Estado Islámico
- Véxase tamén: International Satellite for Ionosphere Studies.
O Estado Islámico de Iraq e Levante (árabe: الدولة الإسلامية في العراق والشام), tamén coñecido como Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS en inglés), Estado Islámico de Iraq e ash-Sham, Estado Islámico (EI)[1] ou Daesh (داعش),[2] é un grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato, e antigo protoestado non recoñecido que seguía unha doutrina fundamentalista, salafí do sunnismo.[3][4] Estado Islámico conseguiu a atención global a comezos de 2014 cando desprazou ás forzas do goberno iraquí fóra de cidades estratéxicas na ofensiva iraquí occidental,[5] seguida da captura de Mosul[6] e o masacre de Sinjar.[7]
O grupo foi descrito como unha organización terrorista polas Nacións Unidas e por moitos países de xeito individual. EI é coñecido polos seus vídeos propagandísticos de decapitacións e outro tipo de execucións[8] a militares e civís, incluíndo xornalistas e axuda humanitaria, así como pola destrución de lugares considerados patrimonio cultural.[9] As Nacións Unidas consideran a Estado Islámico responsable de violar os dereitos humanos e de crimes de guerra. EI tamén realizou limpeza étnica a grande escala no norte de Iraq.[10]
Historia
[editar | editar a fonte]Estado Islámico naceu como Jama'at al-Tawhid wal-Jihad en 1999, prometendo lealdade a al-Qaeda e participaron na insurxencia iraquí despois da invasión do país de 2003 por forzas occidentais e principalmente polos Estados Unidos. O grupo proclamouse a si mesmo califato mundial[11][12] e comezou a referirse a si mesmo como Estados Islámico (en árabe: الدولة الإسلامية ad-Dawlah al-Islāmiyah) ou IS[13] en xuño de 2014. Como califato, reclamou autoridade relixiosa, política e militar sobre tódolos musulmáns do mundo.[14] A adopción do nome de Estado Islámico e a idea dun califato foron amplamente criticados, polo cal as Nacións Unidas, varios gobernos e representantes mundiais musulmáns rexeitaron a súa calidade de estado.[15]
En Siria, o grupo levou a cabo ataques contra as forzas do goberno e ás forzas da oposición, e en decembro de 2015 controlaban unha grande área do oeste de Iraq e o leste de Siria, cunha poboación estimada de 2,8 a 8 millóns de persoas,[16][17][18] onde cumprían a súa propia interpretación da xaria. Crese que EI está operativo en 18 países en todo o mundo, incluíndo Afganistán e Paquistán, con "pólas aspirantes" en Malí, Exipto, Somalia, Bangladesh, Indonesia e Filipinas.[19][20][21][22] En 2015, estimouse o orzamento anual de EI en máis de $1 billón de dólares estadounidenses e unha forza de máis de 30 000 soldados.[23]
En xullo de 2017, o grupo perdeu o control da súa meirande cidade, Mosul, en prol do exército iraquí.[24] Despois da súa meirande derrota, EI continuou a perder territorio en varios estados e fronte a forzas aliadas, chegando a non controlar ningún territorio significativo en novembro de 2017.[25] Os oficiais militares dos Estados Unidos e outras análises militares reportaron en decembro de 2017 que o grupo só mantiña o 2% do territorio que tiña anteriormente.[26] O 10 de decembro de 2017, o Primeiro Ministro iraquí Haider al-Abadi dixo que as forzas iraquí eliminaron os últimos restos do Estado Islámico no país, tres anos despois de que o grupo militante capturase preto dun terzo do territorio iraquí.[27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC News, ed. (26 de setembro de 2014). "What is Islamic State?". Consultado o 9 de marzo de 2015.
- ↑ Guthrie, Alice (19 de febreiro de 2015). Free Word Centre, ed. "Decoding Daesh: Why is the new name for ISIS so hard to understand?". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015.
- ↑ Fouad al-Ibrahim (22 de agosto de 2014). Al Akhbar English, ed. "Why ISIS is a threat to Saudi Arabia: Wahhabism's deferred promise". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ Dolgov, Boris (23 de setembro de 2014). Oriental Review, ed. "Islamic State and the policy of the West". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2018.
Wilson, Rodney (2015). Islam and Economic Policy. Edinburgh University Press. p. 178. ISBN 978-0-7486-8389-5.
Cockburn, Patrick (3 de marzo de 2016). "End Times for the Caliphate?". London Review of Books 38 (5): 29–30.
Pastukhov, Dmitry; Greenwold, Nathaniel. "Does Islamic State have the economic and political institutions for future development?" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2018.
Pedler, John (2015). A Word Before Leaving: A Former Diplomat's Weltanschauung. Troubador. p. 99. ISBN 978-1-78462-223-7.
Kerr, Michael; Larkin, Craig (2015). The Alawis of Syria: War, Faith and Politics in the Levant. Oxford University Press. p. 21. ISBN 978-0-19-045811-9.
- ↑ "John Kerry holds talks in Iraq as more cities fall to ISIS militants". CNN. 23 de xuño de 2014.
- ↑ Al-Salhy, Suadad; Arango, Tim (10 de xuño de 2014). The New York Times, ed. "Sunni Militants Drive Iraqi Army Out of Mosul".
- ↑ Arango, Tim (3 de agosto de 2014). "Sunni Extremists in Iraq Seize 3 Towns From Kurds and Threaten Major Dam". The New York Times.
- ↑ "A Short History Of ISIS Propaganda Videos". The World Post. 11 de marzo de 2015.
- ↑ al-Taie, Khalid (13 de febreiro de 2015). "Iraq churches, mosques under ISIL attack". Al-Shorfa. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ "Ethnic cleansing on a historic scale: The Islamic State's systematic targeting of minorities in northern Iraq" (PDF). Amnesty International. 2 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2015.
- ↑ Roggio, Bill (29 de xuño de 2014). "ISIS announces formation of Caliphate, rebrands as 'Islamic State'". Long War Journal.
- ↑ Withnall, Adam (29 de xuño de 2014). "Iraq crisis: Isis changes name and declares its territories a new Islamic state with 'restoration of caliphate' in Middle East". The Independent (Londres).
- ↑ "What is Islamic State?". BBC News. 26 de setembro de 2014.
- ↑ "What does ISIS' declaration of a caliphate mean?". Al Akhbar English. 30 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ Akyol, Mustafa (21 de decembro de 2015). "A Medieval Antidote to ISIS". The New York Times.
- ↑ "Why ISIL Will Fail on Its Own". Politico. 29 de novembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015.
- ↑ "How ISIS Rules". The New York Review of Books. Consultado o 9 de decembro de 2015.
- ↑ Birke, Sarah (5 de febreiro de 2017). "How ISIS Rules". The New York Review of Books.
- ↑ "Islamic State and the crisis in Iraq and Syria in maps". BBC News. 18 de outubro de 2016.
- ↑ "Exclusive: In turf war with Afghan Taliban, Islamic State loyalists gain ground". Reuters. 29 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ "Pakistan Taliban splinter group vows allegiance to Islamic State". Reuters. 18 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ Zavadski, Katie (23 de novembro de 2014). "ISIS Now Has a Network of Military Affiliates in 11 Countries Around the World". New York. Consultado o 25 de novembro de 2014.
- ↑ Gerges, Fawaz A. (2016). A History of ISIS. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. pp. 21–22. ISBN 9780691170008.
- ↑ "PressTV-'US created, allowed regional funding of Daesh'". 11 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11/07/2017. Consultado o 11/12/2018.
- ↑ Russia's Syria Mirage Institute for Study of War website. By Matti Suomenaro, et al. 13 de agosto de 2017. Consultado o 3 de marzo de 2018.
- ↑ FOX. "ISIS has lost 98 percent of its territory, officials say".
- ↑ "Islamic State completely 'evicted' from Iraq, Iraqi PM says". The Age. 9 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estado Islámico |