Cámara de Representantes dos Estados Unidos
Cámara de Representantes dos Estados Unidos United States House of Representatives | |
---|---|
Datos xerais | |
Ámbito | Estados Unidos |
Creación | 1788 |
Tipo | Cámara baixa |
Inicio de sesións | 3 de xaneiro de 2017 |
Presidente da Cámara | Paul Ryan (R) desde o 29 de outubro de 2015 |
Líder da Maioría | Kevin McCarthy (R) desde o 1 de agosto de 2014 |
Lideresa da Minoría | Nancy Pelosi (D) desde o 3 de xaneiro de 2011 |
Composición | |
Grupos representados | Partido Republicano (241) Partido Demócrata (194) |
Salario | 174 000 $/ano[1] |
Artigo I da Constitución dos Estados Unidos | |
Eleccións | |
Última elección | 8 de novembro de 2016 |
Próxima elección | 6 de novembro de 2018 |
Sede(s) | |
Exterior do Capitolio Estados Unidos Washington D. C. | |
Hemiciclo da Cámara | |
Sitio web | |
Páxina oficial |
A Cámara de Representantes dos Estados Unidos (en inglés: United States House of Representatives) é unha das dúas cámaras do Congreso estadounidense (un poder lexislativo bicameral) xunto co Senado.
A composición e poderes da Cámara están estabelecidos no Artigo I da Constitución dos Estados Unidos. O principal poder da Cámara é a lexislación federal que afecta a todo o país, malia que as propostas de lei deben pasar tamén polo Senado e contar coa aprobación do Presidente antes de converterse en lei (agás se a Cámara e o Senado aproban a lexislación cunha maioría de dous terzos en cada cámara). A Cámara dos Representantes ten algúns poderes exclusivos: o poder de iniciar proxectos de lei fiscal,[2] destituír funcionarios,[3] e elixir o Presidente dos Estados Unidos en caso de que non haxa unha maioría nos colexios electorais.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Salario dos Membros da Cámara, (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Sección 7 do Artigo 1 da Constitución
- ↑ Sección 2 do Artigo 1
- ↑ Artigo 1, Sección 2, e na 12ª emenda
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |