Busby Berkeley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1895 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de marzo de 1976 (80 anos) Palm Springs, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Desert Memorial Park (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, director teatral, actor, coreógrafo, realizador |
Período de actividade | 1901 - 1971 |
Familia | |
Cónxuxe | Merna Kennedy (1934–1935) Esther Muir (1929–1931) |
|
Busby Berkeley William Enos, nado nos Ánxeles (California) o 29 de novembro de 1895 e finado en Palm Desert, no mesmo estado, o 14 de maio de 1976 foi un director de cinema e coreógrafo estadounidense, famoso polos seus elaborados números musicais que incluían complexas figuras xeométricas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Berkeley era fillo da actriz teatral Gertrude Berkeley. Entre os amigos da súa nai estaban a actriz Amy Busby e o actor William Gillette, que deron o seu nome ao seu afillado, Busby Berkeley William Enos.[1] Ademais de no teatro, Gertrud traballou no cinema mudo cando Berkeley era un neno. Berkeley debutou no teatro con cinco anos na compañía familiar.
Durante a segunda guerra mundial, Berkeley serviu como tenente de artillaría. Na década de 1920 traballou como director de danza para case dúas ducias de musicais de Broadway, con éxitos como A Connecticut Yankee. Como coreógrafo interesáballe máis a posibilidade de realizar coas coristas figuras xeométricas.
Os seus primeiros traballos foron nos musicais de Eddie Cantor para Samuel Goldwyn, onde comezou a desenvolver técnicas como o “desfile de caras” (individualizando cada corista con primeiros planos), e movendo as súas bailarinas polo escenario con figuras caleidoscópicas. Tivo bastante grao de independencia na dirección dos números musicais, distinguíndoos claramente das partes narrativas dos filmes. A súa popularidade entre o público aumentou durante a Gran Depresión cando coreografou catro musicais para Warner Bros.: 42nd Street, Footlight Parade, Gold Diggers of 1933 e Fashions of 1934. Os números foron en ocasións criticados pola explotación da figura feminina e polo seu retrato do colectivismo.
En setembro de 1935 foi o condutor responsable dun accidente automobilístico no que morreron dúas persoas e outras cinco foron feridas de gravidade, entre elas o propio Berkeley. [2] Berkeley, levado ao xuízo nunha padiola,[3] escoitou as testemuñas que falaban do choque e de certo olor a licor. Tras dous xuízos por homicidio en segundo grao nos que o xurado chegou a un punto morto, no terceiro xuízo foi absolto.
En 1939 pasou á dirección de filmes con Fixéronme un criminal, filme de John Garfield. Tras algúns problemas na Metro-Goldwyn-Mayer[4] pasou a 20th Century-Fox en 1943, con The Gang's All Here, co número "Lady in the Tutti-Frutti Hat", de Carmen Miranda. A súa última coreografía foi para o filme de MGM Billy Rose's Jumbo (1962).
A finais da década de 1960 o gusto polo “camp” devolveu os musicais de Berkeley á primeira liña, e entrou entón no circuíto universitario de conferencias. Ao cumprir setenta e cinco anos volveu a Broadway e dirixiu unha nova versión de No No Nanette.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Whoopee! (1930) (coreógrafo)
- Kiki (1931) (coreógrafo)
- Palmy Days (1931) (coreógrafo)
- Flying High (1931) (coreógrafo)
- The Kid from Spain (1932) (coreógrafo)
- Night World (1932) (coreógrafo)
- She Had to Say Yes, 1933) (director)
- 42nd Street (1933) (coreógrafo)
- Gold Diggers of 1933 (1933) (coreógrafo)
- Footlight Parade (1933) (coreógrafo)
- Roman Scandals (1933) (coreógrafo)
- Fashions of 1934 (1934) (director/coreógrafo )
- Wonder Bar (1934) (deseñador)
- Dames (1934) (director/coreógrafo )
- Gold Diggers of 1935 (1935) (director)
- In Caliente (1935) (director/coreógrafo )
- I Live For Love (1935) (director)
- Gold Diggers of 1937 (1936) (director/coreógrafo )
- Stage Struck (1936) (director)
- The Singing Marine (1937) (director/coreógrafo )
- Hollywood Hotel (1937) (director)
- Varsity Show (1937) (director da secuencia final)
- Gold Diggers in Paris (1938) (director/coreógrafo )
- Men Are Such Fools (1938) (director)
- Fixéronme un criminal (1939) (director)
- Fast and Furious (1939) (director)
- Broadway Serenade (1939) (director da secuencia final)
- The Wizard of Oz (1939) (director da secuencia de baile "If I Only Had a Brain", suprimida da montaxe final)
- Babes in Arms (1939) (director)
- Strike Up the Band (1940) (director)
- Forty Little Mothers (1940) (director)
- Ziegfeld Girl (1941) (director )
- Babes on Broadway (1941) (director)
- Lady Be Good (1941) (director )
- For Me and My Gal (1942) (director)
- Cabin in the Sky (1943) (director da secuencia "Shine")
- Girl Crazy (1943) (director da secuencia final "I Got Rhythm")
- The Gang's All Here (1943) (director)
- Cinderella Jones (1946) (director)
- Romance on the High Seas (1948) (coreógrafo)
- Take Me Out to the Ball Game (1949) (director)
- Annie Get Your Gun (1950) (director sen acreditar)
- Two Weeks with Love (1950) (coreógrafo)
- Call Me Mister (1951) (coreógrafo)
- Two Tickets to Broadway (1951) (coreógrafo)
- Million Dollar Mermaid (1952) (coreógrafo)
- Small Town Girl (1953) (coreógrafo)
- Easy to Love (1953) (coreógrafo)
- Rose Marie (1954) (coreógrafo)
- Billy Rose's Jumbo (1962) (coreógrafo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Spivak, Jeffrey, Buzz, The Life and Art of Busby Berkeley (University Press of Kentucky, 2010), pp. 6-7.
- ↑ People, 30 de setembro de 1935 Arquivado 13 de agosto de 2013 en Wayback Machine., de Time
- ↑ Choreographer and film director Busby Berkeley being carried into his manslaughter trial on a stretcher Arquivado 15 de xullo de 2012 en Archive.is, fotografía de Los Angeles Times na páxina da biblioteca da UCLA.
- ↑ Hugh Fordin, The World of Entertainment: The Freed Unit at MGM, 1975
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Busby Berkeley |