Saltar ao contido

Flensburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFlensburgo
Flensburg (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 54°46′55″N 9°26′12″L / 54.7819, 9.4367
EstadoAlemaña
Estado federadoSchleswig-Holstein Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación92.667 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.633,19 hab./km²)
Xeografía
Superficie56,74 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoSimone Lange (2017–2023)
Fabian Geyer (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoFlensburg city council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal24937, 24939, 24941, 24943 e 24944 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0461 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDEF01 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán01001000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Carlisle (1961–)
Neubrandenburg (1987–)
Słupsk (pt) Traducir (1988–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webflensburg.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: stadtflensburg Editar o valor en Wikidata

Flensburgo[1] (en alemán: Flensburg; en dinamarqués: Flensborg; en baixo saxón: Flensborg) é unha cidade independente no norte Alemaña do estado federado de Schleswig-Holstein.

Flensburgo é a principal vila da rexión da Baixa Schleswig. Despois de Kiel e Lübeck Flensburg é a terceira maior cidade do estado e tamén é a vila máis ó norte de Alemaña. As cidades máis próximas son Kiel (86 km ó sur) e Odense en Dinamarca (92 km ó nordeste). A vila de Flensburg sitúase a só 7 quilómetros da fronteira danesa.

En maio de 1945 Flensburgo foi a derradeira praza alemá en ser liberada do dominio Nazi.

Flensburgo é coñecida en Alemaña por:

  • Ser sede da oficina onde se xestionan as infraccións de tráfico (Kraftfahrt-Bundesamt)
  • A súa cervexa Flensburger Pilsener, tamén chamada "Flens"
  • O centro neurálxico da minoría danesa de Alemaña
  • O saúdo Moin
  • Grandes compañías de material erótico.
  • O seu equipo de balonmán SG Flensburg-Handewitt
  • Ser a sede da escola naval de Mürwik e tamén do buque-escola Gorch Fock

Flensburgo foi unha cidade multilingüe case desde o seu comezo, fundada no século XIII por daneses que falaban sønderjysk axiña viu como aparecían comerciantes alemás de lingua baixo alemá, durante o século XIV mantívose o dialecto danés como fala principal principal mentres que a partir do século seguinte foi o baixo alemán o que pasou a ser o idioma máis falado. Coa Reforma protestante chegou a influencia da versión estándar do alto alemán a Flensburgo[2]. Na época contemporánea o que predomina na cidade é unha variedade do alemán estándar moi influída no acento e na entoación polo baixo alemán orixinario da zona[3] no que os dinamarquismos teñen gran peso. O danés mantense como materia nas escolas da cidade ofrecido como segunda ou terceira lingua estranxeira e como lingua de instrución nas escolas da minoría danesa xeneralizándose o padrón dinamarqués entre os membros da minoría danesa da localidade pero nunha variedade influída polo alemán e o baixo alemán coñecida como sydslesvigdansk no que se percibe un substrato do sønderjysk. Tradicionalmente a cidade foi un dos principais focos de emigración dos falantes de frisón setentrional pero son moi poucos os que conservan a lingua. O petuh é unha lingua híbrida que se orixinou no século XIX e que unía elementos do alemán e o danés estándar, e do baixo alemán e o sønderjysk e que aínda que está case extinguido, conserva algunha das súas expresións na fala local.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Altstadt (Cidade Vella)
    • Igrexa de St. Nikolai
    • St. Marien
    • Nordertor (Porta do norte)
  • Neustadt (Cidade nova)
    • Akakistan
  • Fiorde de Flensburgo
  1. Por exemplo en Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2004). "De Barcelona a Flensburgo. O estado das linguas sen estado". A Nosa Terra (1120). 
  2. Wanda Guckes (2011). "Schleswigs Sprachgeschichte". En Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften. Die gegenwärtige sprachliche Situation der dänischen Minderheit in Schleswig-Holstein (en alemán). Frankfurt am Main. p. 40. ISBN 978-3-631-61391-7. 
  3. Wanda Guckes (2011). "Die heutige sprachliche Situation". Die gegenwärtige sprachliche Situation der dänischen Minderheit in Schleswig-Holstein (en alemán). Frankfurt am Main. pp. 41–55. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]