Blond Ambition World Tour
O Blond Ambition World Tour foi a terceira xira da cantante americana Madonna. Foi posta en marcha en apoio ó seu cuarto álbum de estudio , Like a Prayer, e da banda sonora, I'm Breathless. O tour percorría Norteamérica, Europa e Asia. Foi unha xira extremadamente controvertida, sobre todo debido á xustaposición de iconografía católica e sexualidade. A revista Rolling Stone dixo da mesma que "posuía unha coreografía moi elaborada e que se trataba dun espectáculo sexualmente provocativa" e proclamou que o mesmo era "o mellor tour de 1990". No ano 1991, foi lanzado o documental Truth or Dare (In Bed with Madonna fóra dos Estados Unidos), unha crónica da xira. O espectáculo recibiu o premio á "produción escénica máis creativa" nos premios da industria de Pollstar Concert. Esta xira atinxiu a cifra de máis de 60 millóns de dólares norteamericanos, vendendo tan só en Norteamérica 482,832 entradas ás dúas primeiras horas da pre-venda, conseguindo así 14,237,000 $.[1]
A xira topouse cunha forte reacción por parte de grupos relixiosos debido á actuación de "Like a Virgin", durante a cal dous bailaríns acariciaban o corpo de Madonna antes de que esta simulase unha masturbación. A Igrexa de Inglaterra e a Igrexa Católica criticaron a súa actuación e incluso o Papa Xoán Paulo II pediu ó público en xeral e á comunidade cristiá que non acudisen ó concerto. Unha asociación privada de católicos os cales se nomeaban a si mesmos como Famiglia Domani tamén boicotearon o tour debido ó seu erotismo. En resposta a toda esta controversia, a cantante dixo, O tour non fere os sentimentos de ninguén. É unha xira que axuda a abrir as mentes e que mostra a sexualidade dende outro punto de vista. A súa e a dos demais."[2]
O tour foi gravado en diferentes ocasións, incluíndo concertos nos Estados Unidos, Francia, o Xapón e España. Tamén se fixo un especial de televisión para HBO TV, titulado Madonna - Live! Blond Ambition World Tour 90, filmado en Niza.
Trasfondo
[editar | editar a fonte]Orixinalmente, o tour ía ser chamado "Like a Prayer World Tour".[3] Sire Records anunciou o Blond Ambition World Tour en novembro de 1989, seguindo o éxito do cuarto álbum de estudio de Madonna , Like a Prayer, e a representación de "Express Yourself" na cerimonia de 1989 dos MTV Video Music Awards. Nun principio, a xira tan só ía chegar ao Xapón e Norteamérica, xa que Madonna estaba considerando diversos papeis en filmes. A finais de 1989, e debido a presión de fans, anunciouse que o tour tamén pasaría por Europa.
A xira incorporaba como temas centrais a sexualidade e o catolicismo, unha combinación que causou controversia. O show conseguiu co tempo acadar un status de culto, con elementos que se converteron en iconas culturais tales como o suxeitador de conos ou a falsa cola de cabalo.
Madonna denominou o seu propio concerto como teatro musical e o coreógrafo Vincent Paterson afirmou que ela quería romper cada regra que puidésemos... Ela quería falar sobre sexualidade, homosexualidade, a Igrexa... Pero a maior cousa que tratamos de facer foi cambiar a forma dos concertos. En vez de tan só presentar cancións, queríamos combinar moda, Broadway e a arte da interpretación".
O ton explícito do show causou varios problemas, en Toronto, a policía foi alertada de que o concerto seguramente contivese contido lascivo e obsceno e ameazou con presentar cargos a non ser que algunhas partes do show fosen cambiadas. A actuación continuou inalterada, no entanto, non se efectuou ningún cargo despois de que o representante dese un ultimato á policía: Cancelen o show e terán que explicarlle a 30.000 persoas por que.[4]
O deseñador francés Jean Paul Gaultier creou os traxes para o tour, e o resto de pezas adicionais foron creadas por Marlene Stewart, a cal traballara anteriormente con Madonna en 1987 no Who's That Girl World Tour.
Debido a problemas coa gorxa, seis shows tiveron que cancelarse, levando ó tour de 63 actuacións orixinalmente a 57; 125.000 entradas tiveron que ser reembolsadas. As ganancias da última data en Norteamérica foron doadas á organización sen ánimo de lucro AMFAR e dedicouse ó seu amigo Keith Haring, o cal faleceu debido a complicacións co VIH. [5]
Sinopse do concerto
[editar | editar a fonte]O show estaba dividido en cinco seccións diferentes: Metropolis, Relixiosa, Dick Tracy, Art Deco e Encore. Comezaba co fragmento de Metropolis, inspirado polo filme mudo de Fritz Lang. Esta sección comezaba coa canción "Express Yourself", a cal incluía unha introdución á súa canción do 1982 "Everybody". O escenario estaba inspirado no videoclip de "Express Yourself", no cal aparecía unha gran máquina industrial e bailaríns sen camiseta. Madonna entraba en escena na cima dunha longa escaleira, vestida nun traxe pinup, co seu suxeitador de conos visible. Neste segmento, Madonna tamén interpreta "Open Your Heart" e ten unha pelexa simulada cos seus bailaríns en "Causing a Commotion". A actuación final deste segmento é "Where's the Party"; Madonna deixa o escenario axiña para un cambio de traxe, mentres tres bailaríns continúan bailando ata que a canción remata.
O segundo segmento era de tema apaixonado e relixioso, comezando cunha versión do medio-leste de "Like a Virgin", cantado nunha cama vermella de seda. Madonna aparece vestida cun corsé dourado e actúa con dous bailaríns hermafroditas a cada lado da cama e conclúe cunha simulación de masturbación. O escenario é transformado despois nunha igrexa. Madonna leva un vestido negro e un crucifixo grande durante a actuación de "Like a Prayer", cos seus bailaríns convertidos en sacerdotes e monxas. Un popurrí de "Live to Tell", "Oh Father" e unha actuación de "Papa Don't Preach" rematan esta sección.
A terceira parte era un cabaré inspirado pola película do 1990 Dick Tracy, na cal Madonna aparecía como "Breathless Mahoney". No transcurso deste segmento, Madonna levaba un traxe a raias verdes e brancas, de tipo cabaré. Incluía interpretacións de "Sooner or Later", cantada subida a un gran piano, "Hanky Panky" e "Now I'm Following You".
A cuarta parte estaba inspirada polas películas do Hollywood de 1930, usando pezas artísticas de Tamara de Lempicka e un deseño do escenario Art Deco. Madonna interpretaba nesta parte "Material Girl" nun ton burlón facendo referencia a unha muller loira, con rulos na cabeza e albornoz (quitado despois para mostrar un vestido de cor rosa con pel). "Cherish" é interpretada con tres bailaríns vestidos como tritóns mentres Madonna simulaba tocar a arpa. Madonna remata esta sección con "Into The Groove" e unha versión minimal de "Vogue" representando a coreografía do seu videoclip, vestida cun suxeitador negro de deporte e bermudas de licra.
Na sección final, interpretábanse temas anteriores de Madonna, tales como "Holiday", no cal Madonna aparecía vestida cunha camiseta de lunares e volantes dos anos 70. Tamén se interpretou "Do the Bus Stop" e "Keep It Together" inspirado polo traballo de Bob Fosse.
Espectáculos
[editar | editar a fonte]Data. | Cidade. | País. | Lugar. | Apertura. |
---|---|---|---|---|
Asia[6] | ||||
13 de abril de 1990 |
Chiba | Xapón | Chiba Marine Stadium | Technotronic |
14 de abril de 1990 | ||||
15 de abril de 1990 | ||||
20 de abril de 1990 | Nishinomiya | Hankyu Nishinomiya Stadium | ||
21 de abril de 1990 | ||||
22 de abril de 1990 | ||||
25 de abril de 1990 | Yokohama | Yokohama Stadium | ||
26 de abril de 1990 | ||||
27 de abril de 1990 | ||||
Norteamérica[6] | ||||
4 de maio de 1990 | Houston | Estados Unidos | The Summit | Technotronic |
5 de maio de 1990 | ||||
7 de maio de 1990 | Dallas | Reunion Arena | ||
8 de maio de 1990 | ||||
11 de maio de 1990 | Los Angeles | Los Angeles Memorial Sports Arena | ||
12 de maio de 1990 | ||||
13 de maio de 1990 | ||||
15 de maio de 1990 | ||||
16 de maio de 1990 | ||||
18 de maio de 1990 | Oakland (California) | Oakland Coliseum Arena | ||
19 de maio de 1990 | ||||
20 de maio de 1990 | ||||
23 de maio de 1990 | Rosemont | Rosemont Horizon | ||
24 de maio de 1990 | ||||
27 de maio de 1990 | Toronto | Canadá | SkyDome | |
28 de maio de 1990 | ||||
29 de maio de 1990 | ||||
31 de maio de 1990 | Auburn Hills | Estados Unidos | The Palace of Auburn Hills | |
1 de xuño de 1990 | ||||
4 de xuño de 1990 | Worcester | The Centrum | ||
5 de xuño de 1990 | ||||
8 de xuño de 1990 | Landover | Capital Centre | ||
9 de xuño de 1990 | ||||
11 de xuño de 1990 | Uniondale | Nassau Veterans Memorial Coliseum | ||
12 de xuño de 1990 | ||||
13 de xuño de 1990 | ||||
16 de xuño de 1990 | Philadelphia | The Spectrum | ||
17 de xuño de 1990 | ||||
20 de xuño de 1990 | East Rutherford | Brendan Byrne Arena | ||
21 de xuño de 1990 | ||||
24 de xuño de 1990 | ||||
25 de xuño de 1990 | ||||
Europa[6] | ||||
30 de xuño de 1990 | Gotemburgo | Suecia | Eriksberg | Technotronic |
3 de xullo de 1990 | París | Francia | Palais Omnisports de Paris-Bercy | |
4 de xullo de 1990 | ||||
6 de xullo de 1990 | ||||
10 de xullo de 1990 | Roma | Italia | Stadio Flaminio | |
13 de xullo de 1990 | Turín | Stadio delle Alpi | ||
15 de xullo de 1990 | Múnic | Alemaña Occidental | ||
17 de xullo de 1990 | Dortmund | Westfalenhalle | ||
20 de xullo de 1990 | Londres | Reino Unido | Wembley Stadium | |
21 de xullo de 1990 | ||||
22 de xullo de 1990 | ||||
24 de xullo de 1990 | Rotterdam | Países Baixos | Feijenoord Stadion | |
27 de xullo de 1990 | Madrid | España | Estadio Vicente Calderón | |
29 de xullo de 1990 | Vigo | Estadio Municipal de Balaídos | ||
1 de agosto de 1990 | Barcelona | Estadi Olímpic de Montjuïc | ||
5 de agosto de 1990 | Niza | Francia | Stade de l'Ouest |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 06 de maio de 2015.
- ↑ Fisher, Carrie (August 1991). "True Confessions: The Rolling Stone Interview With Madonna". Rolling Stone. ISSN 0035-791X.
- ↑ "Madonna - Like A Prayer Pepsi can [PepsiCan] - [Germany]". Madonna Shop. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2008. Consultado o 2008-12-27.
- ↑ "Random Notes" by Sheila Rogers, Rolling Stone magazine, 12–26 July 1990, page 13
- ↑ http://books.google.it/books?id=mqqFX9lU98IC&pg=PA189&lpg=PA189&dq=madonna+landover+1990&source=bl&ots=f2raSAeEzK&sig=rsyZRD8y8-zPtQelVRER2415640&hl=it&sa=X&ei=CyVDUaWlL8SM7QbPj4GADA&ved=0CIIBEOgBMAg4KA#v=onepage&q=madonna%20landover%201990&f=false
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Madonna.com > Tours > Blond Ambition Tour". Madonna.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2014. Consultado o June 22, 2014.