9 de setembro
Aparencia
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 9 de setembro é o 252º día do ano do calendario gregoriano e o 253º nos anos bisestos. Quedan 113 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1543: na vila de Stirling, (no centro de Escocia) María Estuardo, aos nove meses de vida, é oficialmente coroada «raíña dos escoceses».
- 1948: creada a República Popular Democrática de Corea.
- 1976: accidente ferroviario en Rande (Redondela)[1]. O expreso 2745 Santiago de Compostela-Vigo chocou cunha locomotora. O balance oficial do accidente foi de 15 persoas mortas e 35 feridas, se ben outras fontes sinalaron vinte mortos[2].
- 1981: o Guernica, de Picasso, regresa a España tras 42 anos de exilio en Nova York.
- 1999: lanzouse o Sega Dreamcast en América do Norte.
- 2016: accidente ferroviario na estación do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrila e deixa tres mortos e máis de cen feridos.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1585 - Cardeal Richelieu, primeiro ministro do rei de Francia Lois XIII (m. 1642).
- 1737 - Luigi Galvani, médico, fisiólogo e físico italiano (m. 1798).
- 1828 - Lev Tolstoi, escritor e filósofo ruso (m. 1910).
- 1872 - Xesús San Luís Romero, escritor, dramaturgo e político galego (m. 1966).
- 1905 - Alfredo Gómez Ollero, militar e maquis galego (m. 1943).
- 1908 - Cesare Pavese, escritor e poeta italiano (m. 1950).
- 1918 - Oscar Luigi Scalfaro, presidente de Italia (m. 2012).
- 1922 - Hans Georg Dehmelt, físico estadounidense de orixe alemá, Premio Nobel de Física en 1989.
- 1926 - Emilio Álvarez Negreira, xornalista e poeta galego (m. 2002).
- 1931 - Xosé Luís Allué Andrade, científico, profesor e escritor galego.
- 1932 - Javier Tomeo, escritor e dramaturgo español (m. 2013).
- 1941 - Otis Redding, músico de soul estadounidense (m. 1967).
- 1949 - Susilo Bambang Yudhoyono, político e presidente da Indonesia.
- 1952 - Angela Cartwright, actriz británica.
- 1960 - Hugh Grant, actor británico.
- 1965 - MC Shan, rapeiro norteamericano.
- 1965 - Jesús Vázquez, modelo e presentador de televisión galego.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1087 - Guillerme I, rei de Inglaterra (n. 1027).
- 1438 - Duarte I, rei de Portugal (n. 1391).
- 1898 - Stéphane Mallarmé, poeta francés (n. 1842).
- 1901 - Henri de Toulouse-Lautrec, pintor, impresor e ilustrador francés (n. 1864).
- 1923 - Hermes da Fonseca, militar e presidente do Brasil (n. 1855).
- 1976 - Mao Tse Tung ou Mao Zedong, dirixente do Partido Comunista Chinés e presidente da China (n. 1893).
- 1976 - Gumersindo Sánchez Guisande, médico e catedrático galego (n. 1894).
- 1981 - Jacques Lacan, psicanalista francés (n. 1901).
- 1984 - Yılmaz Güney, director de cine, guionista e escritor (n. 1937).
- 1990 - Nicola Abbagnano, filósofo existencialista italiano (n. 1901).
- 2003 - Edward Teller, físico estadounidense de orixe húngara (n. 1908).
- 2010 - Bent Larsen, xadrecista dinamarqués (n. 1935).
- 2014 - Montserrat Abelló, poeta e tradutora catalá (n. 1918).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santo Tomé de Vilanova.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El trágico accidente ferroviario de Rande", La Vanguardia, 10 de setembro de 1976 (en castelán).
- ↑ "Veinte muertos en un accidente ferroviario, en Vigo", El País, 10 de setembro de 1976 (en castelán).