Saltar ao contido

Enderezo postal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sobre ruso enviado en 1900 co enderezo postal típico anterior á entrada en funcionamento dos sistemas modernos de clasificación do correo que requiren a utilización dun código postal e unha maior concreción nos datos do destinario

Un enderezo postal é a indicación do lugar de envío de correo dunha persoa, empresa ou organismo presentado nun formato codificado que serve para localizar con precisión a localización dun edificio ou calquera outra estrutura habitable, xeralmente utilizando as divisións políticas e os nomes das rúas como referencia e outros identificadores como os números dos edificios e dos andares ou o código postal que serven para unha mellor prestación do servizo de correos. As normas relativas á súa presentación dependen de cada país, variando tamén co tempo, pero en xeral o enderezo debe escribirse no centro dereita do anverso dos sobres, postais ou paquetes embaixo do franqueo. A maioría dos servizos de correos contemporáneos dos países desenvolvidos utilizan máquinas de clasificación que converten os enderezos en códigos de barras para a súa distribución cara ao lugar de destino.

En Galicia emprégase o mesmo sistema de enderezos que no Estado Español recomenda o operador postal público, Correos, e que adoitan tamén empregarse cos operadores privados

Formato Exemplo
Identidade do destinatario
tipo de vía, nome, número, andar e escaleira
código postal e localidade
Provincia
Xan Perillán Perillán
Ruela das Noces, 999, 3ºB
15706 Santiago de Compostela
A Coruña

Que nas zonas rurais precisa ampliarse con información complementaria

Formato Exemplo
Identidade do destinatario
Información complementaria ao punto xeográfico
tipo de vía, nome, número, andar e escaleira
código postal e localidade
Provincia
Xan Perillán Perillán
Parroquia de San Marcos
Carreiro dos Vilas, 9
15789 Santiago de Compostela
A Coruña

[1]

  1. Como escribir o enderezo dos envíos?. Correos