David, Panamá
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Panamá | |||
Provincias | Provincia de Chiriquí | |||
Distrito (pt) | David (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 82.907 (2010) (471,06 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 176 km² | |||
Altitude | 6 m | |||
Creación | 1602 | |||
David é a capital do distrito do mesmo nome e da provincia panameña de Chiriquí. Ocupa o quinto posto das cidades por poboación do país, segundo o censo do ano 2010. Foi fundada en 1602 co nome de San José de David durante a colonia española.
É o principal centro urbano do distrito, onde se atopan as principais institucións públicas, ademais dos maiores centros comerciais. A súa área metropolitana posúe arredor de 97.000 habitantes, e 47.000 son urbanos, dando ao distrito de David en total aproximadamente 144 000 habitantes.[1]
David atópase sobre unha planicie costeira a uns 30 quilómetros do océano Pacífico. Caracterízase por ser o centro da actividade comercial, gandeira e agroindustrial da provincia de Chiriquí.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome de David foi dado polos xudeus conversos que chegaron nas súas primeiras viaxes a América logo da Inquisición e cristianización forzada iniciada en España, segundo informes de fontes varias. Ademais, naquel lugar pasaba o camiño que comunicaba a América Central coa cidade de Panamá, este camiño era chamado "Paso da Sacra" ou "Camiño Real".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Superficie, población y densidad de población en la República según provincia, comarca, distrito y corregimiento". Censos de 1990 a 2010. Instituto Nacional de Estadística y Censo (INEC). Consultado o 27 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David, Panamá |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia: http://barriobolivar.wordpress.com/2012/05/21/historia-del-barrio-bolivar/#more-56
- Censos nacionales: https://web.archive.org/web/20140216004439/http://estadisticas.contraloria.gob.pa/Resultados2010/cuadros.aspx
- Modificación Política: http://www.asamblea.gob.pa/aprueban-en-segundo-debate-proyecto-que-crea-corregimientos-en-david/ Arquivado 30 de agosto de 2017 en Wayback Machine.
- https://issuu.com/leizelverbel/docs/la_etnia_hebrea_en_panama_-_etnogra
- https://www.panamaamerica.com.pa/variedades/panama-e-israel-traves-de-los-siglos-141646