Google Books
Google Books | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | |
Sistema operativo | Calquera (aplicación web) |
Tipo | Procura de texto en liña |
Sitio web | books.google.com |
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt[1].
Funcionamento
[editar | editar a fonte]Moitos dos textos son dixitalizados empregando a cámara Elphel 323, un proxecto de hardware libre e software libre[2][3] a unha velocidade de 1.000 páxinas por hora[4] tamén empregada por Google en Google Street View.
As buscas en Google Books amósanse no buscador web de Google indicando a obra e a referencia onde aparece o termo. O resultado da busca amosa o libro e a páxina ou páxinas onde aparece referenciado. Dependendo da licenza que se empregue, dereitos reservados, cedidos ou no dominio público, a información amosada será máis ou menos explícita de xeito que dalgúns libros só están dispoñibles os datos básicos: nome do autor, título, editorial e ISBN ou dados similares, nestes casos nin se amosa a portada do libro. Outros libros están parcialmente accesos. De xeito que os editores con acordos con Google amosan algunhas das páxinas da obra libremente mentres que outras, na maioría, non. O acordo compleméntase con ligazóns a editoriais e distribuidoras onde se poden mercar as publicacións. Outras obras, as menos, están completamente accesibles. Son xeralmente obras que xa están descatalogadas ou foron feitas para ser amosadas publicamente.
O texto das obras amosadas non está acceso para a función copiar e pegar co rato xa que se amosa como imaxes o texto.Os usuarios rexistrados en Google teñen a posibilidade de formar unha biblioteca virtual á que engadir os títulos dos que gusten e consultalos cando desexen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia de la Búsqueda de libros de Google (en castelán).
- ↑ Google currently uses Elphel cameras for book scanning and for capturing street imagery in Google Maps
- ↑ ""Adapted firmware of Elphel 323 camera to meet needs of Google Book Search"". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2006. Consultado o 31 de xullo de 2008.
- ↑ Kelly, Kevin (14-5-2006). "Scan This Book!". New York Times Magazine. Consultado o 7-3-2008.
When Google announced in December 2004 that it would digitally scan the books of five major research libraries to make their contents searchable, the promise of a universal library was resurrected. ... From the days of Sumerian clay tablets till now, humans have "published" at least 32 million books, 750 million articles and essays, 25 million songs, 500 million images, 500,000 movies, 3 million videos, TV shows and short films and 100 billion public Web pages.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Google Books |