Grandes Lagos, América do Norte
(en) Great Lakes | ||||
Tipo | group of interconnected lakes (en) | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | América do Norte | |||
Localización | ||||
División administrativa | Estados Unidos de América | |||
| ||||
Composto por | ||||
Efluente do lago | Río San Lourenzo | |||
Conca hidrográfica | Great Lakes drainage basin (en) | |||
Características | ||||
Superficie | 208.610 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 22.725 km³ | |||
Os Grandes Lagos son un conxunto de cinco lagos situados na América do Norte, entre o Canadá e os Estados Unidos de América. A bacía hidrográfica dos Grandes Lagos e do Río San Lourenzo é o maior reservatorio de auga doce do mundo. A rexión dos Grandes Lagos-San Lourenzo é unha zona densamente habitada na América do Norte, onde o centro económico e ademais o 40% da poboación canadense están concentradas, e onde innúmeras grandes cidades canadenses e norteamericanas están localizadas.
Os Grandes Lagos
[editar | editar a fonte]Os Grandes Lagos da América do Norte son (de oeste a leste seguindo a corrente da auga):
- Lago Superior, é o maior e máis profundo, ten unha lonxitude e unha largura de 563 e 257 quilómetros respectivamente. A súa profundidade media é de 149 metros, podendo alcanzar os 406. Ten un volume de 12.232 km³ e un litoral de 4.393 km, incluíndo as illas.
- Lago Michigan, é o único dos grandes lagos que está completamente nos Estados Unidos e o segundo de maior volume. A súa superficie é de 57.750 km², o que o converte no maior lago pertencente a un único país e o quinto a escala mundial. A súa profundidade máxima é de 281m e o seu volume é de 4.918 km³.
- Lago Huron, o segundo de maior superficie, incluíndo as baías de Xeorxia e Saginaw ocupa unha área de 59.570 km² dos que en torno aos 36.001 km² pertencen ao Canadá. A conca fluvial do lago ocupa uns 134.000 km². Ten unha lonxitude e ancho máximo de 332 e 295 km respectivamente. A súa profundidade máxima é de 229 metros.
- Lago Erie, é o de menor volume dos Grandes Lagos, a súa lonxitude é de 388 km, o seu ancho de 92 e a súa superficie de 25.700 km². A súa profundidade media é de 19 metros e a máxima é de 64 m, porén toda a súa zona occidental atópase a menos de 20 metros, cunha media de tan so 13 metros. O seu volume total é de 488 km³.
- Lago Ontario, é o de menor superficie con 18.960 km², porén ten maior volume que o Eire xa que posee 1.639 metros cúbicos. Atópase no extremo oriental do sistema dos Grandes Lagos. Polo seu tamaño ocupa o posto número 13 a escala mundial, e ten unha costa de 1.146 quilómetros. A súa lonxitude é de 311 km e o seu ancho de 86. A súa profundidade media é de 86 m e a máxima de 244, a terceira maior do sistema dos Grandes Lagos.
Batimetría
[editar | editar a fonte]Lago Erie | Lago Huron | Lago Michigan | Lago Ontario | Lago Superior | |
---|---|---|---|---|---|
Superficie | 25 700 km² | 60 000 km² | 58 000 km² | 9000 km² | 82 000 km² |
Volume da auga | 480 km³ | 3500 km³ | 4900 km³ | 1640 km³ | 12 000 km³ |
Elevación | 571 ft (174 m) | 577 ft (176 m) | 577 ft (176 m) | 246 ft (75 m) | 600,0 ft (182,9 m) |
Profundidade media | 62 ft (19 m) | 195 ft (59 m) | 279 ft (85 m) | 283 ft (86 m) | 483 ft (147 m) |
Profundidade máxima | 210 ft (64 m) | 748 ft (228 m) | 925 ft (282 m) | 804 ft (245 m) | 1 335 ft (407 m) |
Principais cidades | Buffalo, NY Cleveland, OH Erie, PA Toledo, OH |
Alpena, MI Bay City, MI Port Huron, MI |
Chicago, IL Gary, IN Green Bay, WI Sheboygan, WI Milwaukee, WI Kenosha, WI Racine, WI Muskegon, MI Traverse City, MI |
Hamilton, ON Kingston, ON Mississauga, ON Oshawa, ON Rochester, NY Toronto, ON |
Duluth, MN Marquette, MI Sault Ste. Marie, MI Sault Ste. Marie, ON Superior, WI Thunder Bay, ON |
Mapa |
Outros compoñentes
[editar | editar a fonte]O sistema abarca tamén o río St. Marys entre o Superior e o Hurón, o Saint Clair entre o Hurón e o St Clair, o Detroit entre o St. Clair e o Erie, e o Niágara e as súas Cataratas entre o Erie e o Ontario. O Hurón adoita dividirse no lago homónimo e a Baía de Georgian.
O lago Nipigon, un lago máis pequeno que verte as súas augas no Superior a través do río Nipigon, é considerado ás veces o sexto lago do sistema.
O Washa Washa, que en moitas partes do seu curso demarca a mesma fronteira internacional, é o colector destes lagos interconectados e flúe polo Quebec e a través da Península de Gaspesia ata o océano Atlántico. Un sexto lago, o máis pequeno St. Clair, tamén forma parte do sistema. Atópase entre o Hurón e o Erie, pero non é oficialmente un dos Grandes Lagos.
Illas
[editar | editar a fonte]Dispersas ao longo dos Grandes Lagos hai aproximadamente 35.000 illas.[1] A máis grande delas é a Illa Manitoulin no Lago Huron, a illa máis grande en calquera corpo interior de auga no mundo.[2] A segunda illa máis grande é a Illa Royale no Lago Superior.[3] Estas dúas illas son o suficientemente grandes como para conter varios lagos en si mesmas - por exemplo, o Lago Manitou da Illa Manitoulin é o lago máis grande do mundo situado dentro dunha illa de auga doce.[4]
Conexión co océano
[editar | editar a fonte]O Canle de San Lourenzo e a Great Lakes Waterway (Ruta Fluvial dos Grandes Lagos) conectan os Grandes Lagos mediante buques o mar aberto.[5] Porén o paso de amplos buques portacontedores oceánicos, que non se axustan o ancho das esclusas nestas rutas, limita o transporte de contedores nos lagos. A maioría do comercio dos Grandes Lagos é de material a granel, os barcos cargueiros de tamaño Seawaymax ou de menos tamaño pódense mover ao longo da totalidade dos lagos ata o Atlántico.[6] Os buques máis grandes limítanse a navegar polos lagos por si mesmos, e só as barcazas poden acceder ao sistema Illinois Waterway que proporciona acceso ao golfo de México. Malia o seu gran tamaño, grandes sectores dos Grandes Lagos conxélanse no inverno, interrompendo máis dun envío entre xaneiro e marzo. Algúns crebaxeos surcan os lagos, mantendo as vías de navegación abertas durante a maior parte do inverno.
Os Grandes Lagos tamén están conectados pola canle ata o golfo de México a través do río Illinois (desde o río Chicago) e o río Mississippi. Unha pista alternativa é a través do río de Illinois (desde Chicago), do Mississippi, do Ohio, e logo a través do Tennessee-Tombigbee (combinación dunha serie de ríos, lagos e canles), á baía de Mobile e o Golfo. O tráfico de remolcadores comerciais e barcazas é intenso nestes cursos de auga.[7]
Os barcos dedicados o turismo tamén poden entrar ou saír dos Grandes Lagos a través do canle de Erie e o río Hudson ata Nova York. A canle de Erie conéctase aos Grandes Lagos no extremo leste do lago Erie (en Buffalo, Nova York) e no lado sur do lago Ontario (en Oswego, Nova York).
Niveis de auga
[editar | editar a fonte]Os lagos conteñen o 84 % da auga doce superficial de América do Norte;[8] se a auga se distribuíse uniformemente sobre a superficie terrestre de todo o continente ían alcanzar unha profundidade de 1,5 metros.[9] A fonte dos niveis de auga nos lagos está ligada ao que quedaba por glaciares que se derritieron cando os lagos tomaron a súa forma actual. Anualmente, só o 1% é auga "nova" procedente de ríos, precipitacións e fontes de augas subterráneas que desembocan nos lagos. Isto equilíbrase coa evaporación e a drenaxe, polo que o nivel dos lagos é historicamente constante. Aínda que historicamente os niveis do lago foron preservados, o intensivo crecemento da poboación humana só comezou na rexión no século XX e continúa na actualidade. Polo menos dúas actividades de uso da auga por humanos identificáronse como que teñen o potencial de afectar aos niveis dos lagos: o desvío (a transferencia de auga a outras cuncas) e o consumo (feito substancialmente hoxe polo uso de auga do lago a forza de plantas de xeración eléctrica, o que dá como resultado máis evaporación de auga).[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bennett, Tom (1999). Transportación Marítima en Canadá. ISBN 978-0-7881-4358-8.
- ↑ Gary A Dunn (1996). University of Michigan Press, ed. Insectos de la Región de los Grandes Lagos. p. 3. ISBN 978-0-472-06515-8.
- ↑ Norman Rey Huber; Geological Survey (EE.UU.); Estados Unidos. Servicio de Parques Nacionales (1975). La historia geológica del Parque Nacional Isle Royale . Dept. of the Interior, Geological Survey: a la venta por los Supt. de Docs., EE.UU. Gob. p. 41.
- ↑ R. Manivanan (2008). Modelización de la calidad del agua: ríos, arroyos y estuarios. p. 114. ISBN 978-81-89422-93-6.
- ↑ Robert McCalla (1 enero 1994). Transportación Maritima en Canadá. Formac Publishing Company. pp 159-162.
- ↑ Sedimentos costeiros '07 . Publicacións ASCE. 01 de xaneiro 2007. P. 2215.
- ↑ Estados Unidos. Oficina del Censo (1908). Transporte por agua. 1906 . Gob. p. 220.
- ↑ http://www.epa.gov/greatlakes/basicinfo.html EE.UU. EPA Sitio web dos Grandes Lagos Datos Básicos Consultado o 04 de outubro de 2014
- ↑ Grady, Wayne (2007) Los Grandes Lagos. Vancouver: Greystone Books y David Suzuki Foundation. pp 13, 21-26, 42-43.
- ↑ "Estado de los destacados de los Grandes Lagos 2009 (PDF)". Consultado o 4/10/2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Grandes Lagos, América do Norte |