Aeroporto de Bruxelas
Aeroporto de Bruxelas Luchthaven Brussel-Nationaal
Aéroport de Bruxelles-National | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | militar/público | ||
Operador | Brussels Airport Company | ||
Cidade/Illa | Bruxelas | ||
Localización | Zaventem | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01/19 | 2 987 | 9 800 | asfalto |
07R/25L | 3 211 | 10 535 | asfalto |
07L/25R | 3 638 | 11 936 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 21 818 418 |
O aeroporto de Bruxelas (IATA: BRU, ICAO: EBBR) é un aeroporto internacional belga situado a 12 km ao nordés de Bruxelas.[1] No ano 2015 máis de 23 millóns de pasaxeiros pasaron polas súas instalacións, converténdoo no 21º aeroporto máis concorrido de Europa. As súas instalacións atópanse repartidas entre os municipios de Zaventem, Machelen e Steenokkerzeel, na rexión flamenga de Bélxica. É sede dunhas 260 compañías que empregan ao redor de 20 000 persoas e serve como base principal a Brussels Airlines e TUIfly Belgium.
A compañía que opera o aeroporto é coñecida como Brussels Airport Company N.V./S.A.; antes do 19 de outubro de 2006 o seu nome era BIAC (Brussels International Airport Company), que foi creada pola lei belga a través da fusión de BATC (Brussels Airport Terminal Company) cos departamentos de operacións en terra. Dende o ano 2011 o aeroporto vén sendo propiedade do Ontario Teachers' Pension Plan (39%), Macquarie Group (Macquarie European Infrastructure Fund I e Macquarie European Infrastructure Fund III) (36%) e o estado belga (25%).[2]
O 22 de marzo de 2016 a zona de saídas do aeroporto quedou seriemente danada por dous estoupidos nun ataque terrorista. O aeroporto pechouse ata o día 3 de abril, cando reabriu con instalacións temporais funcionando a menos do 20% da súa capacidade anterior.[3] Dende entón foi reestablecendo o seu normal funcionamento, chegando a un récord de pasaxeiros o día 29 de xullo, cando pasaron polo aeroporto 90 000 persoas.[4]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Cargo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belgocontrol (ed.). "EBBR – Brussels Airport". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2017.
- ↑ Moody's (ed.). "Moody's assigns (P)Baa1 rating to Brussels Airport Holding SA/NV's senior secured debt; stable outlook". Consultado o 1 de setembro de 2017.
- ↑ Bloomberg (ed.). "Brussels Reconnects With NYC, Africa as Airport Shifts Gear". Consultado o 1 de setembro de 2017.
- ↑ Brussels Airport (ed.). "Record day at Brussels Airport with 90,000 passengers expected". Consultado o 1 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "brussels airlines March 2018 Turin aircraft changes". Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ Cathay Pacific (ed.). "Introducing four weekly flights to Brussels". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ "Neue Strecken bei Eurowings". www.eurowings.com.
- ↑ "Georgian Airways to Start Direct Flight to 5 New European Cities in 2018". Georgia Today on the Web. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017.
- ↑ "Hainan Airlines plans Shanghai – Brussels resumption in Sep 2017". Routesonline.
- ↑ "Ethiopian Airlines Cargo relaunches cargo flights at Brussels Airport from 26 March". Aviation24.be.