Saltar ao contido

Gattaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gattaca
Ficha técnica
Título orixinalGattaca
DirectorAndrew Niccol
ProdutorDanny DeVito
Michael Shamberg
Stacey Sher
Gail Lyon
GuiónAndrew Niccol
IntérpretesEthan Hawke
Uma Thurman
MúsicaMichael Nyman
FotografíaSlawomir Idziak
MontaxeLisa Zeno Churgin
EstudioJersey Films
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea24 de outubro de 1997
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Ciencia ficción
Orzamento$36 000 000
Recadación$12 500 000[1]
Na rede
https://www.sonypictures.com/movies/gattaca
IMDB: tt0119177 Filmaffinity: 895828 Allocine: 17079 Rottentomatoes: m/gattaca Mojo: gattaca Allmovie: v158677 TCM: 328898 Metacritic: movie/gattaca TV.com: movies/gattaca Netlix: 1180113 Editar o valor en Wikidata

Gattaca é un filme de ciencia ficción realizado en 1997. Escrito e dirixido por Andrew Niccol, conta no seu elenco con Ethan Hawke, Uma Thurman e Jude Law nos papeis protagonistas e Gore Vidal e Alan Arkin como actores secundarios.

Uma Thurman, actriz protagonista do filme.
Ethan Hawke, actor protagonista do filme.

O filme presenta unha visión futurista dunha sociedade altamente tecnoloxizada rexida a través da selección xenética. Nun futuro próximo non precisado, os enxeñeiros xenéticos deseñan meniños-probeta para as clases altas optimizando a través da fecundación in vitro os mellores caracteres xenéticos dos seus pais. Unha base de datos xenética identifica e clasifica automaticamente os "válidos" (os creados por medios artificiais libres de enfermidades e defectos) fronte ós "in-válidos" (os concibidos bioloxicamente). Aínda que a discriminación xenética está legalmente prohibida, na práctica as corporacións recorren a análises de ADN para seleccionar o seu persoal de modo que os "válidos" aparecen cualificados para os mellores postos en tanto que os individuos concibidos polos métodos tradicionais son relegados a unha nova subclase encargada dos traballos subalternos.

Cando a perfección física se converteu na norma grazas ós avances da biotecnoloxía, os espécimes "in-válidos" téñeno máis cru para conseguiren facer valer a súa vontade. O soño de Vincent Freeman (Ethan Hawke), un "in-válido" cun defecto cardíaco, é chegar a voar ó espazo exterior. Vincent só conseguirá ser tomado en serio no programa espacial denominado "Gattaca" cando asuma a identidade de Jerome (Jude Law), un "válido" que lle proporciona sangue, implantes de tecido e mostras de urina a cambio de amizade (está incapacitado por ter un accidente de coche). O subterfuxio funciona ata que ten lugar un asasinato no seu lugar de traballo e as autoridades comezan as investigacións.

A película trata sobre os desenvolvementos biotecnolóxicos que facilitan a euxénese e a reproxenética, e as súas posibles consecuencias na sociedade que as permite. Explorando o tema do destino e as maneiras en que goberna as nosas vidas, o filme presenta os personaxes en continua loita coa sociedade e consigo mesmos para atopar un lugar no mundo. Os temas aparentes no filme inclúen os seguintes: a identidade persoal, a amizade, o amor, a esperanza, a rivalidade entre irmáns, a vontade de ser (incluso tratando de ser algo que non se é para cumprir os soños), o determinismo xenético (o que un está destinado a ser segundo os seus xenes) e as limitacións e posibilidades humanas.

Clasificado como cine de ciencia ficción, a película enmárcase na liña biopunk da fantaciencia. Conscientemente arredada da sensiblería de filmes de serie B de ínfima calidade que dominaron a fantasía científica dos noventa, Gattaca volve ás raíces das alienantes distopías de Un feliz mundo novo e Fahrenheit 451.

De estética fría e elegante, o estilo do vestiario, dos peiteados, dos edificios e dos automóbiles conduce ó mundo moderno dos primeiros anos sesenta. A tecnoloxía, pola contra, parece atoparse nun estado moi avanzado: o contraste entre estes dous elementos achegan o filme ós trazos característicos da vea steampunk.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]