Festival Nacional do Cante e Baile Letón
O Festival Nacional do Cante e Baile Letón é un dos eventos máis importantes da cultura letoa como compoñente principal da exaltación da identidade nacional. Conforma un evento multitudinario adicado ao cante e baile tradicionais do país e celébrase na súa capital, Riga, en edicións quinquenais desde 1873.
O Festival Nacional do Cante e Baile Letón, xunto cos seus homólogos lituano e estoniano, está incluído na lista de Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco desde o ano 2008.[1]
Nas máis recentes edicións o número de participantes que actuaron simultaneamente na celebración do concerto final do festival superou os 30.000 artistas[2]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Recollendo a tradición de grandes festivais de coros que deu comezo en Alemaña, no ano 1861 inaugúrase o primeiro Festival Báltico da Canción en Riga. A partir dese momento a popularidade deses festivais decrece en Alemaña pero increméntase notabelmente nos Países Bálticos. Sempre asociados á defensa dos sentimentos nacionais en condicións de ocupación do territorio.
O Festival do Cante letón en Riga celébrase por primeira vez en 1873 cando o país aínda formaba parte do Imperio Ruso. Participan 1003 cantantes de 45 coros activos das cidades de Vidzeme e Kurzeme. Acompañábanos 30 músicos de orquestra. O festival xa celebraba a unión da nación letoa mostrando a súa pertenza aos ideais nacionais.
Xa no século XIX toman relevancia os populares coros rurais e das pequenas vilas, incrementando o número de participantes aos ensaios e ao concerto final.
O Festival chegou a converterse nun evento de masas adicado ao movemento coral, o cante multitudinario, representacións de baile tradicional, concertos de música instrumental, bandas de música e do son kokle (instrumento musical nacional).[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Noite do concerto final no teatro de Mežaparks. Edición de xullo do ano 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Festival Nacional do Cante e Baile Letón(en letón)
- ↑ Festival Nacional do Cante e Baile Letón Arquivado 22 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ XXV Vispārējie Latviešu Dziesmu un XV Deju svētki Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine.(en letón)