3 de abril
Aparencia
<< | Abril | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | |||||
2024 Todos os días |
Ficheiro:Jane_Goodall_HK.jpg
O 3 de abril é o 93º día do ano do calendario gregoriano e o 94º nos anos bisestos. Quedan 272 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1870 - Descóbrese a galaxia NGC 2912, na constelación de Leo.
- 1905 - Na Arxentina fúndase o Club Atlético Boca Juniors.[1]
- 1932 - O Real Madrid proclámase gañador da súa primeira Liga española de fútbol.[2]
- 1934 - Créase Izquierda Republicana (IR), partido político español republicano de esquerdas.
- 1938 - Afúndese o DS Rokta, navío noruegués, falecendo seis mariñeiros, a metade da tripulación.
- 1966 - O Atlético de Madrid proclámase campión da súa quinta Liga española de fútbol.[3]
- 1970 - José Manuel Ibar Aspiazu (Urtain) proclámase campión europeo dos pesos pesados.[4]
- 1972 - Lyudmila Chernykh descobre o asteroide (2142) Landau.
- 1979 - Teñen lugar as eleccións municipais de 1979, as primeiras democráticas despois do franquismo.
- 1982 - Guerra das Malvinas: a bandeira arxentina ondea sobre as illas.
- 1984 - Golpe de estado en Guinea. Lansana Conté ocuparía a presidencia.
- 1985 - Estréase a película arxentina La historia oficial, gañadora dun Óscar e dun Globo de Ouro.
- 2001 - O fotoxornalista brasileiro Sebastião Salgado é nomeado representante especial da UNICEF.
- 2003 - Nun Hospital de Madrid unha médica ataca cun coitelo a dez persoas, causando a morte a tres.[5]
- 2004 - Sospeitosos dos atentados do 11 de marzo fan estoupar un piso de Leganés.
- 2005 - Fernando Alonso gaña o Gran Premio de Bahréin de Fórmula 1.
- 2007 - Comeza en Valencia a 32ª edición da Copa América de vela.
- 2009 - Arantza Quiroga Cía é nomeada presidenta do Parlamento Vasco.
- 2009 - Estréase nos Estados Unidos o filme Fast & Furious.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1367 - Henrique IV de Inglaterra, rei (m. 1413).
- 1857 - Dolors Aleu Riera, médica catalá (m. 1913). Foi a primeira muller licenciada en medicina en España, en 1882.
- 1862 - Antonio Correa Fernández, médico, escritor e xornalista galego (m. 1907).
- 1870 - Xosé Gil y Gil, fotógrafo e cineasta galego (m. 1937).
- 1881 - Alcide De Gasperi, político italiano (m. 1954).
- 1895- Eugenia Pereira, farmacéutica galega (m. 1984)
- 1902 - Reinhard Gehlen, militar alemán (m. 1979)
- 1915 - Piet de Jong, primeiro ministro dos Países Baixos
- 1916 - Herb Caen, xornalista estadounidense (m. 1997)
- 1922 - José Hierro, poeta español (m. 2002).[6]
- 1924 - Marlon Brando, actor estadounidense (m. 2004).[7]
- 1924 - Iuri Nagibin, xornalista, escritor e guionista ruso (m. 1994).
- 1930 - Helmut Kohl, foi chanceler de Alemaña.
- 1931 - Claudio Movilla, en Castro Caldelas, xuíz (m. 1998).
- 1932 - Frei Xosé Gómez, relixioso galego bispo de Lugo (m. 2008).
- 1934 - Jane Goodall, primatóloga, etóloga e antropóloga británica.
- 1937 - Victorino Gutiérrez Aller, notario e escritor galego.
- 1946 - Marisa Paredes, actriz española.
- 1948 - Georg Schwarzenbeck, futbolista alemán.
- 1949 - Xosé Lois González Vázquez, debuxante galego.
- 1952 - Kiko Veneno, músico español.
- 1956 - Miguel Bosé, cantante e actor hispano-italiano.
- 1956 - Eduardo Zaplana, expolítico español, entre outros cargos ocupou o Ministerio de Traballo.[8]
- 1958 - Alec Baldwin, actor norteamericano.[7]
- 1961 - Eddie Murphy, actor norteamericano.[7]
- 1972 - Ángeles Vázquez Mejuto, política galega.
- 1977 - César Martín, futbolista español.
- 1985 - Leona Lewis, cantante de R&B británica.[7]
- 1989 - David Añón González, futbolista coruñés.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1055 - Idris II, rei de Málaga (n. 1030).
- 1287 - Honorio IV, papa (n. 1210).
- 1682 - Bartolomé Esteban Murillo, pintor español (n. 1617).
- 1783 - Manuel Ventura Figueroa, político e eclesiástico galego (n. 1708).
- 1857 - Federico Roncali, militar e político español (n. 1809).
- 1862 - James Clark Ross , oficial naval e explorador británico (n. 1800).
- 1882 - Jesse James, bandoleiro estadounidense (n. 1847).[9]
- 1897 - Johannes Brahms, compositor alemán (n. 1833).[9]
- 1909 - Pascual Cervera y Topete, almirante da Armada española (n. 1839).
- 1932 - Wilhelm Ostwald, alemán, premio Nobel de Química en 1909 (n. 1853).
- 1943 - Conrad Veidt, actor alemán (n. 1893).[9]
- 1969 - Álvaro Carrillo, compositor mexicano (n. 1921).[9]
- 1979 - Erich Rademacher, nadador alemán (n. 1901).
- 1991 - Graham Greene, escritor e xornalista inglés (1904).
- 1992 - Juan García Hortelano, escritor español (n. 1928).[9]
- 1995 - Gracita Morales, actriz española (n. 1928).[9]
- 1997 - Christian von Maltzahn, activista alemán do movemento LGBT.
- 1998 - Wolf Vostell, artista alemán.
- 2015 - Pedro del Hierro, deseñador e modisto español (n. 1948).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Ricardo de Chichester, bispo.
Os 366 días do ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina oficial de Boca Juniors Arquivado 06 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Artigo no xornal ABC (en castelán).
- ↑ La web de los periodistas del Atleti Arquivado 08 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Urtain agotó el AS..., artigo no xornal As (en castelán).
- ↑ La doctora Noelia de Mingo pasará hasta 25 años en un psiquiátrico, artigo no xornal ABC (en castelán).
- ↑ Centro Virtual Cervantes (en castelán).
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Persoeiros que cumpren anos o 3 de abril segundo IMDb (en inglés).
- ↑ "Carné de identidad" nun artigo do xornal El País (en castelán).
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Persoeiros falecidos en 3 de abril segundo IMDb (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 3 de abril |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enciclopedia Universal Micronet S.A., 1995-2006 (en castelán).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- On this Day en The New York Times (en inglés).
xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro