Saltar ao contido

bell hooks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Biografíabell hooks

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gloria Jean Watkins Editar o valor en Wikidata
25 de setembro de 1952 Editar o valor en Wikidata
Hopkinsville (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Berea (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California - lingua inglesa (–1983)
Hopkinsville High School (en) Traducir
Universidade Stanford - grao en Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos de xénero, teoría crítica da raza, actividade literaria, cultural criticism (en) Traducir, Cultura de masas, etnicidade, xénero, feminismo, Activismo e interseccionalidade Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofa, profesora universitaria, escritora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBerea College (pt) Traducir (2004–2021)
Universidade da Cidade de Nova York (1994–2004)
Oberlin College (1988–1994)
Universidade Yale (1985–1988)
Universidade do Sur de California
Universidade Estatal de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literariobell hooks Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Encyclopedia of African American Women Writers (en) Traducir
Notable Black American Women Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0393654 Twitter: bellhooks BNE: XX1684863 WikiTree: Watkins-11203 Editar o valor en Wikidata

Gloria Jean Watkins, nada o 25 de setembro de 1952 en Hopkinsville, Kentucky, nos Estados Unidos e finada en Berea, Kentucky o 15 de decembro de 2021, coñecida como bell hooks (escrito en minúsculas), foi unha escritora, feminista e activista social. O nome "bell hooks" deriva do da súa bisavoa materna, Bell Blair Hooks.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

hooks naceu na pequena aldea de Hopkinsville, segregada de Kentucky no seo dunha familia da clase traballadora.[3] A súa nai, Rosa Bell Watkins era ama de casa e o seu pai Veodis Watkins conserxe. Tivo cinco irmás e un irmán. Foi unha ávida lectora que se educou nas escolas públicas con segregación racial e escribiu sobre as grandes dificultades que lle supuxo o paso a unha escola integrada, onde o profesorado e alumnado era de maioría branca. Graduouse na Hopkinsville High School de Hopkinsville, Kentucky. Obtivo unha licenciatura en inglés na Universidade Standford en 1973 e unha mestría en inglés na Universidade de Wisconsin-Madison en 1976.[4]

No ano 1983, despois dalgúns anos de ensino e escritura, rematou un doutoramento en literatura na Universidade de California, Santa Cruz, cunha tese sobre a autora Toni Morrison.[5]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

A carreira docente de hooks comezou en 1976 como profesora de inglés e profesora titular de estudos étcnicos na Universidade do Sur de California.[6] Durante os tres anos que pasou alí, a editorial Golemics publicou en 1978 a súa primeira obra de poemas There We Wept asinada co pseudónimo bell hooks. Admiraba moito a súa bisavoa materna, por iso adoptou o seu nome como pseudónimo, pero con letras minúsculas, "porque o importante non son eu, é o traballo", dixo.[7]

Foi docente en varias institucións entre principios dos anos oitenta e noventa, incluídas a Universidades de California, Santa Cruz, a Universidade Estatal de San Francisco, Yale, o Oberlin College e o City College de Nova York.

South End Press publicou a súa primeira obra relevante, Ain't I a Woman?: Black Women and Feminism en 1981, aínda que a escribira anos antes, cando era unha estudante.​ Nas décadas transcorridas dende a súa publicación, este libro gañou un recoñecemento xeral como unha contribución influente no pensamento feminista.[8]

Ain't I a Woman? examina varios temas recorrentes na súa obra posterior: o impacto histórico do sexismo e o racismo nas mulleres negras, a desvalorización das mulleres negras, os roles e o retrato nos medios, o sistema educativo, a idea dun patriarcado capitalista supremacista branco, a marxinación do negro e das mulleres así como o desprezo polos problemas de raza e clase dentro do feminismo. Dende a publicación do libro, converteuse nunha pensadora política e crítica cultural de esquerdas e posmoderna. Algunhas feministas cítana con frecuencia como unha autora que pode dar a mellor solución para a dificultade de definir algo tan diverso como o feminismo, abordando o problema de se poder significar todo o non significar nada.[9][10] Ante a pregunta "que é o feminismo?", hook responde que é un movemento para rematar co sexismo, a explotación sexista e a opresión.[11]

O enfoque da escritura de hooks foi a interseccionalidade entre raza, capitalismo e xénero, e o que ela describe como a súa capacidade para producir e perpetuar sistemas de opresión e dominación de clase. Publicou máis de 40 libros e numerosos artigos académicos, apareceu en documentais e participou en conferencias públicas. Ocupouse da raza, a clase e o xénero na educación, a arte, a historia, a sexualidade, os medios de comunicación e o feminismo.[3]

En 2014 fundou o Instituto bell hooks en Berea College, Berea, Kentucky.[12]

  1. Hooks, Bell, Talking Back: Thinking Feminist, Thinking Black (south End Press, 1989) ISBN 9780896083527
  2. hooks, bell, "Inspired Eccentricity: Sarah and Gus Oldham". En Sharon Sloan Fiffer and Steve Fiffer (eds). Family: American Writers Remember Their Own, New York: Vintage Books, 1996, p. 152. hooks, bell, Talking Back, Routledge, 2014 [1989], p. 161.
  3. 3,0 3,1 "Bell Hooks Biography - life, childhood, children, name, school, mother, young, book, information, born". 
  4. Scanlon, Jennifer (1999). Significant contemporary American feminists : a biographical sourcebook. Westport, Conn. : Greenwood Press. ISBN 978-0-313-30125-4. 
  5. "El triunfo de entrar en los libros de historia". www.elperiodico.com (en castelán). 2017-07-13. Consultado o 2024-06-30. 
  6. Anderson, Gary L.; Anderson, Kathryn G (2007). Encyclopedia of Activism and Social Justice 2. SAGE Publications. pp. 704–706. ISBN 9781412918121. 
  7. "The Sandspur Vol 112 Issue 17 by The Sandspur - Issuu". issuu.com (en inglés). 2013-03-26. Consultado o 2024-06-30. 
  8. "‪Ain't I a woman: Black women and feminism‬". scholar.google.com. Consultado o 2024-06-30. 
  9. Lauren (2012-02-07). "Underneath a Book: Book Review: Feminism is for Everybody by bell hooks". Underneath a Book. Consultado o 2024-06-30. 
  10. Bilger, Audrey (2010-09-07). "10 Years of 'Feminism is for Everybody'". Ms. Magazine (en inglés). Consultado o 2024-06-30. 
  11. "Feminism is for Everybody: Further Discussion". A Year of Feminist Classics (en inglés). 2012-02-08. ISBN 9788494719615. Consultado o 2024-06-30. 
  12. "About". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 05 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]