Billy Wilder
Samuel Wilder, máis coñecido como Billy Wilder, nado en Sucha Beskidzka, Galicia, Austria (entón no Imperio Austrohúngaro), o 22 de xuño de 1906 e finado en Beverly Hills (Estados Unidos), o 27 de marzo de 2002, foi un director de cine estadounidense de orixe austríaca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wilder pasou a súa infancia e a súa mocidade en Austria. O seu primeiro traballo foi como cronista no xornal austríaco Juranek. Continuou traballando como cronista en Berlín, tendo que alternar esta ocupación con outras para sobrevivir. Alí afeccionouse ó cine, tras ver diversas películas que lle impresionaron fondamente. Unha delas foi O acoirazado Potemkin, de Sergei Eisenstein. Entrou a traballar para a UFA onde coñeceu aos grandes directores do momento.
Trala subida ó poder de Hitler, Wilder viuse obrigado a abandonar Berlín, debido á súa ascendencia xudía. A súa nai morrería nos campos de concentración de Auschwitz. Estivo en París e, desde alí, en 1934 trasladouse aos Estados Unidos, xunto ó actor Peter Lorre. Wilder e Lorre compartiron apartamento, fame e momentos moi difíciles durante unha tempada. Alí comezou a traballar como guionista para a Paramount, e tivo a ocasión de colaborar con Ernst Lubitsch, o seu gran mestre. O día do seu funeral dixo: "Quedámonos sen Lubitsch. Peor aínda, quedámonos sen as películas de Lubitsch".
Como guionista, Wilder escribiu 60 películas. Como director, realizou 26 películas. Foi galardoado con sete Oscar tras ser candidato en 21 ocasións.
En 1981 dirixiu a súa última película, Buddy Buddy. A partir de entón as compañías aseguradoras xa non querían asegurar películas súas debido á súa avanzada idade. Morreu 21 anos máis tarde á idade de 95 anos na súa residencia de Beverly Hills (California) por mor dunha pneumonía. Os seus restos atópanse no Cemiterio Westwood Village Memorial Park nos Ánxeles.
Nunha entrevista publicada en 1952 Wilder enumerou as súas dez películas favoritas:
- O acoirazado Potemkin (Sergei Eisenstein) (1925)
- Greed (Erich von Stroheim) (1923)
- Varieté (Charles Dupont) (1925)
- The Gold Rush (Charles Chaplin) (1924)
- The Crowd (King Vidor) (1928)
- La grande illusion (Jean Renoir) (1937)
- O delator (John Ford) (1935)
- Ninotchka (Ernst Lubitsch) (1939)
- Os mellores anos da nosa vida (William Wyler) (1946)
- Ladrón de bicicletas (Vittorio De Sica) (1948)
Filmografía como director
[editar | editar a fonte]- 1981 - Buddy, Buddy
- 1978 - Fedora
- 1974 - The Front Page
- 1972 - Avanti!
- 1970 - The Private Life of Sherlock Holmes
- 1966 - En bandexa de prata
- 1964 - Bícame, estúpido
- 1963 - Irma, a doce
- 1961 - One, two, three
- 1960 - O apartamento
- 1959 - Con saias e a rachar
- 1958 - Testemuña de cargo
- 1957 - Love in the Afternoon
- 1957 - O espírito de St. Louis
- 1955 - The Seven Year Itch
- 1954 - Sabrina
- 1953 - Stalag 17
- 1951 - Ace in the Hole
- 1950 - Sunset Boulevard
- 1948 - A Foreign Affair
- 1948 - The Emperor Waltz
- 1945 - A fin de semana perdida
- 1944 - Double Indemnity
- 1943 - Five Graves to Cairo
- 1942 - O maior e a menor
- 1934 - Mauvaise graine
Candidaturas ó Oscar
[editar | editar a fonte]Como director
- 1944 - Double Indemnity
- 1945 - A fin de semana perdida (Gañador do Oscar)
- 1950 - Sunset Blvd
- 1953 - Stalag 17
- 1954 - Sabrina
- 1957 - Testemuña de cargo
- 1959 - Con saias e a rachar
- 1960 - O apartamento (Gañador do Oscar)
Como guionista
- 1939 - Ninotchka (nomeado xunto con Chales Brackett e Walter Reisch ó mellor guión)
- 1941 - Bóla de fogo (nomeado xunto con Thomasa Monroe ó mellor argumento)
- 1941 - Hold Back the Dawn (nomeado xunto con Charles Brackett ó mellor guión adaptado)
- 1944 - Double Indemnity (nomeado xunto con Raymond Chandler ó mellor guión adaptado)
- 1945 - A fin de semana perdida (gañador xunto con Charles Brackett ó mellor guión adaptado)
- 1948 - A Foreign Affair (nomeado xunto con Charles Brackett e Richard L. Breen ó mellor guión)
- 1950 - Sunset Blvd (gañador xunto con Charles Brackett e D. M. Marshman ó mellor argumento e guión)
- 1951 - Ace in the Hole (nomeado xunto con Lesser Samuels e Walter Newman ó mellor argumento e guión)
- 1954 - Sabrina (nomeado xunto con Samuel Taylor e Ernest Lehman ó mellor guión)
- 1959 - Con saias e a rachar (nomeado xunto con I. A. L. Diamond ó mellor guión adaptado)
- 1960 - O apartamento (gañador xunto con I. A. L. Diamond ó mellor guión orixinal)
- 1966 - En bandexa de prata (nomeado xunto con I. A. L. Diamond ó mellor guión orixinal)
En total foi nomeado oito veces como director, gañando dúas, e doce como guionista, gañando en tres ocasións.