Saltar ao contido

Anton Webern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnton Webern

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de-at) Anton Friedrich Wilhelm von Webern Editar o valor en Wikidata
3 de decembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Mittersill, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMittersill (pt) Traducir 47°16′45″N 12°28′58″L / 47.279111, 12.482719 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor de música clásica, músico, director de orquestra, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1908 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica impresionista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresArnold Schönberg Editar o valor en Wikidata
AlumnosHumphrey Searle (pt) Traducir e Hans Swarowsky Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesBenno Mattel, xenro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Веберн Антон)
UbuWeb
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
Sitio webantonwebern.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0916803 Allocine: 37727 Allmovie: p171034
BNE: XX879441 Spotify: 6cg7ooZDeSSLYVTWGpASjX Musicbrainz: 7be0b588-030c-4904-836f-71ff43a2dfec Songkick: 319127 Discogs: 294480 IMSLP: Category:Webern,_Anton Allmusic: mn0001190857 WikiTree: Von_Webern-1 Find a Grave: 9362572 Editar o valor en Wikidata

Anton Webern, nado en Viena o 3 de decembro de 1883 e finado en Mittersill o 15 de setembro de 1945, foi un compositor austríaco pertencente á chamada Segunda Escola de Viena, da que foi un dos máximos expoñentes xunto con Schönberg e Alban Berg, cos que conformou a chamada Trindade Vienesa. Como alumno e seguidor de Schönberg, Webern é un dos máximos expoñentes do dodecafonismo, ademais, as súas innovacións no que se refire á organización da altura, o ritmo e a dinámica foron decisivos no desenvolvemento do serialismo integral.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi bautizado co nome de Anton Friedrich Wilhelm von Webern. Nunca usou os seus nomes intermedios, deixando o "von" en 1918. Despois de pasar boa parte da súa mocidade en Graz e Klagenfurt, Webern ingresou na Universidade de Viena en 1902. Estudou musicoloxía con Guido Adler, e presentou unha tese sobre os Choralis Constantinus do compositor renacentista Heinrich Isaac. Este interese pola música antiga influiría moito na súa técnica compositiva anos máis tarde.

A Segunda Escola de Viena

[editar | editar a fonte]

Estudou composición con Arnold Schoenberg, e ao graduarse escribiu a súa Passacaglia, Op. 1 en 1908. Coñeceu a Alban Berg, quen tamén era alumno de Schoenberg, e estas dúas amizades serían as máis importantes da súa vida ao marcar decisivamente o seu camiño musical. Despois de finalizados os seus estudos, tomou postos de dirección musical nos teatros de Ischl, Teplitz, Danzig, Stettin e Praga antes de regresar a Viena. Alí axudou a sacar adiante a Sociedade para Execucións Musicais Privadas que dirixía Schoenberg e dirixiu a Orquestra Sinfónica de Traballadores de Viena dende 1922 ata 1934.

Durante o nazismo

[editar | editar a fonte]

A música de Webern foi denunciada como "bolxevismo cultural" cando o Partido Nazi triunfou en Austria en 1938. Polo tanto, tivo dificultades para traballar, e tomou un posto como editor e corretor para a editorial que publicaba a súa música, Universal Edition. Webern deixou Viena en 1945 e marchou a Mittersill, en Salzburgo, pensando estar máis seguro alí. Porén, o 15 de setembro, durante a ocupación aliada de Austria, foi ferido mortalmente polo disparo dun soldado estadounidense ebrio despois de arrestar ao seu xenro por actividades de contrabando.