo con máis méritos que algunha das que están presentes.
Na seguinte táboa exponse unha data aproximada nos casos nos que se descoñece a data exacta de nacemento. A clasificación nas diversas disciplinas é aproximada. Para o país anótase en xeral aquel onde desenvolveu o seu traballo máis relevante.
Nome | Materia | Nacemento | País |
Maria Gaetana Agnesi | matemáticas | 1718 | Italia |
Amparo Alonso Betanzos | informática | 1961 | España |
María Josefa Alonso Fernández | farmacoloxía | 1958 | España |
María de los Ángeles Alvariño | bioloxía mariña | 1916 | España - Reino Unido - Estados Unidos |
Mary Anning | paleontoloxía | 1799 | Estados Unidos |
Carmen Ascaso | bioloxía | 1949 | España |
María Barbeito | pedagoxía | 1880 | España |
Sandra Barral | xenética | 1973 | España - Estados Unidos |
Laura Bassi | medicina | 1711 | Italia |
Ruth Benedict | antropoloxía | 1887 | Estados Unidos |
Pilar Bermejo Barrera | química | 1956 | España |
Elizabeth Blackwell | medicina | 1821 | Reino Unido |
Sophia Brahe | astronomía | 1556 | Dinamarca |
Celia Brañas | incorporación da muller ao estudo das ciencias en España | 1880 | España |
Emilie de Breteuil | física | 1706 | Francia |
Elisabeth Knight Britton | bioloxía | 1858 | Estados Unidos |
María Tarsy Carballas Fernández | edafoloxía | 1934 | España |
Josefina Castellón | bioloxía e oceanografía | 1936 | España |
Margaret Cavendish | física | 1623 | Reino Unido |
Jane Colden | botánica | 1724 | Estados Unidos |
Gerthy Radnitz Cori | medicina | 1863 | Estados Unidos |
Dorothy Crowfoot | química | 1910 | Reino Unido |
Maria Cunitz | astronomía | 1610 | Alemaña |
Marie Curie | física | 1867 | Francia |
María Domínguez Castellano | bioloxía | 1966 | España |
Beatriz Domínguez-Gil González | medicina | 1971 | España |
Louise du Pierry | astronomía | 1746 | Francia |
Jeanne Dumee | astronomía | 1660 | Francia |
Goretti Durán Piñeiro | farmacia | ? | España |
Ellen Eglui | inventora | 1800 | Estados Unidos |
Dorothea Christiane Erxleben | medicina | 1715 | Alemaña |
Alicia Estévez Toranzo | microbioloxía | 1955 | España |
Gertrude Elion | bioquímica | 1918 | Estados Unidos |
Jacoba Felice | medicina | 1300 | Francia |
Jimena Fernández de la Vega | medicina | 1895 | España |
Williamina Fleming | astronomía | 1857 | Estados Unidos |
Dian Fossey | bioloxía | 1932 | Estados Unidos |
Rosalind Franklin | bioloxía | 1920 | Reino Unido |
Jane Goodall | bioloxía | 1934 | Reino Unido |
Maria Göppert-Mayer | física | 1906 | Alemaña |
Catherine Green | inventora | 1800 | Estados Unidos |
Caroline Lucretia Herschel | astronomía | 1750 | Alemaña |
Hipatia | astronomía | 370 | Exipto |
Irène Joliot-Curie | química | 1897 | Francia |
Annie Jump Cannon | astronomía | 1863 | Estados Unidos |
Maria Margaret Kirch | astronomía | 1670 | Alemaña |
Margaret E. Knight | inventora | 1838 | Estados Unidos |
Sofia Kovalewska | matemáticas | 1850 | Rusia |
María Jesús Lamas | farmacia | ? | España |
Mary Leakey | antropoloxía | 1913 | Reino Unido |
Lefebre | inventora | 1750 | Francia |
Nicole-Reine Lepaute | astronomía | 1723 | Francia |
Rita Levi-Montalcini | neuroloxía | 1909 | Italia |
Ada Augusta Lovelace | matemáticas | 1815 | Reino Unido |
Mileva Marić | matemáticas | 1875 | Serbia |
Sybilla Masters | inventora | 1690 | Estados Unidos |
Sarah Mather | inventora | 1845 | Estados Unidos |
Barbara McClintock | bioloxía | 1902 | Estados Unidos |
Lise Meitner | física | 1878 | Alemaña |
Maria Mitchell | astronomía | 1818 | Estados Unidos |
Soledad Muniategui Lorenzo | química, medio ambiente | 1962 | España |
Mary Wortley Montagu | divulgación | 1718 | Reino Unido |
Florence Nightingale | enfermaría, estatística | 1820 | Reino Unido |
Emmy Noether | matemáticas | 1882 | Alemaña |
Christiane Nüsslein-Volhard | bioloxía | 1942 | Alemaña |
Ana María Prieto | informática | 1942 | España |
Malén Ruiz de Elvira | divulgación | 1950 | España |
Margarita Salas | bioloxía | 1938 | España |
Caterina Scarpellini | meteoroloxía | 1808 | Italia |
Mary Somerville | divulgación | 1780 | Reino Unido |
Nettie Stevens | bioloxía | 1862 | Estados Unidos |
Rosalyn Sussman | medicina | 1921 | Estados Unidos |
Janet Taylor | astronomía | 1804 | Reino Unido |
Jeanne Villepreux-Power | bioloxía | 1794 | Francia |
Matilde Ucelay Maortúa | arquitectura | 1912 | España |
Mary Walker | medicina | 1832 | Estados Unidos |
Mary Walton | inventora | 1800 | Estados Unidos |
Lidia White | botánica | 1822 | Estados Unidos |
María Wonenburger | matemáticas | 1927 | España - Estados Unidos - Canadá |
Ada Yonath | cristalografía | 1939 | Israel |
Actualidade e futuro
[editar]A demanda mundial de maior innovación e produtividade require os mellores coñecementos e habilidades sen ter en conta o sexo, aínda que polo momento se arrastren lacras de discriminación.
No ano 1984 creouse nos EEUU o Women Into Science and Engineering (W.I.S.E.), grupo que anima as rapazas a optar polas carreiras de ciencia e tecnoloxía, incluíndo áreas como medio ambiente, medicina, comunicacións e aeronáutica. W.I.S.E. está axudando a divulgar a mensaxe de que, home ou muller, o mérito individual debe ser a única medida para o recoñecemento e polo tanto para o avance profesional. Aínda hoxe, na súa páxina web (http://www.science-engineering.net/women_engineering.htm) o título principal é un 'chamamento a tódalas mulleres' que fai ver as oportunidades que se ofrecen no campo da ciencia e tecnoloxía.
Outros grupos semellantes seguen o seu camiño: proliferan sociedades de mulleres científicas ou enxeñeiras, e outras que tratan temas máis xerais, como a “Women In Tecnology International” (WITI), asociación de máis de 6000 membros que crece rapidamente e dedicada a axudar a independencia económica das mulleres, promover a elección de carreiras científicas e técnicas, e as mulleres en traballos executivos son acompañadas por asociacións máis particulares ou seccións de agrupacións para a promoción da muller no seu interior. Como un exemplo, na páxina web http://www.archsoc.com/kcas/ArchWomen.html trátase de responder á pregunta: 'É a arquitectura unha boa ocupación para as mulleres?'
Por outra parte, a nivel internacional organismos como a Axencia Internacional de Enerxía Atómica (A.I.E.D) intentan incrementar a porcentaxe de mulleres no seu seo, correspondendo con outras entidades a nivel nacional e coordinacións internacionais como o Programa da UNESCO 'Mulleres, ciencia e desenvolvemento'
Dentro do movemento mundial de valorización da muller, téñense comprendido, tanto a nivel corporativo como individual, as oportunidades mutuas que ofrecen as mulleres para a ciencia e a ciencia para as mulleres, aínda que se teña mediatizado o seu natural desenvolvemento por residuos antifeministas absurdos. Dende hai xa anos unha porcentaxe nada desprezable de estudantes de enxeñería son mulleres que perseguirán traballos de responsabilidade e ben pagados, como técnicas e enxeñeiras en investigación, desenvolvemento, deseño, análise, manufactura… mentres, as carreiras científicas, aínda que con diferenzas entre unhas e outras, teñen xa equiparado o número de estudantes de ambos sexos.
Non obstante, o mesmo que pasa ó contemplar a historia, todo este movemento non é uniforme, dependendo de factores xeográficos e políticos, relixiosos ou económicos que se mesturan con outros de diferente tipo social. Aínda que a través do século XX os avances para a equiparación dos sexos, e particularmente no campo da ciencia, foron grandes, vese que a distribución de postos ocupados por mulleres na ciencia varía segundo o nivel acadado. A equiparación está pois pendente.
Percorrido da exposición
[editar]- 17-19 de novembro de 2004: IES nº1 de Ribeira (XVII Congreso de EnCiGa);
- 15-28 de febreiro de 2005: IES As Telleiras de Narón;
- 1-15 de marzo de 2005: IES Campo San Alberto de Noia. Charla sobre a exposición o 15 de marzo;
- 18-23 de abril de 2005: IES Porta da Auga de Ribadeo (XI Feira da Ciencia e Tecnoloxía);
- 1-15 de maio de 2005: IES Concepción Arenal de Ferrol;
- 30 de maio-15 de xuño de 2005: Oficina de Turismo de Ribadeo;
- 17 de outubro-11 de novembro de 2005: IES Agra do Orzán da A Coruña|Coruña;
- 12-30 de novembro de 2005: Forum Metropolitano da Coruña;
- 1-22 de decembro de 2005: IES Paseo das Pontes da Coruña;
- 10-30 de xaneiro de 2006: IES Urbano Lugrís da Coruña;
- 10 de febreiro-3 de marzo de 2006: IES Ames de Bertamiráns, Ortoño, Ames|Bertamiráns;
- 6 de marzo-7 de abril de 2006: Colexio Calvo Sotelo da Coruña;
- 21-22 de abril de 2006: Servizo Galego de Igualdade, Santiago de Compostela;
- 9-12 de maio de 2006: Edificio "Comarca da Mariña Occidental" de Viveiro;
- 5-19 de marzo de 2007: CIM de Cangas;
- 9-23 de novembro de 2007: Concello de Vedra (1ª Semana da Ciencia "Con-ciencia");
- 19 de abril-9 de maio de 2008: IES Campo San Alberto de Noia; (proxecto europeo "Women in Science");
- 1 de novembro-30 de novembro de 2013: Concello de Vigo;
- 9-13 de marzo de 2015: Escola Politécnica Superior-USC. (RÚA BENIGNO LEDO S/N 27002 LUGO)
- 5-23 de marzo de 2018: CEP Carlos Casares (Alxén, Salvaterra, Pontevedra)
Próximas
Notas
[editar]Traballo realizado a partir da idea orixinal do autor e o xerme do traballo previo “As Mulleres na Ciencia”, presentado na VI Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga de Ribadeo (ano 2000) por Nelly Bouso Gasalla, Mari Carmen Cancio Mesa, Lorena Navarro Pérez e Vanesa Rodríguez Rodríguez.
Foi usada como base bibliográfica http://wikipedia.org en diferentes linguas. A partir de aí, comprobouse, modificouse e ampliouse coa consulta de outras fontes particulares ou de tipo xeral, entre elas:
- http://inventors.about.com/
- http://search.eb.com/women/articles/
- http://www.mec.es/cide/publicaciones/textos/col151/col15102.pdf
- http://web.clas.ufl.edu/users/rhatch/pages/03-Sci-Rev/SCI-REV-Home/sr-women/05-sr-women%20of%20learning%20-%20long.html
- http://www.engineering.usu.edu/ece/faculty/furse/TUTORIAL/women/women%20in%20engineering.PPT
- http://users.erols.com/njastro/barry/pages/womenbio.htm
- http://www.hven.com/EUBORG3.html
- http://www.geometry.net/scientists/kovalevskaya_sofia.php
- http://www.clas.ufl.edu/users/rhatch/pages/
- http://www.undelete.org/disco/discovhery.html
- http://www.nodo50.org/mujeresred/ciencia.htm
- http://www.edualter.org/material/mujer/ustec.htm
- http://www.cientec.or.cr/mhonarc/boletincientec/doc/msg00144.shtml
- http://www.irbs.com/lists/navigation/0205/0052.html
- http://www.pr.mq.edu.au/events/index.asp?ItemID=1468
- http://assets.cambridge.org/0521772044/frontmatter/0521772044_frontmatter.pdf
- http://ngeorgia.com/people/walker.html
- http://www.campus-oei.org/revistactsi/numero2/varios2.htm
- http://www.cosmovisions.com/index.html
- http://www.saintmarksschool.org/public/library/webliographies/pages/femsci.htm
- http://www.womenandsociety.buffalo.edu/mainpage.htm
- http://www.engineering.usu.edu/ece/faculty/furse/TUTORIAL/women/women%20in%20engineering.PPT
- http://europeanhistory.about.com/cs/laurabassi/
- http://www.mtholyoke.edu/lits/library/arch/col/msrg/mancol/ms0585r.htm
- http://users.skynet.be/radoux/textes/mathfem.pdf
- http://www.mscd.edu/~mdl/gerresources/frauen/mmkirch.htm
- http://www.almaz.com/nobel/
- http://encyclopedia.thefreedictionary.com/Mary%20Anning
- Incluíndo a seguinte bibliografía en papel
- Messadié, G., Grandes descubrimientos de la ciencia, Alianza Editorial, Madrid 2000.
- Messadié, G., Grandes inventos del mundo moderno, Alianza Editorial, Madrid 2000.
- Pardo, J., Zapatos para el pie izquierdo, Ediciones Temas de Hoy S.A., Madrid 1998
- Ruiz de Elvira, M., ¡Eureka!, Ediciones Temas de Hoy S.A., Madrid 1999
- Sánchez Ron, J.M., Cincel, martillo y piedra, Santillana, Madrid 1999.
O material aquí presentado mantén a licenza e dereitos de copia especificados na GNU Free Documentation License, e está a disposición na http://gl.wikipedia.org , accesible dende o apartado “A ciencia ten nome de muller”. Existe unha presentación informática realizada con este material e está en preparación un libro co mesmo título.
Feito con orzamento do proxecto Science Fairs Throughout Europe (SFTE), Programa Sócrates – Comenius I da Unión Europea, nº 03-ESP01-S2C01-01308-2.