ESRO 4
ESRO 4 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 22 de novembro de 1972, 00:17 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Scout D1[2][6] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres.[2] |
Decaemento | 15 de abril de 1974[1] |
NSSDC ID | 1972-092A |
Masa | 130,0 kg[2][7] |
ESRO 4 (European Space Research Organization 4) foi un satélite artificial europeo lanzado o 22 de novembro de 1972 mediante un foguete Scout D1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][6]
Características
[editar | editar a fonte]ESRO 4 foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 4 foi estudar os fenómenos aurorais e da magnetosfera e ionosfera terrestres para, entre outras cousas, determinar como as partículas solares penetran e se difunden na magnetosfera. O satélite tiña forma cilíndrica e estabilizábase mediante xiro a un 1 r.pm., podendo transmitir datos a unha velocidade de ata 10.420 bps. O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1160 km de apoxeo e 244 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,8 graos e un período de 98,8 minutos. Reentrou na atmosfera o 15 de abril de 1974.[1][2][3][4][7]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]ESRO 4 levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][6]
- Espectrómetro de ións positivos.
- Espectrómetro de masas neutras.
- Espectrómetro de partículas aurorais.
- Espectrómetro de partículas solares da zona polar sur.
- Espectrómetro de partículas solares da zona polar norte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ESRO 4" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "ESRO 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 15 January 1973 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-01288). 18 de xaneiro de 1973: 2. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 29 March 2005 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-83579). 21 de abril de 2005: 7. Consultado o 5 de maio de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "ESRO 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 4" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "ESRO" (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2013.