Saltar ao contido

Bandeira de Chipre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Chipre
Bandeira de Chipre
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción16 de agosto de 1960
Cores     Branco     Laranxa     Verde

A actual bandeira de Chipre (en grego: Σημαία της Κύπρου, Sīmaia tīs Kýpros; en turco: Kıbrıs bayrağı) foi adoptada o 16 de agosto de 1960. Foi elixida polo presidente da República, Makarios III, en 1960, logo dunha proposta dun mestre de escola e artista turco-chipriota, İsmet Güney.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Amosa un mapa enteiro da illa de cor cobre (metal que lle deu fama á illa durante toda a súa historia e do que deriva o seu nome), con dúas ramas de oliveira na parte de abaixo, sobre fondo branco (tanto a cor como as ramas de oliveira son símbolos da paz). É unha das dúas bandeiras oficiais do mundo que teñen un mapa do país que representa, sendo a outra a bandeira de Kosovo.

O azul e o vermello (as cores da bandeira de Grecia e da bandeira de Turquía) foron evitadas a propósito con obxecto de facer a bandeira neutral. Porén, hoxe a bandeira é vista como un símbolo dos greco-chipriotas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]