Alexander Razborov
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1963 (61 anos) Belovo, Rusia |
Educación | MSU Faculty of Mechanics and Mathematics (en) Universidade Estatal de Moscova |
Director de tese | Sergei Adian (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoria da complexidade computacional (pt) e teoría da computación |
Ocupación | matemático, informático teórico |
Empregador | Instituto de Matemática Steklov (pt) Universidade de Chicago |
Membro de | |
Participou en | |
1979 | Olimpíada Internacional de Matemáticas |
Olimpíada Rusa para Estudantes de Matemáticas | |
Obra | |
Doutorando | Oleg Verbitsky (en) , Pooya Hatami (en) e Raghav Kulkarni (en) |
Premios | |
| |
Sitio web | people.cs.uchicago.edu… |
Alexander Razborov (ruso: Алекса́ндр Алекса́ндрович Разбо́ров, Aleksandr Aleksandrovich Razborov), tamén coñecido como Sasha Razborov, nado o 16 de febreiro do 1963 en Belovo (Unión Soviética), é un matemático e teórico da computación ruso.[1] Na actualidade, é profesor na Universidade de Chicago.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Razborov é coñecido por introducir, xunto con Steven Rudich, a noción de proba natural, un tipo de estratexias para demostrar límites inferiores fundamentais en complexidade computacional. En concreto, ambos amosaron que, supoñendo a existencia de certas clases de funcións unidireccionais, as probas naturais non poden resolver o problema P versus NP.[2]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Nevanlinna (1990).[3]
- Premio Gödel (2007, con Steven Rudich).[4]
- Premio David P. Robbins (2013).
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Razborov, A. A. (1985a). Lower bounds for the monotone complexity of some Boolean functions [Límites inferiores para a complexidade monótona dalgunhas funcións booleanas]. Soviet Mathematics - Doklady, 31, 354-357.
- Razborov, A. A. (1987). О системах уравнений в свободной группе [Sobre sistemas de ecuacións nun grupo libre]. Universidade Estatal de Moscova. Tese de doutoramento.[5]
- Razborov, A. A.; Rudich, S. (1994). Natural proofs [Probas naturais]. Proceedings of the 26th Annual ACM Symposium on the Theory of Computing, 204-213.
- Razborov, A. A. (2003). Propositional proof complexity [Complexidade das probas proposicionais]. Journal of the ACM, 50 (1), 80-82.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Alexander Razborov - Department of Mathematics - The University of Chicago". mathematics.uchicago.edu. Consultado o 2024-03-31.
- ↑ "Alexander Razborov - American Academy of Arts and Sciences". www.amacad.org (en inglés). 2024-03-31. Consultado o 2024-03-31.
- ↑ "International Mathematical Union (IMU)". web.archive.org. 2007-12-17. Archived from the original on 17 de decembro de 2007. Consultado o 2024-03-31.
- ↑ "Goedel Prize, 2007 - European Association for Theoretical Computer Science". web.archive.org. 2007-12-01. Archived from the original on 01 de decembro de 2007. Consultado o 2024-03-31.
- ↑ "Alexander Razborov - The Mathematics Genealogy Project". www.genealogy.math.ndsu.nodak.edu. Consultado o 2024-03-31.