Saltar ao contido

Brisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tipos de brisa.

Chámase brisa a unha circulación de ar (vento) de feble a moderada intensidade próxima á superficie. Tal circulación afecta a unha capa rasa da atmosfera (ata arredor de 200 metros de altitude) e os ventos locais asociados son extremamente influenciados (na dirección) por obstáculos naturais e (na intensidade) pola rugosidade da superficie. A súa dirección e intensidade, ben como o xurdimento e a disipación, dependen tamén da actuación ou non de efectos globais (de maior escala), tales como os sistemas frontais e mesmo outros fenómenos de mesoescala. Cando os ventos globais son febles, os ventos locais poden dominar. É o caso das brisas marítima/terrestre.

Brisa marítima/terrestre

[editar | editar a fonte]

Como as masas de terra son quecidas polo sol máis rapidamente do que o océano, o ar enriba delas ascende e crea unha baixa de presión no chan que atrae o ar máis fresco do mar: o que se chama unha brisa marítima. Ao caer da noite, hai moitas veces un período de calma durante o cal a temperatura na terra e no mar son iguais. De noite, como o océano arrefría máis lentamente, a brisa sopra da terra, na dirección oposta, mais é xeralmente máis feble porque a diferenza de temperaturas é menor. Os monzóns do sueste asiático son brisas marítimas de grande escala. Varían a súa dirección entre as estacións porque as masas de terra son quecidas ou arrefriadas máis rapidamente que o mar:

  • Monzóns de verán: do mar cara á terra (quecida).
  • Monzóns de inverno: da terra (máis fría) cara ao mar.

A brisa marítima é o desprazamento do ar frí­o que vén dos océanos en dirección ao ambiente terrestre.

A brisa terrestre é o desprazamento do ar frío que vén da terra en dirección ao mar.

Brisas de val/montaña

[editar | editar a fonte]

Existen tamén as circulacións de brisa de val/montaña. No comezo do dí­a, o quecemento do ar do fondo do val (que estaba máis denso e pesado) fai que comece a fluí­r ao longo das costas coa forma de ventos de vales. Á noite, o proceso invértese e o ar frío e denso comeza a se acumular no fondo dos vales. É a brisa da montaña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]