Anne Carson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1950 (74 anos) Toronto, Canadá |
Residencia | Nova York |
Educación | Universidade de Toronto St. Michael's College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía clásica e Greek prosody (en) |
Ocupación | filóloga clásica, crítica literaria, escritora, profesora, poetisa, tradutora, autora |
Empregador | Universidade de Princeton Universidade McGill Universidade de Míchigan |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Anne Carson, nada en Toronto o 21 de xuño de 1950, é unha poeta canadense en lingua inglesa, ensaísta, tradutora e profesora de literatura clásica e comparada na Universidade de Míchigan.[1] Está considerada pola crítica literaria como a poeta viva máis importante das letras anglosaxoas.[Cómpre referencia] En 2020 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias das Letras.[2] Está estabelecida en Nova York.[3]
En lingua galega está publicado o seu poemario Antropoloxía da auga (Chan da Pólvora Editora, 2023), traducido por Jesús Castro Yáñez[4].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla dun empregado de banca que ocupou diversos postos en diferentes poboacións da rexión de Ontario. Tiña 15 anos cando bateu cunha edición bilingüe dos poemas da poeta grega Safo nunha libraría local, o que, segundo a autora, marcaría a súa vida.
“Eu era unha adolescente desafecta necesitada de estímulos. A visión das dúas páxinas xustapostas, unha delas un texto impenetrábel mais de gran beleza visual, cativoume e comprei o libro. Ao ano seguinte destinaron o meu pai a outra cidade igual de aburrida, mais o que me salvou foi que no instituto había unha profesora de latín, unha muller excéntrica, que cando soubo do meu interese por aprender grego ofreceuse a darme clases á hora do xantar. Chamábase Alice Cowan e débolle a miña carreira e a miña felicidade”.[3]
Tras a escola secundaria matriculouse en linguas no St. Michael's College da Universidade de Toronto. Abandonou dúas veces os estudos, ao final do primeiro e do segundo curso.
Pasou durante un período curto de tempo ao mundo das artes gráficas.[5] Finalmente regresou á Universidade de Toronto, onde completou a súa licenciatura en 1974, e o seu mestrado en 1975. Doutorouse en 1981 cunha tese sobre Safo, Odi et Amo Ergo Sum, publicada en 1986.[6] Estudou durante un ano métrica grega e crítica textual grega na Universidade de St Andrews.[7]
Durante algúns anos residiu en Montreal, onde ensinou na Universidade McGill e na Universidade de Míchigan. Reticente a que falen sobre a súa vida, as biografías que aparecen nos seus primeiros libros sinalan unicamente que Anne Carson vive no Canadá.[8][9]
No seu primeiro libro Eros (1986) desenvolve unha meditación sobre o amor romántico e o desexo erótico.
“O libro -explica- é unha aproximación á natureza primixenia do desexo, que sempre se configura como unha triangulación cuxa consecuencia é a imposibilidade de alcanzar o que se anhela. Non en balde o significado da palabra eros en grego é carencia”.[3]
En 1992, aos 42 anos, publicou nunha editorial independente o seu primeiro libro de poesía Short Talks. Seguíronlle tres anos despois outros dous títulos nos que segundo a crítica "desdebuxa a distancia entre narración, poesía e ensaio: Plainwater e Glass, Irony and God."[3]
En 2001 publicou un dos seus libros máis coñecidos, The Beauty of the Husband, obra -segundo a crítica- cuxo desenvolvemento oblicuamente narrativo garda certa relación con Autobiography of Red.[3] Logrou con este traballo o Premio T. S. Eliot de poesía, concedido por primeira vez a unha muller. En 2003 publicou a segunda parte da autobiografía, co título de Red Doc>(O símbolo “>” apareceu no texto cando premeu unha tecla por erro, mais gustoulle e decidiu deixalo).
Está considerada pola crítica literaria como a poeta viva máis importante das letras anglosaxoas. É unha das candidatas habituais ao premio Nobel de literatura[2]
En 2010 especialmente afectada pola noticia da morte do seu irmán de quen non sabía nada desde había anos escribiu Nox[3]
En 2014 recibiu o Premio de Poesía Griffin, o premio máis prestixioso do Canadá en poesía escrita en inglés polo seu libro Red Doc>[10]
En 2015, a súa tradución da traxedia de Antígona de Sófocles foi interpretada en teatro por Juliette Binoche no West End de Londres, posteriormente representouse en Anveres e Ámsterdam, Nova York (Brooklyn Academy of Arts), e no Festival de Edimburgo.[11]
Ao longo da súa traxectoria concedeu poucas entrevistas, nunha delas aseguraba que "Se soubese que é a poesía non tería necesidade de escribir. É algo que busco ás apalpadelas na escuridade", e tamén que "escribes sobre o que queres escribir da maneira que teñas que facelo".[2]
En xuño de 2020 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias das Letras. O xurado destacou para outorgarlle o premio "a súa capacidade para construír unha poética innovadora a partir do estudo do mundo grecolatino" e que "alcanzou unhas cotas de intensidade e solvencia intelectual que a sitúan entre os escritores máis destacados do presente".[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Eros the Bittersweet. Princeton University Press, 1986.
- Glass, Irony, and God. New Directions Publishing Company, 2002.
- Short Talks. Brick Books, 1992.
- The Glass Essay". New Directions Publishing Corporation, 1995.
- Plainwater. Knopf, 1995.
- Autobiography of Red: A Novel in Verse. Knopf, 1998
- Economy of the Unlost: Reading Simonides of Ceos with Paul Celan. Princeton University Press, 1999.
- Men in the Off Hours. Knopf, 2001.
- The Beauty of the Husband. Knopf, 2002
- If Not, Winter: Fragments of Sappho. Knopf, 2002.
- Decreation: Poetry, Essays, Opera. Knopf, 2005.
- Grief Lessons: Four Plays by Euripides (tradución de Eurípides). New York Review Books Classics, 2006.
- Nox. New Directions, 2010
- Antigonick (2012) New Directions
- Red Doc> (2013) Knopf, secuela directa da súa primeira novela poética Autobiography of Red.
- Iphigenia among the Taurians (tradución) (2014) University of Chicago Press
- The Albertine Workout (2014) New Directions Poetry Pamphlet #13
- Float (2016) Knopf
Lista de poemas
[editar | editar a fonte]Título | Ano | 1ª publicación |
---|---|---|
Short talk on herbology | 2013 | Carson, Anne (22 de abril de 2013). "Short talk on herbology" 89 (10): 104. |
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Lannan de Poesía 1996.[12][13]
- Premio Pushcart 1997.[14]
- Bolsa Guggenheim 1998.
- Bolsa MacArthur 2000.[15]
- Premio de Poesía Griffin 2001 por Men in the Off Hours.[16]
- Premio T.S. Eliot 2001 por The Beauty of the Husband.[17]
- Membro da Orde do Canadá, 2005.[18]
- Premio 2010 PEN Award for Poetry in Translation.[19]
- Premio 2012 doutor honoris causa pola Universidade de Toronto.[20]
- Premio 2014 Folio Prize por Red Doc[21][22]
- Premio 2014 Griffin Poetry Prize gañadora canadense por Red Doc.[10]
- Premio Internacional Manuel Acuña de Poesía 2019
- Premio Princesa de Asturias das Letras, 2020.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anne Carson- Poets.org - Poetry, Poems, Bios & More". Poets.org. 21 de xuño de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "La canadiense Anne Carson galardonada con el Premio Princesa de Asturias de las Letras" (en castelán). 18 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Lago, Eduardo (4 de maio de 2019). "Anne Carson: “La gran paradoja es escribir con placer sobre algo trágico”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ Ficha na web da editorial.
- ↑ "Anne Carson" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "U of T Magazine -- University of Toronto". 23 de agosto de 2007. Archived from the original on 23 de agosto de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "Scottish Review of Books". Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "McGill News - Winter '97". News-archive.mcgill.ca. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ "Penn Humanities Forum | Anne Carson". Phf.upenn.edu. 2 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ 10,0 10,1 "Griffin Poetry Prize: Anne Carson" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "Juliette Binoche, una Antígona 'comme il faut'" (en castelán). 9 de marzo de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "Anne Parson, una de las máximas figuras de la poesía en lengua inglesa, gana el Premio Internacional Manuel Acuña 2019 en la categoría de trayectoria poética - Revista Zocalo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ Voigt, Ellen Bryant; McHugh, Heather (2002). Hammer and Blaze: A Gathering of Contemporary American Poets (en inglés). University of Georgia Press. ISBN 978-0-8203-2416-6. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "Griffin Poetry Prize: Anne Carson" (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "NYU > CWP > Anne Carson, Charles Simic Join Faculty". Cwp.fas.nyu.edu. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ Leckey, Susan (22 de decembro de 2015). The Europa Directory of Literary Awards and Prizes (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-135-35631-6. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ Carson, Anne (31 de outubro de 2011). The Beauty Of The Husband (en inglés). Random House. ISBN 978-1-4481-1340-8. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ Archivos
- ↑ "2010 PEN Award for Poetry in Translation" (en inglés). 16 de novembro de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "Conferencia "Albertine, rutina de ejercicios" de Anne Carson" (en castelán). 16 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xuño de 2020.
- ↑ "The 2014 Folio Prize Shortlist is Announced". Folio Prize. 10 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
- ↑ Gaby Wood (10 de febreiro de 2014). "Folio Prize 2013: The Americans are coming, but not the ones we were expecting". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
- ↑ Acta Específica
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ian Rae, Universidade de Columbia Británica. Carson, Anne. The Literary Encyclopedia. 27 de decembro de 2001. The Literary Dictionary Company. 8 de decembro de 2005.