Bob Kane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de outubro de 1915 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 3 de novembro de 1998 (83 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Educación | Cooper Union (pt) DeWitt Clinton High School (en) Grand Central School of Art (en) |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada, guionista, escritor, autor de cómics, debuxante |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Sitio web | bobkane.com |
|
Robert Kahn, coñecido como Bob Kane, nado no Bronx (Nova York) o 24 de outubro de 1915 e finado o 3 de novembro de 1998, foi un debuxante e escritor estadounidense de banda deseñada, considerado o creador do superheroe Batman para DC Cómics. Anos máis tarde, Kane recoñeceu que Bill Finger, escritor do seu estudo, "contribuíu" na creación do personaxe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos cambiou de maneira legal o seu apelido polo de Kane. No 1936 dibuxou e tintou o seu primeiro cómic profesional: Hiram Hick[1]. No 1938 vendía relatos humorísticos de recheo para DC Cómics.
No 1938 coñeceu a Bill Finger e axiña colaboraron en diversos proxectos, entre eles a creación de Batman. Dende a creación da personaxe, centrouse profesionalmente nel ata o ano 1968, cando se xubilou[1]. O éxito da serie televisiva de Batman no 1966, fixo que Kane acadase sona de novo. Así os seus debuxos foron expostos en galerías ó longo dos Estados Unidos e publicáronse edicións limitadas dalgunha das súas litografías. Posteriormente exerceu como asesor da película Batman no 1989 e tamén nas súas secuelas posteriores. O mesmo ano publicouse a súa autobiografía co título Batman and me[1].
Notas
[editar | editar a fonte]