Columbia Records
Columbia Records | |
---|---|
Acrónimo | Columbia |
Tipo | selo discográfico e marca rexistrada |
Data de fundación | 15 de xaneiro de 1889 |
Fundador(es) | Edward D. Easton |
Organización matriz | Sony Music Entertainment |
Sede | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.columbiarecords.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros. Columbia Records pasou a editar discos dunha serie de destacados vocalistas, instrumentistas e grupos. dende 1961 ata 1990, as súas gravacións editáronse fóra dos Estados Unidos e o Canadá polo selo CBS Records, antes adoptar o nome de Columbia na meirande parte do mundo.
Ata 1989, Columbia Records non tivo conexión con Columbia Pictures, que utilizou varios nomes para as discográficas da súa propiedade, como Colpix e posteriormente Arista. Columbia Pictures é agora un selo irmán de Columbia Records xa que ambos están conectados a través da Sony Corporation of America.
Selos afiliados
[editar | editar a fonte]American Recording Company (ARC)
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1979 Maurice White, membro fundador do grupo de R&B Earth, Wind and Fire, re-lanzou American Recording Company (ARC). Columbia Records encargouse da distribución dos artistas do selo, entre os que estaban o exitoso cantante de R&B e pop singer Deniece Williams, a banda de jazz-fusion Weather Report e o trío de R&B the Emotions. O último lanzamento da discográfica ocorreu en 1982.
Columbia Label Group (UK)
[editar | editar a fonte]En xaneiro do 2006 Sony BMG UK separou as súas principais operacións en dous selos distintos. RCA Label Group, dedicado principalmente ao pop e o R&B, e Columbia Label Group, dedicado a rock, dance e música alternativa.
Aware Records
[editar | editar a fonte]En 1997 Columbia afiliouse co selo Aware Records, que promocionaba a artistas sen discográfica previa, para distribuír a súa música. Grazas a esta unión Columbia fíxose con artistas que conseguirían un éxito notable. No ano 2002 Columbia aceptou manter esa relación con Aware.
Columbia Nashville
[editar | editar a fonte]No ano 2007 Columbia creou Columbia Nashville como parte de Sony Music Nashville. Isto deulle a a Columbia Nashville total autonomía e unha xestión por separado da Columbia Records.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do selo (en inglés)