Estrabón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 63 a. C. Amasia, Grecia (en) |
Morte | 21 ↔ 24 (84/85 anos) Amasia, Grecia (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía |
Ocupación | xeógrafo, filósofo, historiador, escritor |
Período de tempo | Período helenístico |
Profesores | Boeto de Sídon (pt) , Tyrannion of Amisus (en) e Aristodemus of Nysa (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24 d.C., foi un xeógrafo e historiador grego, que viviu durante o período de transición dende a República romana até a etapa do Imperio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía), no Ponto, que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma. Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.
Obra
[editar | editar a fonte]Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.
A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.
- Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra.
- Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia.
- Os libros XI e XVII describen Asia Menor.
- O libro XVII describe África (Exipto e Libia).
Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.
Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tradución española, comentarios e notas dos textos referentes a Iberia Arquivado 28 de setembro de 2011 en Wayback Machine., debidos a Antonio García y Bellido.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estrabón |